Ir ao contido principal

Manual Alma - Procesos

Manual de Catalogación en Alma

Control de puntos de acceso

Cando estamos a editar un rexistro bibliográfico e necesitamos facer o control dos puntos de acceso de autores, entidades e materias. A ferramenta do MDE a empregar é a tecla de función F3.

Este comando, a partir dos caracteres introducidos nalgún campo 1XX, 6XX, 7XX ou 8XX, realiza unha busca por índice e propón unha lista de resultados en dúas lapelas: a primeira corresponde ás nosas autoridades BUSCEM e a segunda a Encabezamientos de registros bibliográficos coincidentes co termo da busca.

busca encabezamentos

As entradas marcadas cunha estrela azul son encabezamentos autorizados, o resto son entradas non autorizadas (rexeitadas). Cada entrada ofrece dúas opcións:

Premer Ver para visualizar o rexistro de autoridade.

ver rexistro autoridade

Premer Seleccionar para enlazar o nome de autoridade seleccionado co encabezamento do rexistro bibliográfico.

No rexistro bibliográfico, unha vez vinculado a unha autoridade, diante do encabezamento aparecen uns prismáticos. 

autoridade vinculada

Premer nesa icona para ver o rexistro de autoridade completo na pantalla dividida e tamén os rexistros bibliográficos que ten ligados.

O tipo de icona indica a naturaleza do enlace:

Binocular: toda a entrada coincide cun rexistro de autoridade.

Monóculo: a entrada coincide só parcialmente cun rexistro de autoridade.

exemplo encabezamentos vinculados

As formas non aceptadas, é dicir, sen estrela azul, son as que se recollen nos campos 4XX dos rexistros de autoridade. Para ver a forma autorizada que lles corresponde premer en Ampliar; esta agregarase á dereita en grosa.

ampliar autoridade

Se o nome que buscamos non existe como rexistro de autoridade, pasaremos á lapela Encabezamientos de registros bibliográficos para comprobar se temos rexistros asociados con esa forma (buscar, se procede, cun ou con dous apelidos no caso de autores persoais). Se os temos, seleccionaremos eses encabezamentos para unificar formas.

Ter en conta que nos puntos de acceso de materia, o segundo indicador ten que ser "7", e que para facer o control F3 é necesario que o subcampo $2buscem estea incluído no campo.

exemplo materias