Ir ao contido principal

Manual Alma - Procesos

Manual de Catalogación en Alma

Campo local 999. Subcatálogos

Primo permite establecer diferentes perfís ou subcatálogos para realizar as buscas. Os alcances de busca tradicionalmente definidos na BUSC son: Todo, Fondo Galicia, Biblioteca América, Fondo Histórico e Teses USC.

Para marcar a que subcatálogo pertence un rexistro empregaremos o campo local 999

Engadir en cada rexistro bibliográfico, coa opción Mejorar el registro do menú Acciones de edición, o literal axeitado en cada caso.

Campo 999

Indicadores

1º Indicador # (branco)

2º Indicador # (branco)

Subcampo $a (Obrigatorio)

Catálogo Xeral: marca os documentos que non pertencen a ningún dos outros subcatálogos definidos na BUSC.

Fondo Histórico: marca os rexistros que describen obras que non pertencen a un catálogo determinado e foron editadas antes do 1900.

Galicia: marca os rexistros que describen obras escritas por autores galegos, en lingua galega, editadas en Galicia ou de temática galega, e foron publicadas a partires do ano 1900.

Galicia Histórico: marca os rexistros que corresponden a obras galegas (na acepción do parágrafo anterior) publicadas antes de 1900.

América Xeral: marca rexistros que describen documentos que forman parte da Biblioteca América (Biblioteca Xeral) publicados a partir de 1900.

América Galicia: marca rexistros que describen obras da Biblioteca América (Biblioteca Xeral) que ademais teñen relación co catálogo Galicia e foron publicadas a partir de 1900.

América Xeral Histórico: marca rexistros que describen obras da Biblioteca América (Biblioteca Xeral) publicadas antes de 1900.

América Galicia Histórico: marca rexistros que describen obras da Biblioteca América (Biblioteca Xeral) que ademais teñen relación co catálogo Galicia e foron publicadas antes de 1900.

Teses USC: marca rexistros que describen as Teses ou Memorias de Licenciatura da USC.

Outros campos locais

Campo Local 912- Lugar de impresión (específico para Fondo Histórico)

Indicadores

Primeiro

# - branco (non definido)

Segundo

# - branco (non definido)

Empregamos o campo 912 para facer unha copia das etiquetas 752 sobre o lugar de impresión que permita recuperar esta información en Iacobus. 

O campo créase automaticamente no momento de gardar un rexistro. Non borrar campos 912 existentes.

Exemplo:

752 ## $a España $d Medina del Campo

912 ## $a España $d Medina del Campo

Campo Local 913 -Impresor (específico para Fondo Histórico)

Indicadores

Primeiro

# - branco (non definido)

Segundo

# - branco (non definido)

Empregamos o campo 913 para ter unha copia das etiquetas 700/710 que conteñan o subcampo $e impresor. Este campo 913 é recuperable a través do criterio "impresor" en Iacobus.

O campo créase automaticamente no momento de gardar un rexistro. Non borrar campos 913 existentes.

Exemplo:

700 1# $a Plantin, Christophe, $e impresor

913 ## $a Plantin, Christophe, $e impresor

Campo local 914 -Antigo posuidor

Indicadores

Primeiro

# - branco (non definido)

Segundo

# - branco (non definido)

 

Empregamos o campo 914 para ter unha copia das etiquetas 700/710 que conteñan o subcampo $e antigo posuidor. Este campo 914 é recuperable a través do criterio "Antigo posuidor" na busca avanzada en Iacobus.

O campo créase automaticamente no momento de gardar un rexistro. Non borrar campos 914 existentes.

Exemplo:

700 1# $a Valle-Inclán, Ramón del, $d 1866-1936, $e antigo posuidor

914 ## $a Valle-Inclán, Ramón del, $d 1866-1936, $e antigo posuidor

Lembramos que esta relación entre o antigo posuidor e o ítem é obrigatoria no fondo patrimonial pero, no caso dos impresos modernos, só a estableceremos no caso de doazóns de certa entidade, é dicir, de máis de 100 documentos.

É un campo de control local, non repetible, que se cobre con fins estatísticos e necesario para crear conxuntos por centro catalogador.

Este campo levará no $a o código asociado ao centro que cataloga o rexistro , sexa orixinal ou capturado e actualizado segundo a nosa normativa pola biblioteca.

Un rexistro bibliográfico pode ter existencias de distintas bibliotecas pero na 950 do bibliográfico só estará o código da biblioteca responsable da súa catalogación.

Loxicamente, se unha biblioteca fai un duplicado do rexistro bibliográfico catalogado por outro centro, por exemplo, porque ten unha nova edición, borrará o código existente na copia para engadir o seu.

 

950 ## $a 04

 

CÓDIGOS ASOCIADOS AOS CENTROS
Biblioteca Xeral 00
Biblioteca de Bioloxía Víctor López Seoane 01
Biblioteca de CC. Económicas e Empresariais 02
Biblioteca Concepción Arenal 03
Biblioteca de Farmacia 04
Biblioteca de Filoloxía 05
Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación 06
Biblioteca de Física 07
Biblioteca de Xeografía e Historia 08
Biblioteca de Matemáticas 09
Biblioteca de Medician e Odontoloxía 10
Biblioteca de Química 11
Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría 11ea
Biblioteca Intercentros Lugo 12
Biblioteca de Ciencias da Comunicación 13
Biblioteca de Óptica e Optometría 14
Biblioteca de Filosofía 15
Biblioteca do Observatorio 22
Biblioteca de Formación do Profesorado 28
Biblioteca de CC. da Educación (Campus Norte) 31
Biblioteca de Enfermaría 35
Museo de Historia Natural 99