Ir ao contido principal

Manual Alma - Procesos

Manual de Catalogación en Alma

Navegar por estante e por encabezamentos bibliográficos

No menú do editor atópase o botón Buscar y Navegar, no despregable temos as opcións de Navegar en la lista de estanterías e Navegar por encabezamientos bibliográficos.

buscar y navegar: navegar

Estas funcionalidades están tamén dispoñibles dende:

Recursos >> Catalogación >> Navegar listado de estanterías.

Recursos >> Catalogación >> Navegar por encabezados bibliográficos.

recursos: navegar

 

Navegar por estantería

Opción para a busca por sinaturas. O formulario que aparece solicita os seguintes datos:

Nivel de signatura – por defecto, Número de clasificación de existencias.

Tipo de signatura – por defecto, Número de control de estantería.

Biblioteca seleccionar unha biblioteca da lista despregable para limitar os resultados a unha biblioteca concreta.

Ubicación – seleccionar unha ubicación da lista para limitar os resultados a unha ubicación particular. As opcións de ubicación só están dispoñibles despois de seleccionar a biblioteca.

Sinatura – introducir unha sinatura determinada.

Tras cubrir os datos necesarios premer en IR.

Para editar un resultado, premer no título na columna Descripción para que abra o rexistro bibliográfico, ou na columna Nivel para abrir a existencia.

navegar listado de estanteria

 

Navegar por encabezamentos bibliográficos

Este asistente permite obter unha listaxe en orde alfabética de encabezamentos bibliográficos a partir do termo buscado e dá acceso tanto aos rexistros bibliográficos como aos de autoridade. Esta opción non emprega o ID MMS do rexistro de autoridade, polo que os resultados que devolve son diferentes á busca por autoridades.

O formulario inclúe as seguintes opcións de busca:

Tipo de encabezamiento -- permite buscar por Nomes, Materias, Títulos, Series e CDU nos rexistros bibliográficos, sendo a busca por Nomes a que aparece por defecto.

Código fuente -- Cando se selecciona un tipo de encabezamento distinto do ofrecido por defecto, o formulario (Código fuente) actualízase para ofrecer as opcións apropiadas.

Vocabulario -- No caso da busca por materias hai máis dun vocabulario definido, pero empregaremos sempre o noso vocabulario propio: BUSCEM.

No caso da busca por Nombres ou Series no código fonte permite elixir entre:

Nome corporativo (110, 610 e 710).

Nome do congreso (111, 611, 711).

Nome persoal (100, 600, 700).

Título uniforme (130, 240).

Na busca por Clasificación no despregable Código fuente aparecen diferentes tipos de clasificación, entre os que hai que seleccionar Número de Clasificación Decimal Universal.

Para título só hai que cubrir o valor de busca.

Nos resultados o termo relevante aparece sempre en segundo lugar. Os encabezamentos precedidos da icona do binocular son aqueles para os que existe un rexistro de autoridade. O número diante da entrada indica o número de rexistros bibliográficos asociados que poden verse e/ou editarse. A funcionalidade Abrir en búsqueda en el repositorio permite agrupar todos os resultados e poder así crear un conxunto con vistas a realizar modificacións manuais ou automáticas.