Ir ao contido principal

Manual Alma - Procesos

Manual de Catalogación en Alma

Xestión de publicacións periódicas impresas

As revistas impresas en Alma xestiónanse como calquera outro tipo de material impreso, e polo tanto necesitaremos partir dun rexistro bibliográfico previo. A partir de aí, o proceso require:

  • A creación dunha orde de compra (PO): información relativa ao estado da subscrición e o provedor. Determina ademais as posibilidades de recepción de novos exemplares.
  • A creación dun rexistro de existencia e dun padrón de predición: indicaranos a periodicidade da revista e servirá para controlar a previsión de recepción de novos exemplares e a reclamación daqueles que non recibamos.
  • A creación de novos exemplares de acordo coa predición do padrón, sobre os que se poderán executar as diferentes accións asociadas á recepción: recibir, reclamar, borrar, etc.

O rexistro dunha publicación seriada en papel confórmano:

  • rexistro bibliográfico,
  • rexistro de existencias ou holdings: recolle toda a información relativa á localización (en que bibliotecas temos a publicación, a ubicación dentro da biblioteca e a sinatura topográfica),
  • os exemplares: cada un dos exemplares físicos en papel.

Creación dunha orde de compra

Unha orde de compra (PO) pode estar formada por unha ou varias liñas de orde de compra (POL). Polo tanto, para crear unha orde de compra (PO) teremos que crear primeiro unha POL e prestar atención a todos os datos que introduzamos, xa que estes condicionarán os posteriores procesos.

Necesitamos partir dun rexistro bibliográfico, ben sexa da institución, da comunidade (CZ) ou de recursos externos, ou ben crear un novo.

Comezamos situándonos no mostrador de Adquisiciones e desde o botón de accións do rexistro bibliográfico (os tres puntiños) premeremos sobre a opción Ordenar:
revistas-pol1

 

 

No momento en que se xera a POL, Alma pídenos cubrir os seguintes campos:

  • Tipo de compra: Revista impresa- Suscripción. 
  • Propietario de la línea de orden de compra: Refírese á biblioteca que realiza a POL e seleccionarase desde o despregable.
  • Asignar inventario manualmente: Deixamos esta opción sen marcar.

A continuación, prememos sobre Crear línea de orden de compra e xerarase a POL:

revistas-POL2Na seguinte páxina sairá unha mensaxe que pide revisar os detalles da mesma:
Revistas-NPOL1
 

Aparecerá a POL despregada. Na parte esquerda aparecen os datos das pestanas que antes aparecían na parte superior: 

  • A primeira pestana: Resumen de la línea de la orden de compra, recolle os diferentes detalles da orde de compra coa información que deberemos cubrir.

Revistas- NPOL2

  • Na parte de Información de la línea de orden de compra: debemos cubrir os campos Tipo de material e Método de adquisición.

Revistas-NPOL3

Líneas de orden de compra asociadas: Nos casos en que se opte por Método de adquisición >Técnico haberá que engadir neste apartado a POL asociada:  

Revistas-NPOL4

Deixamos sen marcar a opción Empaquetado manual.

Alma xera automaticamente un rexistro na localización do centro/biblioteca X- Adquisicións. Deberemos engadir a localización correcta que desexemos, para iso, borraremos a ubicación do centro-Adquisicións e engadiremos a ubicación da existencia que imos crear.

Revistas-NPOL5

Revistas_NPOL6

  • Información del Proveedor: Este campo é obrigatorio e asignarase o provedor que lle corresponda a esa publicación do ano en curso. 

Os seguintes campos a cubrir son importantes para poder levar a cabo as futuras reclamacións de xeito automático.

En función do provedor escollido, Alma cobre os seguintes campos de datas previstas para recepción, que poderemos modificar:

Revistas_NPOL7

 

Recepción esperada después de la orden (días): Alma está configurado para marcar 20 días contados a partir da data esperada prevista despois da orde de compra; nesta opción pódese escoller no seu lugar cubrir o campo Data de recepción prevista.

Período de gracia de la reclamación (días) : Ademais hai un período de graza para empezar a xerar reclamacións. A POL enviarase a Reclamacións despois de que remate o período de graza (este valor pode variar segundo o provedor escollido).

Intervalo de la suscripción: Este valor úsase para calcular a data de reclamación cando non se están a usar padróns de predición. Alma utilizará a data de recepción do último exemplar recibido, sumándolle a cifra cuberta neste apartado.

Data de recepción prevista: Para ignorar manualmente calquera dos dous campos anteriores, estableceremos este campo cunha data específica. Ao facelo, modifícanse as datas de recepción prevista dos exemplares asociados con esta liña de orde de compra.

Intervalo de reclamación (días): Para que Alma envíe cartas de reclamacións posteriores á primeira, este valor ten que estar cuberto.

  • Precio y fondo

Prezo: Este é un campo obrigatorio, sempre debe estar cuberto, mesmo en publicacións de intercambio ou doazón. Nestes casos o importe será 0 €.

Financiamento : 

Añadir Fondo: Escoller no despregable e lembrarse de pulsar Añadir fondo. É un campo obrigatorio agás para as revistas de doazón ou intercambio. 
Revistas_NPOL8

 

  •  Información de renovación: neste apartado indicamos se queremos que a renovación a faga Alma automaticamente ou preferimos facela nós de xeito manual. Na BUSC escolleremos Renovación manual.

Ademais deberemos cubrir aquí as datas do período de renovación obrigatoriamente. Aínda que é opcional sería conveniente cubrir tamén o campo Período de renovación (días).

Non cubriremos as datas nos campos Suscribir desde e Suscribir hasta. A primeira refírese á data na que comezou a subscrición da liña de orde de compra é só é informativo. A segunda non se introduce para que a renovación continúe de maneira perpetua.

Revistas_NPOL9

 

  • Códigos de informe : De Millenium tan só migraron 3 códigos, pero se puideron configurar un total de 5 para reflectir os que tiñamos en Millenium, pensando nunha futura explotación dos datos:
    • Primer código de informe: indica o formato do material. Corresponde ao campo de Millenium Formato.
    • Segundo código de informe: tipoloxía do documento. Sería o Código 1 en Millenium.
    • Tercer código de informe: determina a orixe dos orzamentos con que se financia a adquisición (con cargo a orzamento BUSC revistas, etc.). Sería o Código 2 en Millenium.
    • Cuarto código de informe: tipoloxía do peticionario ou usuario a quen vai destinada a obra. Sería o Código 4 en Millenium.
    • Quinto código de informe: Centro que xestiona a adquisición. Sería o Código 3 en Millenium.

Seleccionamos e cubrimos os axeitados ao noso título:

Revistas_NPOL10

 

Unha vez cubertos os campos podemos premer:

GUARDAR, con esta acción a POL pasa a Revisión.

GUARDAR Y CONTINUAR, a POL pasará a Agrupación manual ou Agrupación automática dependendo de se temos marcada ou non a opción de Empaquetado manual. Neste caso, ao non marcar esa opción, a POL pasará a Agrupación automática.

Esa POL de Agrupación automática será enviada pola noite, pero podemos forzar a orde se prememos en Solicitar ahora.

Revistas_NPOL11

Cancelar ou borrar pedidos:

Para poder eliminar Liñas de orde de compra (POL) é necesario ter o rol de operador de compra estendido.

Para cancelar unha liña de orde de compra (POL) xa agrupada nun pedido enviado ao provedor, teremos que localizala e, desde o botón de accións, seleccionamos a opción Cancelar.

Revistas_NPOL12

Abrirase unha xanela emerxente na que escolleremos o motivo da cancelación. Poderemos engadir tamén unha nota. Se marcamos a opción Enviar cancelación al proveedor envíaselle automaticamente unha mensaxe por correo electrónico informándolle da cancelación cando pulsemos en Confirmar.

Revistas_NPOL13

Nunha nova pantalla figurará a POL con estado Cancelado.

Revistas_NPOL14

Unha POL enviada pode ser cancelada por varias razóns, pero despois podemos necesitar reabrila para utilizar os metadatos e cambiar outros como provedor, fondos,...

Para isto, buscaremos a liña de orde de compra e no botón de accións prememos Reabrir.

Revistas_NPOL15

Agora volverá quedar En revisión.

Revistas_NPOL16

Alma permite volver Editar a POL e ordenala premendo nos botóns da lista de tareas da parte superior.

Revistas_NPOL17

Se o que queremos é borrar a POL, Alma tamén o permite. Para iso a POL deberá estar previamente en estado Revisión.

Revistas_NPOL18

 

Creación dunha existencia

Para crear un rexistro de existencias novo debemos partir dun rexistro bibliográfico. Polo tanto, buscamos a publicación á que lle queremos engadir fondos e desde o botón de accións do rexistro bibliográfico prememos sobre Añadir existencia:

exist_rev1

Vemos que a existencia se xera con tres etiquetas básicas. Para cubrir ou modificar os valores contidos en cada unha delas, debemos expandir o botón de accións e escoller a opción Abrir opción de formulario ou situar o cursor sobre a liña do campo correspondente e premer as teclas (Ctrl+F):

 

LDR: Na cabeceira cubriremos as seguintes posicións: 

  • Estado de registro (05) : por defecto utilizaremos o valor “n” (Nuevo) tanto para os rexistros migrados desde Millenium como para os novos. Cando se modifiquen ou corrixan rexistros, cambiaremos o valor a “c” (Corregido).
  • Tipo de registro (06): seleccionamos o valor (Existencia de ítem da publicación periódica).
  • Nivel de codificación (17): Indica o nivel de especificidade da mención dos fondos. Os valores 1, 2, 3 e 4 corresponden cos especificados nas normas ANSI/NISO Z39.71 e ISO 10324. Nós utilizaremos o valor (Existencias de nivel 4) tanto para a mención de novos rexistros como para os  migrados desde Millenium.
  • Información del ítem registrada (18): utilizaremos o valor n (No hay información del ítem).

exist_rev4

004: Número de control do rexistro bibliográfico relacionado: nos rexistros migrados de Millenium figura neste campo o número de rexistro bibliográfico que tiña.

008: Información xeral:

Os rexistros de checkin de Millenium migran mal a Alma. A información que tiñamos no campo 008 quedou recollida no 852 en Alma.

Nun rexistro novo en Alma cubriremos neste campo as seguintes posicións:  

  • Recibo o estado de adquisición (06):

Valor 4 (Recibido actualmente), para as abertas, e valor 5 (No recibido actualmente), para as pechadas. Utilizaremos unicamente estes dous valores.

  • Método de adquisición (07): 

p (Compra), e (Intercambiog (Donación) d (Depósitou (Desconocido).

  • Idioma (22-24):

Escoller o código da lingua do documento.

exist_rev7

852 : Localización:

1º indicador: 4

2º indicador: baleiro

Cubriranse os seguintes subcampos:

  • Sububicación o colección (b): Biblioteca.
  • Ubicación de estantería (c): Localización dentro da biblioteca.
  • Parte de clasificación (h) + Parte de ítem (i): Sinatura topográfica.
  • Nota no pública (x): non se visualizará en Primo.
  • Nota pública (z): visualizarase en Primo.

existe8

Existencias xeradas desde unha Liña de orde de compra (POL):

 Temos dúas opcións:

a) abrir e modificar os datos de cada etiqueta seguindo os pasos descritos no apartado anterior ou

b) utilizar un padrón de existencias para seriadas:

Desde o rexistro de existencias, en modo edición, imos ao menú Acciones de edición > Expandir plantilla.
Seleccionamos o padrón creado para existencias de fondos, neste exemplo da Biblioteca Xeral:

ex_plant2

No seguinte paso é moi importante seleccionar a opción Ignorar, que permitirá borrar as etiquetas coincidentes que se xeraron automaticamente e que se substituirán polas etiquetas e valores creados no padrón. Por último, premeremos en Aceptar:

ex_plant3

Padróns de predición e exemplares

Alma permite crear padróns de predición que nos permitirán controlar a recepción de novos fascículos de publicacións seriadas e a reclamación dos que non recibamos. A creación dun padrón de predición permitiranos xerar ao mesmo tempo os exemplares da publicación antes da súa recepción.

AVISO: Crearemos o padrón de predición no momento no que teñamos xa algún exemplar para recibir, se non os fondos anteriores deixarían de visualizarse en Primo por estar ALMA configurada para que non se mostren no catálogo os pedidos pendentes de recepción.

 

Para crear o padrón, partiremos dun rexistro de existencias no que traballaremos con modelos preexistentes en Alma sobre o campo 853. É importante crear ben o padrón de predición para que se xeren correctemente os exemplares que teñamos previsto recibir. 

Para crear un padrón de predición seguiremos os seguintes pasos:

1- Buscamos a publicación por título ou ISSN:
Desde o rexistro bibliográfico prememos en Existencias, localizamos a que corresponda, despregamos o botón de accións e prememos sobre a opción Editar:

pat1

ex1

2- Creamos o padrón de predición utilizando un modelo:
No rexistro de existencias en modo edición, imos ao menú Acciones de edición > Expandir desde plantilla ou, como alternativa, podemos usar o atallo de teclado (Ctrl+E):

pat3

Escollemos o modelo que mellor se adapte á periodicidade da publicación, deixamos marcada a opción Añadir todo (engadirá todos os campos do padrón e manterá os do rexistro) e prememos en Aceptar:

pat4

pat5

Deste xeito crearanse automaticamente os campos 853 e 590.

853 (unidade bibliográfica básica): identifica os niveis de enumeración e cronoloxía e os códigos que definen o padrón de publicación:
1º indicador: 0
2º indicador: 3

Subcampos que máis utilizaremos:

$a, $b (NR): denominacións da enumeración

$u (R): unidades bibliográficas que forman o nivel superior

$v (R): continuidade da numeración

$i, $j, $k (NR): denominacións cronolóxicas

$x (NR): cambio de calendario

$w (NR): frecuencia 

$y (R): modelo de regularidade

O campo 853 pódese adaptar ás particularidades da publicación (combinación de niveis de enumeración e/ou cronoloxía, omisión dalgún nivel de enumeración e/ou cronoloxía, etc.). Neste enlace podedes consultar os modelos que ofrece Alma e que podedes utilizar para modificalas e adaptalas segundo os casos.

Para cubrir os subcampos e as codificacións do campo 853 é conveniente consultar o formato Marc 21 de fondos

Deberá terse en conta que, por defecto, os valores nos subcampos do padrón en Alma veñen codificados en inglés, polo tanto deberemos adaptalos ao idioma da publicación coa que estemos a traballar e aternos ás normas ortográficas propias dese idioma. Nas linguas de maior uso, agás no alemán, as abreviaturas comezan con letra minúscula.

Volume sempre se abrevia como v. e número como n., agás en inglés, que se emprega no. 

Subcampo b no

Se temos unha publicación en galego, por exemplo, haberá que corrixir a abreviatura do subcampo b da 853, onde por defecto aparecerá "no."

padron galego

Se na revista a enumeración aparece como "anno" e "n.", tamén deberemos modificar a información da etiqueta 853, neste caso o subcampo a. 

Anno, n.

En alemán, as abreviaturas máis empregadas son Jahrg., H. e Bd. Todas comezan por letra maiúscula.

Jahrg., H.

Un campo 853 con padrón de predición activo sempre terá unha icona en forma de anteollos prismatico precedendo á etiqueta.

590: campo que contén a descrición do padrón.

3- Introducimos a información do seguinte exemplar esperado:

O seguinte paso será introducir os datos do primeiro exemplar, que será o que determine o padrón de predición equivalente a un ciclo anual (de xaneiro a decembro).

Para abrir o formulario onde debemos cubrilos, situamos o cursor sobre o campo 853 e prememos a tecla F3  (neste caso non funcionará premer F8 nin ir ao menú Acciones > Editor del formulario).

Os campos do formulario veñen determinados pola información do padrón escollido no 853 que acabamos de crear.

   É importante ter ben codificado previamente o idioma da publicación nas posicións 22-24 do campo de control 008 no rexistro da existencia, xa que determinará o idioma no que se xeren os exemplares.

pat7

Este exemplo correspóndese cun padrón de revista mensual regular, Serial prediction monthly regular, na que o primeiro fascículo que imos recibir será o n. 1 do v. 15 de xaneiro de 2023:

  • Primer nivel de enumeración (a): correspóndese co volume 15.
  • Segundo nivel de enumeración (b): correspóndese co número 1.
  • Primer nivel de cronología (i): sería o ano 2023.
  • Segundo nivel de cronología (j): introducimos 01, código que corresponde ao mes de xaneiro.
  • Data de emisión: É a data na que se publica o primeiro exemplar do ano que esperamos. A partir dela xéranse as datas de emisión dos seguintes exemplares.  Deberá estar ben axustada para que non se reclamen os exemplares antes da súa publicación. 

Unha vez cubertos os datos, prememos en Cerrar.

4- Creación dos exemplares:
Imos ao menú Acciones de registro > Abrir ejemplares del patrón de predicción:

pat8

Abrirásenos unha xanela emerxente que contén a información dos exemplares creados: descrición, estado e data de recepción prevista. Revisamos que a información sexa a correcta e prememos en Guardar. Se a información non fose correcta, prememos en Descartar e revisaremos de novo o padrón de predición para facer os cambios correspondentes:

pat9

 

Se está ben, gardamos e saímos do rexistro de existencia. Desde o rexistro bibliográfico poderemos visualizar os exemplares dese rexistro de existencia:

pat10Se creamos máis de un exemplar, Alma permitiranos ordenalos por diferentes criterios desde o menú Rutina de ordenación:

pat11pat12

Recepción de exemplares

Neste apartado danse as indicacións para recibir exemplares físicos de publicacións subscritas ou das recibidas mediante doazón ou intercambio que permanezan abertas e que conten, polo tanto, cun rexistro de existencias con padrón de predición asociado a unha liña de orde de compra (POL).

Primeiro colocaremos un código de barras no fascículo físico que queremos recibir en Alma, activaremos o exemplar  desde Adquisiciones > Recibir e, por último, actualizaremos a información do rexistro de existencias para que se visualice correctamente desde Primo.

Só poderemos recibir exemplares vencellados á nosa biblioteca, e procederemos desde o mostrador de Adquisiciones en Alma:

rec1

 

Recepción de exemplares en revistas con liña de orde de compra (POL):

Partimos desde Adquisiciones > Recibir:

rec2

Na páxina Recibir material nuevo a opción Mantener en el departamento deberá permanecer desactivada para que unha vez recibido o exemplar pase directamente ao estado Ejemplar en su lugar:

rec3

 

Desde a pestana Continuo introducimos na caixa de busca o título ou o ISSN da publicación e prememos na lupa para buscar. Na liña do resultado de busca, despregamos o botón de accións e escollemos a opción Gestionar ejemplares:rec4Esto lévanos á páxina Lista de ejemplares recibidos. Na liña do fascículo que queremos recibir, situamos o cursor sobre a caixa en branco na columna de Código de barras e escaneamos o código que previamente pegamos no fascículo físico para gravalo. A continuación, desde o botón de accións, seleccionamos a opción Recibir e prememos en Confirmar na mensaxe de confirmación da xanela emerxente que nos sairá:

rec5

rec6

En caso de ter que recibir varios fascículos á vez, procederase igualmente desde Lista de ejemplares recibidos, seleccionando os que queremos recibir na casiña de verificación e premendo despois no botón Guardar y recibir, situado na parte superior da páxina.

Unha vez recibido/s, o seguinte paso será volver ao rexistro da existencia e en modo edición prememos o botón Guardar para que se xeren ou actualicen os  campos 863 e 866 cos exemplares gravados. O campo 866 será o que se visualice desde Primo:

rec7

Xa por último, voltamos á lista de exemplares da existencia desde Ver ejemplares para poder editar o exemplar recibido e que figure como non prestable. Para iso, na liña do exemplar, prememos o botón de accións e seleccionamos a opción Editarrec8rec9En modo edición dentro do rexistro de exemplar, despregamos Política de ejemplar, seleccionamos a opción No prestable e prememos en Guardar:rec10

Finalmente poderemos comprobar como se visualiza desde Primo:

ex_primo

Casos especiais

Existe a posibilidade de rexistrar fondos de publicacións seriadas sen utilizar un padrón de predición. Escolleremos esta opción para rexistrar números retrospectivos, por exemplo os de doazóns que non sexan regulares e que polo tanto non precisan a creación dunha POL.
Para engadir o/os exemplar/es manualmente, utilizaremos un campo de mención textual de fondos (etiqueta 866) dentro do rexistro de existencias.

Iremos a Acciones de edición > Añadir campo > Añadir subcampo:

rexfon1

 

rexfon2

 

Poden engadirse varios campos, utilizando como indicadores para cada etiqueta 866 os seguintes:
1º indicador: baleiro
2º indicador: 1
Terase en conta tamén a orde en que coloquemos as liñas introducidas. Se precisamos borrar algunha, situamos o cursor sobre ela e imos a Acciones de edición > Eliminar campo ou, como alternativa, pulsamos Ctrl+F6.

rexfon3

at  É importante lembrarse de protexer cada liña 866 cun subcampo $$8 9.

Para rexistrar suplementos, material complementario ou índices tampouco crearemos padróns de predición. Usaremos campos de mención textual de fondos coas etiquetas 867 e 868.

867 (Material suplementario):

1º indicador: baleiro

2º indicador: 1

868 (Índices)

1º indicador: baleiro

2º indicador: 1

Con estas dúas etiquetas tamén se deberá utilizar un subcampo $8 9 para protexer a liña.

Pode ocorrer que ás veces recibamos fascículos con atraso. Neste caso, se a publicación conta cun rexistro con padrón de predición e cos exemplares xa xerados, procederemos de igual maneira que para recibir calquera exemplar:

1- Imos a Adquisiciones > Recibir, e na liña do exemplar atrasado escaneamos o código de barras previamente colocado no fascículo e prememos en Recibir :

recib4

Vemos que, neste exemplo, recibiramos xa os números de abril e maio e quedábanos o de marzo que, chegou con atraso.

2- Desde o rexistro de existencia en modo edición vemos como se xeneraron varias liñas para as etiquetas 863 e 866. Debemos premer en Guardar para actualizar o rexistro e observamos como se compactan os fondos nas etiquetas 863 e 866:

imaxe

recib5

Lembrade cambiar a Política de préstamo no rexistro do exemplar.

3- Comprobamos que en Primo se visualice correctamente:

recib6

No caso de que recibamos por erro algún exemplar desde Adquisiciones e teñamos que anular esa recepción, debemos proceder a borrar o exemplar.

No seguinte exemplo, recibimos por erro o n. 5 correspondente a maio de 2023. Para borralo, desde Lista de ejemplares do rexistro da existencia, situámonos na liña dese exemplar, despregamos o botón de accións, escollemos a opción Borrar e prememos en Confirmar:

recib7

reci8

Despois, editaremos o rexistro da existencia e prememos en Guardar para que se actualice:

recib9

Buscamos a publicación e desde o rexistro bibliográfico despregamos o botón de accións e seleccionamos a opción Ordenar:

pol doaz_1

En Tipo de línea de orden de compra escollemos Recomendado: Revista impresa- suscripción e en Propietario de la línea de orden de compra, a nosa biblioteca. A opción Asignar inventario manualmente permanecerá desactivada. Despois prememos en Crear línea de orden de compra:

doaz2Na seguinte pantalla cubriremos unha serie de campos:
1- Exemplares ordenados: Alma crea automaticamente un rexistro de existencia que, de momento, deixaremos como está:doaz3
2- Información do provedor: doaz4

  • Proveedor del material: Seleccionámolo desde o despregable. Os provedores de doazón e intercambio comezan por PX.
  • Recepción esperada después de la orden (días): Alma configura 20 días a partir da data esperada despois da orde de compra.
  • Intervalo de la suscripción: Alma contempla 30 días por defecto. Sumados á data de recepción esperada, xerará a reclamación.
  • Período de gracia de la reclamación (días): a POL enviarase a Reclamacións despois de que remate este período.
  • Intervalo de la reclamación (días): cubrirémolo nós. Será o período de días en que volva reclamarse de novo.

3- Prezos:
doaz5
Precio de lista: Introducimos 0 e clicamos fóra da caixa para que se grave o valor 0,00 €.

4- Detalles da liña da orde de compra:doaz6

  • Método de adquisición: escoller no despregable Doazón/Intercambio.
  • Tipo de documento: seleccionamos o que sae por defecto: Recomendado > fascículo

A opción Agrupación manual permanecerá desactivada.

5- Códigos de informe:doaz7

  • Primer código de informe: formato do material (campo Formato en Millenium).
  • Segundo código de informe: tipoloxía do documento (código 1 en Millenium).
  • Tercer código de informe: orixe dos orzamentos cos que se financia (código 2 de Millenium).
  • Cuarto código de informe: tipoloxía do peticionario ou usuario a quen vai destinada a obra (código 4 en Millenium).
  • Quinto código de informe: centro que xestiona a adquisición (código 3 en Millenium).

6- Renovación:doaz8
Marcamos a opción Renovación manual.

  • Fecha de renovación: marcamos para decembro.
  • Período de recordatorio de renovación (días): 120.
     

Unha vez cubertos os campos, prememos en Ordenar.
Buscamos de novo a publicación e desde o rexistro bibliográfico imos a Existencias e procederemos a asocialas. Desde o botón de accións da liña de existencia que vén migrada de Millenium e contén os fondos da publicación escollemos Asociar una Línea de Compra:

doaz10
Na xanela emerxente introducimos na caixa o número de liña de orde de compra (POL) que acabamos de crear e prememos en Actualización:

doaz11
doaz12Volvemos ao rexistro da Liña de orde de compra (desde a icona do carriño), editámola e procedemos a eliminar a existencia que se creou coa POL e que está baleira, sen fondos asociados. Prememos en Gardar:doaz13doaz14

Por último, prememos en Ordenar ahora e confirmamos:

doaz15doaz16

Os orders dos rexistros que en Millenium eran híbridos (papel+en liña, ou  papel+electrónico gratuíto) teremos que modificalos en Alma, xa que non migraron ben. Aínda que no rexistro bibliográfico vemos que figura como tipo Revista- físico , o tipo de order asociado co que migrou é electrónico:

hib1

Isto supón un problema, xa que un tipo de POL electrónica non pode levar existencias con exemplares, polo que haberá que facer unha serie de modificacións:

1º Enlazar a orde migrada a un rexistro bibliográfico electrónico da Comunidade:
Buscamos o rexistro bibliográfico, picamos na icona do carriño e comprobamos que a liña de orde migrada está asociada a un tipo de Revista electrónica:

hib2Seleccionamos Cambiar referencia bibliográfica e confirmamos:

hib3

Alma amosaranos os rexistros asociados a este título e/ou ISSN: seleccionamos o rexistro electrónico que atopamos na comunidade:
hib4

Comprobamos que esa order quedou enlazada a un rexistro electrónico da comunidade:hib5

2º Modifcar a liña de order migrada e enlazada ao rexistro da CZ:
Reabrimos a liña de orde e facemos as modificacións pertinentes.hib6
Precio: poñemos 0 €
Método de adquisición: escollemos Técnico, xa que o prezo irá no rexistro da de papel.hib7
Cubrimos o resto de códigos de informe e na liña de orde de compra asociada engadimos a POL que deberemos crear nova.

3º Crear unha nova POL para o rexisto impreso:
Buscamos de novo por título e seguimos o procedemento habitual para a creación dunha POL: Ordenar > Seleccionar tipo de orden de compra > Propietario de la línea de orden de compra.hib8
Cubrimos todos os datos e no apartado Adicional asociamos a liña de orde de compra do rexistro electrónico gratuito:hib9
Prememos Ordenar ahora para crear a orde de compra (PO). Se volvemos buscar comprobaremos que xa amosa asociada a icona do carriño nos dous rexistros.

4º Asociar a nova POL á existencia que contén os fondos da miña Biblioteca:
Ao crear a POL, créase por defecto unha existencia no departamento de Adquisiciones. Necesitamos que estea asociada ás existencias que xa tiñamos migradas desde Millenium. Para iso, imos a Existencias e editamos:hib10
Asociamos a nova POL ao noso rexistro de existencias:hib11hib13Volvemos ao rexistro bibliográfico, editamos a POL e procedemos a borrar a POL baleira que se creou en Adquisiciones. Prememos en Guardar:hib14

5º Asociar a POL migrada do electrónico ao seu portafolios electrónico:
Imos asociar esa orde de compra do rexistro electrónico co seu portafolios. Buscamos de novo o rexistro bibliográfico e imos a Lista de portafolios:hib15
Editamos o portafolios:hib16
Imos á lapela Información de adquisiciones: hib17

Engadimos a liña de orde de compra e gardamos:hib186º Asociar na POL migrada a nova POL creada para relacionar os rexistros:
Como último paso, temos que lembrarnos de completar a orde de compra do electrónico coa POL nova que se creou co impreso:hib19
Editamos a orde de compra e no bloque Adicional , tecleamos a POL que queremos asociar e gardamos:hib20