Todos os puntos de servizo da BUSC contan con, polo menos, dúas caixas de correo:
- biblioteca.XXX@usc.gal: asociadas ás adquisicións en Alma (ordes de compra, envíos, facturación...), que antes tiñan o correo persoal das direccións de cada biblioteca.
- biblioteca.XXX.servizos@usc.gal: asociadas aos mostradores de circulación de Alma (comunicacións de circulación, etc.), que antes tiñan correos do tipo filprest, ecoprest,etc.
Ambas caixas de correo pódense utilizar para outros fins alleos a Alma como, por exemplo, as caixas de servizos para a xestión da comunicación co alumnado dos cursos de competencias informacionais.
As direccións das bibliotecas de centro e intercentros serán as responsables de:
- Designar unha única persoa responsable de cada caixa de correo, así como tantas persoas con permisos como considere necesario.
- Manter actualizada a listaxe de caixas de correo da Intranet da BUSC, na que constan as persoas responsables e con permisos de acceso ás caixas de correo do seu centro.
- Cando se produza unha alta ou baixa de persoal na biblioteca, solicitar ao CAU o acceso -ou a baixa, segundo o caso- ás caixas de correo correspondentes.
- Acceder á Intranet da BUSC / "Comunicación e Marketing" / Caixas de correo da BUSC
- Premer sobre o nome da biblioteca e a caixa de correo que se queira editar:

4. Abrirase unha ficha cos datos da caixa de correo. No apartado usuarios con permisos actualizaremos os datos, eliminando ou engadindo o persoal que corresponda.

A persoas responsables das caixas de correo deberán:
- Organizar a xestión das mensaxes, determinando a creación de carpetas/subcarpetas, etiquetas, etc., que axuden ás persoas con permisos a atender esta comunicación, coñecendo en todo momento o estado das mensaxes, se están ou non pendentes de resposta, etc..
- Manter unha comunicación constante co persoal con permisos que debe facerse cargo desta tarefa en cada quenda (mañá, tarde e fins de semana), e atender as posibles dúbidas que poidan xurdir.
- Asegurar que as caixas están sempre atendidas. O persoal con permisos que adoita xestionar cada caixa de correo deberá comunicar a súa ausencia á persoa responsable, para que esta poida asignar a tarefa a outra persoa durante a devandita ausencia.
**Nos seguintes apartados ofrécese información sobre a xestión das caixas de correo da Biblioteca Xeral, a modo de exemplo.