Ir ao contido principal

Manual Alma - Procesos

Manual de Catalogación en Alma

O Editor de Metadatos (MDE). Como acceder

O editor de metadados está sempre activo e a súa área de edición é a zona onde visualizar e catalogar rexistros.

Opcións para abrir o editor:

a) Premer a icona Mostrar MDE que aparece de forma permanente na parte inferior esquerda da barra de navegación da pantalla principal de Alma. Basta con premer nela (ou ALT+M) para acceder ou saír do editor en calquera momento.

b) Seleccionar Recursos >> Catalogación >> Editor de metadatos no menú principal de Alma.

c) Premer o botón Editar dende os resultados dunha busca. O rexistro seleccionado pasa a ser editable.

Código de cores no MDE: a cor de subliñado das distintas pestanas do editor indican o seguinte:

Interface MDE1

Azul escuro: os rexistros amosados nese momento no panel de navegación pertencen á categoría (registros, Marc21, plantillas, etc.) destacada nesta cor.

Azul claro: corresponde ao rexistro que se está a editar nese momento.

Gris: cando traballamos co editor dividido corresponde ao rexistro que está no panel de edición pero permanece inactivo, aquel no que non se está a traballar.

Dende o editor podemos catalogar rexistros bibliográficos, de existencias, de autoridade e tamén crear padróns.

Na área de traballo do MDE podemos distinguir dúas zonas principais: o panel de navegación na esquerda da pantalla e o panel de edición na dereita.

paneis MDE

A aparencia do editor non é personalizable, só os campos Marc se visualizan, pero o nome da etiqueta aparece pasando o rato por riba de cada campo.