Táboa de contidos
Modelo de Inventario electrónico en Alma
Do mesmo modo que o inventario dos recursos físicos está estruturado nos niveis de existencia e ítem, o inventario dos recursos electrónicos está organizado en tres niveis de xerarquía:
1. Nivel Colección electrónica: grupo ou conxunto de varias publicacións electrónicas, como por exemplo Elsevier Science Direct, Prelo, Ingebook, etc.
2. Nivel Servicio electrónico: conxunto de servizos que a colección ofrece para os seus portafolios; o máis común e o acceso ao texto completo. O servizo adoita conter o enlace e a información necesaria para acceder ao texto completo.
3. Nivel Portafolios: documento electrónico, título de publicación seriada ou monografía.
Un mesmo título (MMS ID) pode estar en diferentes paquetes (de distintos provedores, de distintas coleccións, dispoñible con diferentes datas de cobertura, etc.).
O modelo de xestión de recursos en Alma inclúe dous ámbitos diferentes: a Zona da Institución e a Zona da Comunidade.
A Zona da Institución contén o catálogo institucional, é dicir, o conxunto de rexistros bibliográficos co seu inventario local, así como os rexistros de autoridade locais.
A Zona da Comunidade, xestionada por ExLibris, contén fundamentalmente rexistros bibliográficos de recursos electrónicos dispoñibles para todos os clientes de Alma (KB). Constitúe o principal recurso para a adquisición e activación da documentación electrónica. Actualízase semanalmente (fin de semana).
As iconas que aparecen diante de cada título permiten distinguir a orixe dos rexistros e o seu estado de activación:
As iconas grises indican que o recurso está desactivado e non temos acceso:
Cando facemos a busca dende a Zona da Institución, se un rexistro só existe na ZI, estará identificado pola icona:
cartas de inverno
Se o rexistro está vinculado á Zona de Comunidade e está activado, a icona o identificará:
Cando facemos a busca dende a Zona da Comunidade, se o rexistro existe na ZI, estará identificado pola icona:
A ausencia de iconas cando a busca se fai por Todos los títulos significa simplemente que o rexistro da Zona da Institución non está ligado á Zona da Comunidade e á inversa, que un recurso da Zona da Comunidade non está ligado á Zona da Institución.