APERTURA DO CURSO
- O curso debe facer visible o mesmo día que comeza: Axustes / Xeral / Visibilidade do curso / Amosar.
GUÍA DE TRABALLO DO ALUMNADO
Este documento vai marcar o ritmo de desenvolvemento do curso, xa que contén unha programación recomendada de seguimento dos módulos e actividades. (ver apartado Guía de traballo para o alumnado).
A Guía cambia con cada curso académico, polo que cómpre revisar o Manual CI do ano en curso.
FERRAMENTAS DE COMUNICACIÓN CO ALUMNADO
As bibliotecas poden decidir empregar distintas ferramentas cada curso académico, polo que cómpre revisar o Manual CI do ano en curso.
- A través do Foro de novas enviaranse os recordatorios que se estimen oportunos para que todo o alumnado lembre realizar as tarefas para a superación do curso. Dende este taboleiro damos a Benvida ao alumnado matriculado e indicámoslle a importancia de realizar as tarefas previas (Enquisa inicial, TCP e escoller grupo e/ou titulación) antes de pasar a realizar os exercicios dos distintos módulos.
Deberanse seguir as instrucións para o uso do Foro de Novas.
- O Foro de dúbidas e suxestións. Se contamos con profesorado de Grao matriculado como estudante na nosa aula, recoméndase crear un grupo para este profesorado e restrinxirlle o acceso ao Foro para evitar que reciban as mensaxes no seu correo persoal. De ser así, hai que configurar este Foro por grupos visibles (Ver Creación de grupos e itinerarios).
Todas as dúbidas ou suxestións dos estudantes serán respondidas no prazo máximo de 48 horas, salvo en períodos non lectivos.
- A mensaxería de Moodle. Empregarémola para dirixir unha mensaxe privada a unha ou un estudante, e para responder ás que recibamos por esta vía.
CRITERIOS DE CORRECCIÓN
- Desde os centros deberanse adoptar criterios de corrección idénticos, coa finalidade de avaliar de forma homoxénea a todo o alumnado dos cursos CI da USC. Este manual contén os criterios empregados durante o curso 2023/2024, pero cada ano as bibliotecas poden actualizar os exercicios e tarefas, e con eles, os criterios de correción, polo que é necesario consultar sempre o Manual CI do ano académico en curso.
- CRITERIOS CURSO 2023/2024