Ir ao contido principal

Manual Alma - Procesos

Manual de Catalogación en Alma

Conxuntos: características e tipos

Os conxuntos en Alma son grupos de rexistros que resultan dunha busca gardada. Cada vez que se realiza unha busca, Alma ofrece un botón Guardar consulta, que permite almacenar calquera consulta para poder executala de novo en calquera momento. Ademais de para agrupar rexistros, os conxuntos utilízanse para actuar sobre varios rexistros á vez, por exemplo, para facer modificacións manualmente ou para executar tarefas sobre eles.
Os conxuntos non teñen un límite de tamaño.
Poden ser creados a partir de diferentes tipos de contido. No que atinxe á xestión de recursos, os posibles tipo de contido son os seguintes:

  • Todos os títulos
  • Títulos físicos
  • Exemplares físicos
  • Existencias físicas
  • Títulos electrónicos
  • Portafolios electrónicos
  • Coleccións electrónicas
  • Autoridades

Hai dous tipos de conxuntos:

  • Conxuntos lóxicos: inclúen a lista completa de resultados dunha busca. Son coleccións dinámicas, é dicir, a lista de resultados sempre ofrece os rexistros actualizados no repositorio.
  • Conxuntos detallados: formados por rexistros individuais seleccionados manualmente ou a través dunha tarefa. Son coleccións estáticas: cando un novo rexistro que cumpre cos criterios do conxunto se incorpora ao repositorio, o rexistro non se agrega ao conxunto por defecto.

Xestionar conxuntos

Os conxuntos poden xestionarse a través do menú ADMIN no panel de navegación de Alma.

xestionar conxuntos

 

O novo deseño da páxina de xestión de conxuntos inclúe na barra lateral esquerda a posibilidade de filtrar por facetas e diferentes ferramentas para traballar cos tipos de conxuntos creados:

  • Mis conjuntos: todos os conxuntos (públicos ou privados) creados polo usuario.
  • Conjuntos públicos : todas as consultas gardadas por calquera usuario que non estean marcadas como privadas.
  • Todos los conjuntos (vista dispoñible para as persoas xestoras do repositorio).

barra ferramentas- gestionar conjuntos

O panel das facetas pode contraerse para deixar máis espazo na páxina de xestión.

Os detalles dun conxunto en particular son visibles de dúas formas distintas:

Modo pantalla dividida: no panel da esquerda aparece a lista de conxuntos e no panel da dereita os detalles do conxunto seleccionado.

gestionar conjuntos- pantalla dividida

Desctivando o modo dividido na esquerda da pantalla, os detalles do conxunto aparecen directamente nunha soa pantalla.

gestionar conjuntos- desactivar pantalla dividida

 

O menú de accións básicas sobre un conxunto inclúe as seguintes opcións:

Contenido→ executa a consulta de busca gardada e mostra os resultados.

Catalogar conjunto→ permite mover os rexistros ao Editor de Metadatos (sempre que sexan menos de 200).
Duplicar→Permite crear un novo conxunto cos mesmos criterios que o existente e as palabras Copia de engadidas como prefixo ao nome do conxunto orixinal.
Detallar→permite transformar un conxunto lóxico en conxunto detallado.
Combinar conjuntos→ permite crear un novo conxunto unindo os resultados de dous conxuntos existentes.
Filtrar conjuntos→ permite aplicar unha condición (regra de indicación) ao conxunto, só no caso de conxuntos elaborados a partir de Títulos. Os rexistros serán incluídos no novo conxunto cando a indicación sexa verdadeira.
Borrar→ permite eliminar un conxunto que xa non se necesita. Só é posible borrar conxuntos elaborados por un mesmo.

Añadir miembros al grupo (só para conxuntos detallados) → permite executar unha consulta para engadir manualmente novos rexistros ao conxunto.

engadir membros a un conxunto

conxunto lóxico- non agregar membros

Crear conxuntos

1. Conxuntos lóxicos (dinámicos)

Un conxunto lóxico pódese crear a partir dunha busca (simple ou avanzada):

  • Lanzar a busca e gardar a consulta.
  • Nomear o conxunto (dar un nome único, sen caracteres especiais) e decidir se será privado ou compartido. Por defecto o conxunto é identificado como Privado. Seleccionando NO o conxunto será público e quedará dispoñible para todos os usuarios da Zona da Institución.
  • Premer en Guardar.

detalles del conjunto

Outra posibilidade é seleccionar a opción Crear conjunto lógico na páxina de xestión de conxuntos (Admin>>Gestionar tareas y conjuntos>>Gestionar conjuntos).

previsualización conxunto

Para ver os resultados dun conxunto lóxico, dende Admin>>Gestión de tareas y conjuntos>>Gestionar conjuntos, navegar ata o conxunto lóxico en cuestión e seleccionar Contenido na lista de accións de fila (botón dos tres puntiños). A lista de resultados dun conxunto lóxico créase de forma dinámica, recollerá todos os rexistros do repositorio que respondan á busca.

 

2. Conxuntos detallados (estáticos)

Os conxuntos detallados son coleccións creadas seleccionando rexistros específicos, a diferenza dos lóxicos que engaden todos os rexistros que cumpran unha lóxica de busca. Os conxuntos detallados só poden crearse desde o menú Gestionar conjuntos.

Para crear un conxunto detallado:

No menú Admin>>Gestión de tareas y conjuntos>>Gestionar conjuntos, seleccionar Crear Conjunto Detallado:crear conxunto detallado

detalles conxunto detallado

 

  • Na páxina de detalles do conxunto introducir a información necesaria nos respectivos campos. Nombre del conjunto é un elemento obrigatorio e debe ser único. Non pode conter caracteres especiais.
  • Establecer o tipo de contido do conxunto: Todos os títulos, títulos físicos, etc.

Para engadir rexistros a un conxunto detallado poden utilizarse varios métodos: dende unha busca, a través da carga dun ficheiro,  ou dende un informe de Analytics:

  • Dende unha busca: Despois de introducir un nome para o conxunto e definir os demais campos, seleccionar CREAR. Abrirase unha páxina de busca en función do tipo de contido seleccionado.  Na lista de resultados, seleccionar os rexistros desexados e premer Añadir lo seleccionado. Finalizada a busca, confirmar que a selección está rematada en Hecho.
  • Carga dende ficheiro: seleccionar un ficheiro con identificadores únicos (códigos de barras, MMS IDs, números POL, etc.) que Alma usará para crear o conxunto. O ficheiro debe ser un arquivo de texto (.txt, .csv) e debe estar codificado como UTF-8. Para que os datos poidan ser interpretados por Alma deben ter un encabezamento correcto na parte superior da columna). Gardar.
  • Carga dende Analytics: Con este método non se poden engadir membros a un conxunto existente, só se pode empregar para crear conxuntos novos. Seleccionar unha carpeta da lista despregable en Informes recientes e un informe concreto na lista Nombre.

engadir seleccionado

3. Transformar conxuntos lóxicos en detallados

Na páxina de xestión de conxuntos (Admin>>Gestionar tareas y conjuntos>>Gestionar conjuntos) seleccionar o conxunto lóxico que se desexa transformar en detallado e seleccionar Detallar na lista de accións. A páxina do novo conxunto abrirase, modificar os detalles necesarios e premer CREAR.