Ir ao contido principal

Manual Alma - Procesos

Manual de Catalogación en Alma

Inclusión de recursos electrónicos de libre acceso en Alma

A incorporación a Alma de recursos en acceso aberto quedará limitada a libros, revistas ou documentos de especial interese que cumpran cos requisitos que se expoñen a continuación. En ningún caso deben incluírse en Alma rexistros de bases de datos, páxinas web ou similares.

Antes de tomar a decisión de catalogar un recurso OA en Alma hai que comprobar se o rexistro xa se atopa na Zona da Comunidade. De ser así bastará con solicitar a activación e, se non se atopa na ZC, haberá que valorar a conveniencia de incluílo ou non na colección local. A biblioteca que decida crear un rexistro deberá ter en conta que os recursos deben necesariamente reunir algunha das seguintes condicións:

  • o recurso é expresamente recomendado explícitamente por parte dun PDI da USC por consideralo de interese e utilidade no desenvolvemento das súas tarefas de docencia ou investigación
  • trátase dun recurso producido ou editado pola Universidade de Santiago de Compostela
  • o recurso está incluído na Bibliografía recomendada dunha asignatura. Cando se trate de documentos aloxados en Minerva farase necesariamente un rexistro en Alma para poder enlazar coa lista de lectura correspondente. No resto de situacións cada biblioteca valorará cales dos documentos en libre acceso recomendados deben ser catalogados en Alma. Anualmente a biblioteca responsable debe comprobar que o recurso segue a formar parte da bibliografía para, en caso contrario, eliminar o rexistro.

Ademais destes criterios, deben considerarse as seguintes características formais do propio recurso:

  • calidade do contido
  • estabilidade do recurso: presenza de URLs estables, preferentemente baseadas en identificadores permanentes tipo DOI, handle, etc.
  • fiabilidade do sitio web onde se atope aloxado (webs de institucións de prestixio, etc.)

En calquera caso, a biblioteca que cataloga o recurso é responsable do mantemento e actualización do acceso e ten a obriga de solicitar a baixa cando xa non estea dispoñible ou deixe de ser considerado de interese.

 

Creación dos rexistros en Alma

1. Elaborar un rexistro bibliográfico respectando as pautas de catalogación da BUSC

2. Este tipo de recursos en libre acceso non precisa a creación dunha POL

3. Engadir directamente o inventario electrónico tendo en conta as seguintes particularidades:

  • o portafolio debe asociarse á colección electrónica local "Recursos en aberto" creada especialmente para estes casos
  • o campo Biblioteca é obrigatorio
  • introducir a URL do enlace na casiña correspondente
  • tratándose de recursos en aberto non é necesario activar o Proxy
  • deixar o estado de dipoñibilidade do portafolio como INACTIVO
  • identificar o tipo de material electrónico

PortafolioOA_información

 

  • na lapela NOTAS (Descripción interna) indicar a razón pola que se cataloga o recurso: Bibliografía recomendada; Petición do profesor da asignatura, etc.

PortafolioOA_notas

4. Solicitar a activación do portafolio á Biblioteca Xeral a través do formulario específico que se atopa na Intranet.