O expurgo é o proceso de selección de fondos documentais da biblioteca para retiralos da mesma de forma definitiva ou pasalos a unha zona de almacenamento. Está condicionado pola necesidade da biblioteca de contrarrestar a continua entrada de fondos na colección, evitando que os documentos de nulo ou escaso uso ou valor entorpezan tanto o acceso como a procura da información, ademais da limitación espacial en que se atopan as bibliotecas.
É unha operación complementaria á selección e consecuencia directa da avaliación da colección, que se debe levar a cabo de forma continuada para conseguir unha xestión eficaz.
A necesidade de retirar das nosas bibliotecas os exemplares duplicados, deteriorados, obsoletos... vén imposta fundamentalmente por dous feitos:
Os depósitos e salas de lectura da BUSC gardan e custodian máis dun millón e medio de exemplares físicos, e na actualidade o crecemento é practicamente inviable para a maioría das bibliotecas do sistema, ao que hai que engadir que en varios casos o peso dos libros nos depósitos situados en plantas superiores pode afectar á estrutura dos edificios.
Na BUSC, o expurgo pode ser aplicable a todo o fondo bibliográfico, calquera que sexa o seu soporte físico, o lugar onde se custodie e o procedemento que se seguiu para o ingreso na colección (compra, subscrición, troco ou doazón), salvo para as excepcións contempladas neste documento.
A responsabilidade do expurgo no Servizo de Biblioteca corresponde á dirección da BUSC.
Nas bibliotecas de centro e intercentros, a responsabilidade recaerá na dirección da biblioteca correspondente, baixo o control da dirección da BUSC, e co coñecemento da Comisión de Biblioteca.
O expurgo levarase a cabo polo persoal técnico da biblioteca, co apoio do persoal auxiliar e calquera outro persoal de apoio que se requira.
O expurgo non poderá realizarse nunca sobre os documentos bibliográficos de especial protección, conforme á lexislación vixente sobre o patrimonio histórico e cultural de España e de Galicia.
En xeral, na BUSC quedan excluídos dos procesos de expurgo:
Con independencia das características concretas de cada biblioteca ou colección, na selección dos materiais susceptibles de expurgo poderán utilizarse os seguintes criterios xerais:
Consideracións particulares para a selección de publicacións periódicas para o expurgo:
Con independencia de calquera outra actuación ou procedemento, o expurgo debe incluír, polo menos, os seguintes elementos administrativos e técnicos básicos:
