Táboa de contidos
O formato MARC21 permite expresar as seguintes relacións entre rexistros bibliográficos:
Empregar este campo na catalogación analítica para permitir que o usuario poida identificar a unidade física na que se atopa a parte descrita.
Para crear esta relación temos 3 opcións:
Na catalogación analítica, este campo contén unha frase introdutoria, segundo corresponda ao tipo de documento catalogado:
En Alma a relación establécese mediante o subcampo $w que debe incluír o ID MMS do rexistro fonte.
Nos resultados da busca en Alma identificamos que se trata da parte compoñente dunha monografía ou seriada e visualizamos as existencias dos rexistros fonte, acompañadas da indicación de que se trata dun rexistro relacionado.
Premer no menú (...) e elixir Mostrar en descubrimiento para ver a información en Iacobus.
2. Relación entre edicións, mediante o campo 775:
Este campo establece a relación entre as distintas edicións dunha obra sempre que as teñamos no noso catálogo e estean no mesmo formato.
Para establecer esta relación tamén podemos empregar a opción Derivar nuevo registro.
Empregar no caso de edicións facsimilares.
As instrucións que se proporcionan neste apartado refírense á catalogación de manifestacións independentes que se uniron nun volume físico con posterioridade á súa publicación. É dicir, ao que comunmente coñecemos como coleccións facticias.
Alma establece como mellor práctica para este tipo de publicacións o emprego de campos de relación 773 ou 774. Na migración deste tipo de recursos o método empregado foi o uso de 774, pero a BUSC decidiu que para a creación de novos rexistros de coleccións facticias empregaremos o campo 773 para establecer a relación.
Partimos das seguintes premisas:
Procedemento:
1. Crear o rexistro bibliográfico para a primeira manifestación. Este rexistro debe conter un campo 501, que indicará a posición que ocupa na encadernación e a súa sinatura. A esta etiqueta 501 engadimos un $5 ES-ScU para que funcione como unha nota "local".
2. Crear neste primeiro rexistro o inventario físico apropiado (existencia e exemplar). O único código de barras representará todo o volume encadernado.
3. Crear os rexistros bibliográficos necesarios para todas as manifestacións presentes no volume. Estes rexistros non terán un inventario físico propio pero si unha nota 501 do tipo:
"Encadernado en (ordinal) lugar con outros (n.) títulos do mesmo autor"
"Encadernado en (ordinal) lugar con outros (n.) títulos da mesma temática", etc.
No caso de recompilacións de soamente 2 manifestacións encadernadas xuntas pódese incluír o título propio e/ou outros datos que identifiquen a obra encadernada. Se a sinatura é común a máis dunha biblioteca, e se considera necesaria a precisión, pódese engadir na nota 501 o nome da biblioteca.
4. Na 773 establecemos a relación da seguinte maneira:
($i) coa frase introdutoria "Encadernado con".
($t) co título do documento encadernado en primeiro lugar, que consideramos o rexistro principal.
($w) co ID MMS do documento encadernado en primeiro lugar, que consideramos o rexistro principal.
($g) nos casos en que a primeira manifestación teña, ademais do encadernado, outros ítems asociados, necesitaremos que a relación entre o inventario físico quede establecida unicamente co ítem que representa ao volume facticio. Para conseguilo engadiremos na 773 de cada rexistro compoñente da colección un $g co código de barras do exemplar encadernado. O $g debe incluír o código de barras precedido da abreviatura "no".
5. Agardar que a tarefa nocturna programada constrúa as relacións entre os rexistros implicados.
Exemplo:
Temos unha colección facticia formada polos seguintes títulos:
Título 1: La revolución y sus propósitos, ID MMS 991013499342607712.
Título 2: Encíclica de N.S.P. el Papa León XIII sobre la cuestión obrera, ID MMS: 991013499342307712.
O primeiro título, La revolución y sus propósitos, será o rexistro "principal". Engadimos unha nota en 501:
Creamos tamén o inventario físico:
O rexistro "secundario" terá unha etiqueta 773 e un campo 501:
Resultados en Primo
O noso rexistro principal (con 501 e inventario):
O rexistro secundario (con 501 e 773 pero sen inventario) tamén informa do rexistro relacionado:
Unha separata é a impresión por separado dun artigo ou capítulo publicado nunha revista ou monografía. En moitas ocasións carecen de portada, pero conservan a paxinación da publicación orixinal.
Cada separata catalogarase en Alma como monografía independente, tendo en conta as seguintes directrices:
Para establecer a relación da separata coa publicación maior teremos en conta dúas posibles situacións:
a) a separata forma parte dunha publicación que non temos no noso catálogo
Neste caso indicaremos a relación nun campo de nota 500 co designador "Separata de".
b) a separata forma parte dunha publicación que a biblioteca posúe e figura no noso catálogo (Zona InstitucionaI).
Neste caso empregaremos o campo 787 para especificar a relación e ao mesmo tempo facer o enlace co rexistro da publicación maior a través do subcampo $w.
Codificación básica do campo 787:
1º indicador 0
2º indicador 8
$i Separata de (manifestación):
$t Título da publicación.
$g Localización dentro da publicación periódica (Número, volume, ano).
$w ID MMS da publicación maior.