Ir ao contido principal

Manual Alma - Procesos

Manual de Catalogación en Alma

Release Maio 2024

Indicación destacada da pertenza de rexistros á Zona da Comunidade

O MDE agora destaca de forma máis visible cando un rexistro que se edita é un rexistro da Zona da Comunidade.

rexistro ZC

Ademais incorpórase unha mensaxe de aviso para alertar antes de gardar os cambios que poidan afectar á comunidade. Esta medida de precaución aplícase para evitar que se modifique inadvertidamente un rexistro da comunidade cando a intención é tratar só información local.

confirmacion CZ

Versións do rexistro

No histórico das versións dun rexistro queda tamén recollida información sobre a asignación de etiquetas de xestión (supresión de descubrimento) para poder rastrexar cando ou quen decidiu a supresión dun rexistro.

Cada vez que se realiza un cambio nestas etiquetas de supresión crearase unha nova versión do rexistro.

versions rexistro

 

Novo índice de busca

Un novo índice de busca (Fuente de la nota de descripción) permite localizar rexistros que teñan unha determinada información no campo Marc21 588 ($a).

588

Busca por sinatura

Anteriormente para a busca por sinatura só se tiña en conta o $h da 852, agora a busca se completa coa información do campo $i, resultando así máis precisa.

 

Padróns para exemplares

Alma permite agora gardar como modelo un rexistro de exemplar existente, isto permite reutilizar a información cando se crean manualmente exemplares similares: mesmas notas, política de préstamo, tipo de material, etc.

Especialmente práctico para a creación manual de exemplares na mesma existencia.

Unha vez que o catalogador selecciona un padrón para traballar con el, Alma lembra a selección, reducindo a necesidade de seleccionar o padrón repetidamente, a menos que se produza un cambio no tipo de exemplar que se está creando.

Para máis información: https://www.youtube.com/watch?v=_Fs-AhJCrxA

padron exemplar