Ir ao contido principal

Manual Alma - Procesos

Manual de Catalogación en Alma

Áreas funcionais

No panel esquerdo, tamén chamado Panel de navegación, atopamos tres módulos ou áreas: Rexistros (Registros, ALT+1), Padróns (Plantillas, ALT+2) e Regras (Reglas, ALT+3). O que se mostra na táboa inferior está determinado polo módulo que se selecciona.

panel navegación

  • Área de Rexistros (bibliográficos e de existencias)

O módulo Registros contén a listaxe de títulos sobre os que se traballou e que non están liberados. Podemos seleccionar o tipo de rexistro que queremos visualizar no panel de navegación: bibliográfico Marc21, de existencias ou de autoridade (BUSCEM).
Á esquerda do título, a icona azul da casa indica que o rexistro existe na Zona da Institución.

  • Área de Padróns

No panel esquerdo atopamos a lapela Plantillas, que contén os padróns existentes para crear un novo rexistro, xa sexa bibliográfico, de existencia ou de autoridade.

padróns

Os padróns poden ser compartidos, para que todos os catalogadores accedan a eles, ou poden ser privados, só dispoñibles para quen os crea e os define como tal. Tamén existen padróns da comunidade que son os compartidos por outras institucións e que non empregaremos.

  • Padróns compartidos:

Son padróns comúns a toda a BUSC, están definidos desde a Biblioteca Xeral e non poden ser modificados. Se non se crearon padróns privados só estarán visibles os compartidos.
Os padróns despréganse premendo na sección Compartido. Os creados por nós teñen a icona da institución en azul.

padróns compartidos

  • Padróns privados

Para crear padróns privados ou de uso persoal podemos editar un rexistro bibliográfico existente e premer en Guardar como plantilla, opción dentro da icona Guardar.

guardar como plantilla

Ao premer nesta funcionalidade ábrese un formulario onde damos un nome ao padrón e podemos marcalo como privado.

En ningún caso empregaremos "Añadir a la comunidad" nin "Compartir plantilla" tras a creación do padrón privado.

Ollo!! sempre que se preme directamente nun padrón creáse un novo rexistro. Premer o botón dereito e seleccionar "Editar"  para visualizar ou facer cambios nun padrón.

propiedades plantilla

  • Área de Regras

O módulo Reglas contén, agrupadas por tipoloxía, as regras de normalización, indicación, fusión e nivel breve, privadas e compartidas, que se crean na institución ou na Zona da Comunidade.

As Regras de indicación úsanse para filtrar conxuntos en función de campos MARC 21.

O resto de regras serán empregadas fundamentalmente polo persoal con roles de administración do catálogo: Regras de normalización, Regras de fusión, Regras de nivel breve.

Lista de rexistros

O panel esquerdo lista, ata que queden liberados, todos os rexistros que se abriron ou pasaron ao MDE a partir de resultados de buscas. A banda superior permite realizar diferentes accións:

  • Filtrar e ordenar:

Cando a lista é moi extensa existen filtros para facilitar a localización de títulos e organizar a táboa polo alcance (zona da institución ou da comunidade), por orde ascendente ou descendente segundo a hora de actualización, ou por orde alfabética A-Z ou Z-A. Tamén é posible filtrar por texto facendo unha busca na caixa superior para localizar o rexistro co que se desexa traballar.

  • Liberar rexistros

Pódense liberar unha selección de rexistros ou todos de vez para vaciar o panel. Alternativamente, é posible flitrar a lista e despois liberar, só serán liberados os rexistros filtrados.

  • Editor en modo dividido

Esta funcionalidade permite separar a área de edición en dúas ventás, o que facilita a edición en paralelo de dous rexistros ou a visualización de outras pantallas como "Buscar coincidencias", "Navegar por estantería", etc.

Paso 1: Premer no primeiro dos rexistros que se desexa colocar en mosaico. O rexistro ábrese no panel de edición.

Paso 2: Facer clic na icona do Modo Editor dividido ou premer F6. O panel principal divídese en dúas ventás.

Paso 3: Premer no segundo dos rexistros que se desexa editar. O rexistro móstrase na segunda ventá. 

  • Información sobre a creación do rexistro

Pasando o cursor por encima de calquera dos títulos pódese ver información sobre a data de creación, da última modificación e a identidade da persoa que editou o rexistro por última vez.

Outras informacións, en forma textual ou a través de imaxes, aparecen tamén asociadas aos rexistros: rexistros ocultos, pasados ao MDE, con notas, rexistros en modo Borrador, etc.

 

Este panel esquerdo pode contraerse para ter máis espazo na zona de edición ou expandirse e permanecer ancorado cando sexa preciso.

Empregar as frechas >> Abrir /<<Pechar e/ou a chincheta da parte inferior dereita do panel