Táboa de contidos
Os resultados dunha busca aparecen na parte principal da pantalla. Cada resultado contén unha serie de campos bibliográficos e ofrece unha previsualización das existencias asociadas ao rexistro e a súa dispoñibilidade.
Na parte dereita da pantalla, ademais da icona que permite exportar os resultados a un ficheiro Excel, temos dúas opcións para personalizar a aparencia da lista:
De forma predeterminada Alma clasifica os resultados segundo o criterio "Rango", un mecanismo de clasificación interno que considera, entre outros factores, a frecuencia do termo, pero en función do tipo de busca hai outras posibilidades de ordenación: título, creador, data de publicación, etc.
É posible filtrar os resultados empregando as facetas que aparecen no panel esquerdo da pantalla. As facetas dispoñibles dependen do tipo de busca. Por exemplo, para unha busca realizada sobre Títulos físicos ou Todos los títulos as facetas ofrecidas serán: Tipo de material, Tipo de recurso, Idioma, Ano de publicación e Colección. Para unha busca sobre Existencias físicas: Alcance da biblioteca, Biblioteca e Tipo de sinatura.
Cada resultado da lista contén, á dereita da fila do título, un menú (no botón ) coas accións permitidas en función dos roles e da entidade sobre a que se fai a busca. O mesmo menú aparece facendo clic sobre un dos resultados co botón dereito do rato.
Visualizar o formato
Podemos ver se o recurso é físico ou electrónico e se o rexistro está activo grazas ao punto verde que aparece xunto ao formato. Se o punto é gris, significa que o recurso non está dispoñible.
Permite visualizar o número de rexistros relacionados. Moi útil para saber exactamente, por exemplo, o número de analíticas de calquera publicación.
Facer clic sobre o título de calquera resultado permite visualizar o rexistro bibliográfico en Marc 21 (non editable).
Na parte superior dereita da páxina, o botón "Pasar seleccionado a MDE" permite enviar un grupo de rexistros ao editor de metadatos para traballar posteriormente con eles, sen necesidade de pasalos un por un.
Os rexistros así enviados, unha vez aberto o MDE, son facilmente identificables, xa que aparecen xunto coa etiqueta "Pasado".