Ir ao contido principal

BUSC - Procedementos de traballo

Guía para o persoal da BUSC sobre procesos internos de traballo

Documentación de arquivo con datos persoais

Pautas para atender consultas de documentación de arquivo con datos persoais

 

Para consultar documentos de arquivo con datos persoais, como é o caso das sinaturas GaosC, GaosG e GaosE na B. Xeral, as persoas usuarias deben asinar un "Compromiso para a consulta de documentos"   cando os datos están suxeitos a confidencialidade.

Están suxeitos a confidencialidade:

  1. Os datos persoais sensibles (orixe étnica ou racial, opinións políticas, conviccións relixiosas ou filosóficas, afiliación sindical, datos xenéticos, biométricos, relativos á saúde, vida ou orientación sexuais).

Estes datos deben ser confidenciais ata:

  • 25 anos despois do falecemento da persoa implicada se se coñece a súa data de falecemento
  • 50 anos, despois da data do documento, se non se coñece a data de falecemento da persoa implicada
  1. Os datos persoais non sensibles (que poden aparecer, por exemplo, en documentos bancarios, facturas ...)

Estes datos deben ser confidenciais ata:

  • 30 anos despois da data do documento

Por razóns de investigación poden consultarse estes documentos con datos persoais suxeitos a confidencialidade sempre e cando os resultados da investigación que se publiquen non identifiquen os nomes das persoas implicadas.
Segundo o "Compromiso para a consulta de documentos" que deben asinar as persoas investigadoras nestes casos, será necesario facer petición por escrito á Dirección da BUSC (biblioteca.universitaria@usc.gal) para calquera tratamento ou utilización distinta a consulta con fins de estudo e investigación, como publicación, difusión pública por calquera medio ou transformación, así como para para obter copias da documentación consultada.