Ir ao contido principal

Manual Alma - Procesos

Manual de Catalogación en Alma

Acceso a ALMA

ALMA non está instalado no ordenador, senón que está "na nube". Para acceder a ALMA, introduza o seguinte enderezo:

https://cisug-usc.alma.exlibrisgroup.com/SAML

Se xa estamos identificados nalgunha das aplicacións da USC (correo electrónico, Office 365, etc), accederemos directamente a ALMA. Se non, abrirase a páxina de identificación da USC onde debemos introducir o usuario e o contrasinal persoal da Universidade de Santiago.

Acceso a Alma

 

Unha vez en Alma, e antes de poder acceder a calquera opción ou menú, teremos que escoller a ubicación dende a que queremos traballar (mostrador de circulación, unidade de servizo, departamento, etc.).

Seleccionar ubicación