Ir ao contido principal

Manual Alma - Procesos

Manual de Catalogación en Alma

Crear regras de indicación

As regras de indicación úsanse para filtrar conxuntos en función de campos MARC 21. Estas regras non modifican os datos, serían o equivalente a facer “ficheiros de revisión” sobre etiquetas MARC. O resultado do proceso de filtrado é un novo conxunto que se crea para ser un subconxunto do conxunto orixinal, formado polos rexistros que cumpren co criterio da regra.
É importante lembrar que as regras de indicación utilízanse unicamente con rexistros bibliográficos MARC.

Pasos a seguir:

  • Abrir o editor de MDE e situarse na lapela Reglas.
  • Seleccionar Nuevo>>Indicación.

 

Regras: panel esquerdo

 

  • Ábrese o cadro de diálogo Propiedades da regra.
  • Nomear a regra e engadir unha breve descrición que axude a comprender o que a regra pretende facer.
  • Indicar se a regra será privada ou compartida. Ter en conta que as regras privadas non poden ser empregadas na funcionalidade Filtrar conjuntos, pero é recomendable deixalas en privado ata comprobar que funcionan correctamente.
  • Para facilitar a construción dunha nova regra, empregar a opción FORM (Formato) en lugar de DROOL. Desta forma aparecerá un formulario que, a modo de asistente, permite ir seleccionando os diferentes elementos que construirán a regra en lugar de ter que redactar a sintaxe.

nova regra

  • Teclear ou seleccionar na lista unha etiqueta de campo.

regras: elixir campos

 

  • Unha vez seleccionado o campo podemos elixir os indicadores e os subcampos desexados e premer HECHO.
  • Seleccionar despois un operador: "Es igual a" "No son iguales", etc.
  • Finalmente introducir un valor tecleando o texto.
  • Ter en conta que se non se especifica ningún valor para un indicador/subcampo, isto aparece como "*" (asterisco) na condición e Alma o interpreta como "calquera valor". Para indicar un valor baleiro (non definido) nos indicadores (naqueles campos que o permiten), hai que teclear o valor "#". Cando se introduce texto no campo "valor", Alma non intenta validar ese texto. Isto permite elixir un valor non válido con fins de corrección de datos.

regras: elixir operador

regras: elixir operador 2

  • Pódense engadir diferentes liñas e facer agrupacións xogando cos operadores booleanos "Y" ou "O".

regras: booleanosRegras7

Neste exemplo o valor 9 do subcampo non está nas opcións do despregrable pero podemos engadilo manualmente.

 

  • Para finalizar Guardar a regra creada.

Hai que ter en conta que na carpeta Comunidad existen regras que poden ser copiadas para crear unha regra propia.

Existe tamén a posibilidade de crear regras novas a través dunha sintaxe de programación específica ou Drool. A sintaxe básica desta lóxica , que debe ser expresada en inglés, responde ao patrón: WHEN [condición] → THEN [acción]. Estas son as cinco condicións que se poden
empregar na sintaxe:

- exists
- not exists
- existsControl
- not existsControl
- existsMoreThanOnce

 

regras drool

Probar regras de indicación

Antes de empregar unha regra para filtrar conxuntos, é fundamental probar que funciona correctamente:

  • Abrir un rexistro bibliográfico no MDE.
  • Seleccionar o modo Editor dividido.
  • Seleccionar a lapela Reglas no panel esquerdo e expandir a carpeta Indicación.
  • Localizar a regra que se desexa probar. A regra abrirase na pantalla dividida ao lado do rexistro bibliográfico.

probar regras

 

  • Premer na frecha para executar a proba.

regra10

  • A resposta: Verdadeiro ou Falso indica se o rexistro cumpre ou non coa lóxica da regra de indicación.

regras: probar nun rexistro

 

Despois de probar a regra, se funciona correctamente, hai que facela pública para que poida ser empregada como filtro. Facendo clic co botón dereito do rato sobre a regra en cuestión, premer en Propiedades e cambiar o parámetro Privado.

 

regras propiedades

 

regras compartir

Filtrar conxuntos con regras de indicación

Esta funcionalidade, que permite crear conxuntos baseados en metadatos do rexistro bibliográfico, implica a utilización de Regras de indicación. É importante ter en conta que o filtrado só é posible para conxuntos orixinados por buscas a nivel de Título (Todos os títulos, Títulos físicos ou Títulos electrónicos). O resultado será un novo conxunto detallado.

Procedemento:
Dende Admin>>Gestionar Tareas y Conjuntos>>Gestionar conjuntos:

  • Seleccionar un conxunto creado.
  • Seleccionar Filtrar conjunto na lista do menú accións de fila (botón dos tres puntiños).

conxuntos filtrar

 

  • Na xanela Filtrar conjunto seleccionar a regra de indicación (Para que a regra de indicación apareza na lista, debe de ser Pública, as regras privadas non están dispoñibles para filtrar conxuntos).
  • Introducir un novo nome para o conxunto ou empregar o que se crea automaticamente e seleccionar Filtro.

conxuntos indicacion

  • A tarefa Filtrar conjunto por indicación será executada. O proceso de filtrado examina todos os rexistros do conxunto principal e aplica as regras de indicación especificadas. Quedarán excluídos do novo conxunto aqueles rexistros que non cumpran a condición das normas de indicación. Cando se completa a tarefa, o sistema envía un correo electrónico ao usuario que iniciou a solicitude.
  • Unha vez finalizada a tarefa, refrescando a páxina, veremos o novo conxunto cos datos filtrados.
  • Para ver os resultados, premer no botón Contenido.

conxunto filtrado

  • Para poder corrixir comodamente os rexistros dende o MDE, sempre que o conxunto non supere os 200 rexistros, é posible pasalos ao editor coa opción Catalogar conjunto que aparece na lista do botón de accións de fila

conxuntos catalogar

  • Os rexistros pasan ao MDE como SETS.

sets

  • Logo de editar ou revisar todos os rexistros podemos liberar todo o conxunto de vez.

liberar sets