Ir ao contido principal

BUSC - Procedementos de traballo

Guía para o persoal da BUSC sobre procesos internos de traballo

Cuestións xerais

É responsabilidade da dirección da biblioteca realizar os cambios pertinentes nas aplicacións da BUSC, sempre que teñan lugar altas, baixas ou cambio de lugar de traballo do persoal ao seu cargo.

Altas de persoal na BUSC

Actuacións a realizar polos/as directores/as e/ou xefes/as de servizo coa incorporación de novo persoal á BUSC:

 

  • TUI (Tarxeta Universitaria de Identificación)

Para que a ATIC faga a carga dunha nova persoa usuaria en ALMA, debe ter a TUI activada. Para activar a TUI é preciso a captura dunha fotografía, que pode facerse en calquera dos Puntos de Atención, Información e Servizos (PAIS). Unha vez activada poderá descargar a TUI no móbil, na app da USC. A ATIC cargará o novo rexistro de persoa usuaria en ALMA.

Comunicar calquera incidencia ó CAU: cau@usc.es

 

  • ALMA (SIGB da Biblioteca)

  1. Solicitar a asignación dos roles necesarios para traballar en ALMA ao enderezo: busc-alma-persoal@grupos.nube.usc.gal.
  2. Actualizar os datos correspondentes ao rexistro de persoa usuaria do novo/a traballador/a:
  • Grupo de persoa usuaria debe ser: Persoal BUSC.
  • Información de contacto: temos que engadir de xeito obrigatorio o teléfono; ademais podemos engadir direccións diferentes, correos adicionais e outros teléfonos. Non podemos eliminar os engadidos pola ATIC.
  • Estatísticas: engadir como obrigatoria a estatística do tipo de categoría: Biblioteca.
  • Unha vez feitos os cambios hai que engadir unha nota de tipo General co texto: ten datos internos. Isto servirá para recuperar estes datos cando haxa sincronizacións con Xescampus e para que o resto do persoal saiba que xa se engadiron os datos de contacto e as estatísticas.

 

  • Grupos Bibliotecas (Acceso á Intranet da BUSC)

Incorporar o/a novo/a traballador/a ao grupo da biblioteca correspondente é imprescindible para que poida acceder á intranet.

Dende a Intranet da BUSC, acceder ás intranets das bibliotecas; na correspondente á súa biblioteca, na zona superior dereita, premer na opción membros:

E engadir novo membro:

A continuación engadir o nome ou enderezo de correo do/a novo/a traballador/a.

 

  • Grupo Persoal BUSC (grupo de comunicación co persoal da BUSC)

As altas de persoal serán comunicadas polas direccións das bibliotecas ao seguinte enderezo: buscxestioncomunicacion@grupos.nube.usc.gal

 

  • Web da BUSC

Á ferramenta Drupal  Xestión Web da BUSC accédese coas credenciais da USC. A BUSC conta cun servidor de probas e un de produción. En ámbolos dous cada director/a de biblioteca ten permisos de edición no nodo correspondente ao seu centro.

Os cambios no directorio da biblioteca fanse na lapela correspondente a Directorio:

  • Cando unha nova persoa traballadora se incorpora á BUSC haberá que crear unha nova ficha de contacto no directorio.
  • O directorio debe reflectir o persoal que traballa na biblioteca en cada momento. Cando unha persoa traballadora está de baixa e é substituída por persoal contratado, haberá que acceder á ficha correspondente do/a traballador/a de baixa e modificar os datos de nome e enderezo polo do/a traballador/a contratado/a. E facer o mesmo no momento en que se reincorpore a persoa titular da praza.
  • 01/03/2024: As actualizacións nos directorios faranse dende a Biblioteca Xeral, mentres a oficina Web non active os permisos ás direccións de Bca.

  • Caixas de correo

Cada biblioteca de centro dispón de dúas caixas de correo para a comunicación coas persoas usuarias da biblioteca. Unha caixa xenérica do tipo: biblioteca.xxxxxxxxxx@usc.gal (asociada en ALMA ás comunicacións relacionadas con Adquisicións) e outra de servizos do tipo: biblioteca.xxxxxxxx.servizos@usc.gal (asociada en ALMA ás comunicacións relacionadas con préstamos, devolucións, reclamacións, solicitudes...). Ademais a BUSC e algúns servizos da Biblioteca Xeral  teñen caixas de correo vinculadas á súa actividade.

Os cambios do persoal asociado a cada caixa de correos:

  1. Deben comunicarse ao CAU a través dos formularios para notificar incidencias ou no enderezo cau@usc.es
  2. Deben actualizarse no apartado Usuarios con permisos da caixa que corresponda na Intranet da BUSC / Organización / Caixas de correo:

 

  • Outros grupos da biblioteca

Nos casos en  que sexa necesario, haberá que solicitar acceso para o/a traballador/a como membro dos grupos da BUSC dos que teña que formar parte para a realización do seu traballo.

Comunicar os cambios no enderezo: buscxestioncomunicacion@grupos.nube.usc.gal

 

  • Redes sociais

Se é o caso, actualizar a información e os permisos para a xestión das redes sociais da súa biblioteca.

 

  • Correo USC

Se a persoa responsable da biblioteca ou servizo usa listaxes de contacto para comunicarse co persoal ao seu cargo debe actualizar a información nas listaxes do seu correo institucional.

 

  • Calendarios compartidos

Se comparte calendarios co resto do persoal da súa biblioteca ou servizo, actualizar os permisos.

 

  • Dialnet

Se fose o caso, solicitar credenciais para acceder a Dialnet no enderezo: biblioteca.universitaria.revistas@usc.es.

 

  • Comunicar cambios ao Decanato

No caso das bibliotecas de centro é recomendable comunicar aos/ás decanos/as os cambios de persoal na biblioteca, solicitando a actualización do directorio da Facultade, do persoal nos equipos de emerxencia, etc.

 

  • Grupos de WhatsApp, Telegram...

Actualizar se a biblioteca ou o servizo utiliza estes canais de comunicación cos/as traballadores/as.

 

Baixas persoal BUSC

Actuacións a realizar polas direccións e xefaturas de servizo coa baixa de traballadores/as na biblioteca:

 

  • ALMA (SIGB da Biblioteca)

  1. Solicitar a eliminación dos roles que tiña asignados para traballar en ALMA (na súa biblioteca) no enderezo: busc-alma-persoal@grupos.nube.usc.gal.
  2. Actualizar os datos correspondentes ao rexistro de usuario/a do/a traballador/a:
  • Grupo de usuario/a debe ser: Persoal BUSC (se cambia a outra biblioteca ou servizo) ou Alumni (se xa non ten relación coa USC)
  • Información de contacto: Se o grupo de usuario/a cambia a Alumni, corrixir os datos co novo enderezo de correo, teléfono e dirección postal.
  • Estatísticas: Se cambia de biblioteca corrixir o dato estatística do tipo de categoría: Biblioteca. Se cambia a grupo de usuario/a Alumni, engadir ademais a estatística do tipo de categoría Alumni.

 

  • Grupos Bibliotecas (Acceso á Intranet da BUSC)

Eliminar o/a traballador/a do grupo da biblioteca correspondente.

Dende a Intranet da BUSC, acceder ás intranets das bibliotecasna correspondente á súa biblioteca, na zona superior dereita, premer na opción membros:

E eliminar o/a traballador/a que xa non forma parte do seu grupo de biblioteca.

 

  • Grupo Persoal BUSC (grupo de comunicación co persoal da BUSC)

As baixas de persoal serán comunicadas polas direccións das bibliotecas ao seguinte enderezo: buscxestioncomunicacion@grupos.nube.usc.gal

 

  • Web da BUSC

Á ferramenta Drupal  Xestión Web da BUSC accédese coas credenciais da USC. A BUSC conta cun servidor de probas e un de produción. En ámbolos dous cada director/a de biblioteca ten permisos de edición no nodo correspondente ao seu centro.

Os cambios no directorio da biblioteca fanse na lapela correspondente a Directorio.

O directorio debe reflectir o persoal que traballa na biblioteca en cada momento:

  • Cando un/unha traballador/a deixa de ter relación coa BUSC haberá que eliminar a súa ficha no directorio.
  • Cando un/unha traballador/a está de baixa e é substituído/a por persoal contratado, haberá que acceder á ficha correspondente do/a traballador/a de baixa e modificar os datos de nome e enderezo polo do/a traballador/a contratado/a. E facer o mesmo no momento que se reincorpore a persoa titular da praza.
  • Na actualidade para facer modificacións no directorio da BUSC debe comunicarse a: busc-alma-persoal@grupos.nube.usc.gal

 

  • Caixas de correo

Cada biblioteca de centro dispón de dúas caixas de correo para a comunicación cos/as usuarios/as da biblioteca. Unha caixa xenérica do tipo: biblioteca.xxxxxxxxxx@usc.gal (asociada en ALMA ás comunicacións relacionadas con Adquisicións) e outra de servizos do tipo: biblioteca.xxxxxxxx.servizos@usc.gal (asociada en ALMA ás comunicacións relacionadas con préstamos, devolucións, reclamacións, solicitudes...). Ademais a BUSC e algúns servizos da Biblioteca Xeral  teñen caixas de correo vinculadas a súa actividade.

Os cambios do persoal asociado a cada caixa de correos:

  1. Deben comunicarse ao CAU a través dos formularios para notificar incidencias ou no enderezo cau@usc.es
  2. Deben actualizarse no apartado Usuarios con permisos da caixa que corresponda na Intranet da BUSC / Organización / Caixas de correo:

 

  • Outros grupos da biblioteca

Nos casos en que sexa necesario haberá que solicitar a baixa para o/a traballador/a como membro dos grupos da BUSC dos que formaba parte para a realización do seu traballo.

Comunicar os cambios no enderezo: buscxestioncomunicacion@grupos.nube.usc.gal

 

  • Redes sociais

Se é o caso, actualizar a información e os permisos para a xestión das redes sociais da súa biblioteca.

 

  • Correo USC

Actualizar a información nas listas de contacto no seu correo institucional.

 

  • Calendarios compartidos

Se comparte calendarios co resto do persoal da súa biblioteca ou servizo, actualizar os permisos.

 

  • Dialnet

Se fose o caso, solicitar a baixa de credenciais para o acceso a Dialnet no enderezo: biblioteca.universitaria.revistas@usc.es.

 

  • Comunicar cambios ao Decanato

No caso das bibliotecas de centro é recomendable comunicar aos/ás decanos/as os cambios de persoal na biblioteca, solicitando a actualización do directorio da Facultade, do persoal nos equipos de emerxencia, etc.

 

  • Grupos de WhatsApp, Telegram...

Actualizar se a biblioteca utiliza estes canais de comunicación cos/as traballadores/as.

 

Cambio centro de traballo

No caso de cambio de biblioteca ou servizo dunha persoa traballadora da BUSC, os/as directores/as das bibliotecas afectadas deben realizar as correspondentes actualizacións:

Altas persoal BUSC

Baixas Persoal BUSC

Correturnos

O/A director/a da biblioteca onde vaia traballar o ATB correturnos debe solicitar a asignación dos roles necesarios para poder traballar nos mostradores de préstamo de Alma. Os roles deben pedirse no enderezo: busc-alma-persoal@grupos.nube.usc.gal.