Táboa de contidos
O módulo de Registros do Editor de Metadatos permite traballar con tres tipos de rexistros:
O rexistro bibliográfico segue a ser a entidade principal, totalmente independente. Asociados ao bibliográfico, os rexistros que constitúen o inventario dun recurso físico en Alma son:
O inventario dun recurso electrónico, en cambio, está formado por portafolios.
Rexistros bibliográficos: describen os recursos físicos e electrónicos empregando o formato MARC21. Cada rexistro posúe un número que o identifica de forma unívoca e que no formato MARC está recollido na etiqueta 001. Este identificador / ID comeza sempre por 99 e remata con catro díxitos que identifican á institución (7712 no caso da BUSC). Nos resultados da busca no repositorio aparece como ID MMS (Metadata Management System).
Rexistros de existencias: estes rexistros dependen do rexistro bibliográfico ao que están enlazados, non existen por si mesmos. O rexistro de existencia contén, principalmente, a ubicación e sinatura do recurso. Un rexistro bibliográfico pode ter tantos rexistros de existencias como ubicacións e sinaturas existan.
A existencia posúe un identificador que a distingue de forma unívoca, este ID comeza sempre por 22.
Rexistros de exemplar: estes rexistros, ao contrario que os bibliográficos e os de existencias, non empregan o formato MARC para estruturar os seus datos, dan información sobre un ítem determinado (código de barras, tipo de material, política de préstamo, descrición, notas, etc.).
Un rexistro de exemplar está sempre enlazado a un rexistro de existencias, unha existencia pode non ter exemplares pero un exemplar non pode existir sen unha existencia.
Estes rexistros tamén contan cun número que os identifica de forma unívoca, este ID comeza sempre por 23.
Rexistros de autoridade: a creación destes rexistros facilita o acceso aos encabezamentos autorizados para un axente ou unha materia. O código correspondente ao vocabulario de encabezamentos de materia en galego da Universidade de Santiago de Compostela, asignado pola Library of Congress, é “buscem”.
O identificador para este tipo de rexistros en Alma comeza sempre por 98.
Portafolios: rexistros que ofrecen información sobre un título electrónico individual (cobertura, servizos, URL de enlace, etc.). Necesitan estar enlazados a un rexistro bibliográfico e o seu ID comenza sempre por 53.