Ir ao contido principal

Manual de Formación en Competencias en Información da BUSC

Manual FUBUSC

Instrucións xerais

Empregaremos o Foro de Novas para as comunicacións que afectan de forma xeral a todo o alumnado da nosa aula e teñan que ven con:

  • o inicio e peche do curso
  • os prazos recomendados na Guía de traballo para o estudante
  • organizar sesións presenciais ou de carácter práctico
  • animar á participación do alumnado no curso e instar á realización dos exercicios
  • lanzar recordatorios acerca da avaliación do curso e calquera outro recordatorio fundamental para o bó desenvolvemento deste
  • notificar acerca das listaxes de aptitude
  • outras mensaxes de carácter similar

A maioría destas mensaxes poden programarse para que o alumnado as reciba na data que cada centro estime conveniente. Noutra sección desta guía ofrécense mensaxes tipo para cada nivel (básico e avanzado) para que poidan ser reutilizadas e adaptadas polos centros, mais antes de enviar calquera delas ao Foro debemos:

  1. Asegurarnos de que as datas son correctas. Nesta guía ofrécense datas orientativas ou en forma de exemplo, pero poden non ser válidas para todas as aulas, xa que están tomadas da Guía de traballo para o estudante e van variar en cada curso academico e biblioteca.
  2. Revisar os obxectivos, contidos e actividades descritas nas mensaxes programadas para cada módulo, xa que poden sufrir alteracións dun ano para outro, ou mesmo pequenas variacións en determinados centros.
    • Por exemplo, para a actividade relacionada coas citas, na mensaxe tipo pode aparecer a descrición relativa á norma APA e no noso centro temos que adaptala para o estilo Vancouver.
  3. Editar os enlaces ás distintas actividades e contidos da propia aula que aparezan nas mensaxes, xa que as que aquí se ofrecen levan á aula repositorio de nivel avanzado, á que o alumnado non ten acceso e, polo tanto, ao copialas no Foro das nosas aulas hai que redirixilas dentro do espazo das aulas propias. Debemos asegurarnos de que o "Destino" dos enlaces abran nunha nova ventá.
    • Por exemplo, na mensaxe tipo de benvida ao alumnado, o enlace á Guía de traballo leva a este documento na aula repositorio. Cando a copiemos no Foro da nosa aula debemos editar ese enlace para que leve á Guía de traballo que empregaremos na nosa aula.
  4. Substituír o texto destacado en cor vermella das mensaxes tipo por aquel que corresponda. Nesta guía márcanse en cor vermella as partes do texto que deberán ser sempre revisadas, para facilitar a súa identificación, pero esta cor deberá pasar á cor automática unha vez revisado o texto das mensaxes nas aulas propias.

Engadir e programar mensaxes

Para engadir mensaxes a este Foro, os pasos son os seguintes:

  1. Engadir tema de debate
  2. Escribir o Asunto
  3. Redactar a mensaxe. Premeremos en "Avanzado" para darlle formato, fixala, engadir un anexo, subscribirnos ao debate e/ou programala.
  4. Comentar no foro

Engadir mensaxes ao Foro 

Funcións avanzadas para engadir mensaxes ao Foro

Para que a mensaxe se lance ao Foro nuha data determinada hai que baixar á sección Período de presentación, premer en Activar e seleccionar a data desexada. A hora de lanzamento será, por norma xeral, ás 09:00 h.

Mensaxes tipo_NIvel básico

MENSAXE 1

Asunto: Benvida ao curso " Competencias en Información. Nivel Básico. 1ª Ed. Ciencias Xurídicas, Políticas e RR.LL [BUSC.2324.7]  [2023/2024]” 

Mensaxe:

Bo día!  

Hoxe arranca a edición do curso de formación en Competencias Informacionais (CI) de nivel básico para Ciencias Xurídicas, Políticas e RR.LL. [2022/2023], desenvolvido pola Biblioteca Universitaria e dirixido ao alumnado de primeiros cursos de Grao, co fin de proporcionar axuda de cara á adquisición destas competencias.   

Verás que moitas delas xa as traballas desde hai tempo -aínda que non lles puxeras nome- e que aqueloutras que non coñecías, resultaranche tremendamente útis e xa non poderás prescindir delas. Verás tamén a importancia de ter adquiridas estas competencias de cara ao mercado laboral.   

O persoal da Biblioteca titorizará as actividades e tratará de resolver as túas dúbidas e realimentar a túa participación. Podes contactar con calquera de nós desde a pantalla inicial do curso picando no noso nome, ou desde a mensaxería da aula, picando na icona do chat, na barra superior, á dereita, e buscando -polos apelidos- a quen queiras dirixirte.  

Se non estás familiarizado coa contorna do Campus Virtual, no documento “Aprende a moverte polo curso" atoparás unha pequena axuda.   

Aínda que o acceso aos contidos do curso será aberto e flexible para que cada quen o siga ao seu ritmo, ofrecemos unha “Guía de traballo para o estudante” na que damos uns prazos recomendados para axudarche a xestionar o tempo.    

Segundo esta guía,  hoxe comeza o prazo para realizar as actividades iniciais (obrigatorias) que servirán para determinar o teu punto de partida, e o Módulo 0, cuxo obxectivo é que sexas capaz de recoñecer a importancia das competencias informacionais, e aprendas a xestionar o tempo de estudo e de traballo.    

O prazo recomendado para que realices estas actividades finaliza o 22 de febreiro.  

Na páxina principal da aula atoparás tamén o Índice do curso coa relación ordenada de módulos e actividades a realizar.

MOI IMPORTANTE!!

Antes de comezar debes Escoller a túa titulación, segundo sexas estudante de 1º curso do Grao ou esteas xa matriculado nunha materia dalgún curso superior. Fíxate ben ao facer a escolla, xa que son excluíntes entre si.

Saúdos,

A biblioteca.

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o primeiro día do curso, e prememos en Activar.

MENSAXE 2

Asunto: Recomendacións para o bo seguimento do curso

Mensaxe:

Bo día,

Apuntamos unha serie de recomendacións para o bo seguimento do curso:

  1. Conéctate con regularidade á aula virtual. (Podes gardar a URL nos favoritos do teu navegador: https://cv.usc.es)
  2. Consulta frecuentemente o teu correo institucional, xa que é alí onde recibirás as mensaxes relacionadas co curso (chequea tamén a carpeta Spam ou Junk mail, xa que poden ir parar alí). Tamén podes vincular a túa conta de correo habitual coa institucional para recibir alí os correos da USC (na seccion de "Recursos de interese" atoparás un titorial sobre como facelo).
  3. Emprega o navegador Mozilla Firefox ou o Google Chrome, xa que son os que mellor soportan a plataforma Moodle (sobre a que se realiza o curso), e mantén actualizado o reproductor de video (mellor o  VLC), o lector de pdf (Adobe Reader), o Java, e o Flash player.
  4. Segue os prazos recomendados na Guía de traballo para o estudante. Neste documento desglosamos a programación das distintas actividades, os materias e exercicios cos que traballar en cada unha delas, o nivel de dificultade, e o tempo estimado que che levará cada unha, así como os obxectivos que se perseguen coa súa realización.

Por último e moi importante, para realizar o curso con éxito os teus datos deben figurar no programa de xestión de persoas usuarias da Biblioteca. Para iso debes ter actualizada a túa Tarxeta Universitaria de Identificación e coñecer as túas credenciais institucionais (usuario rai e contrasinal), xa que as vas necesitar para acceder ao catálogo da biblioteca, entre outras cousas.

Un saúdo!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o primeiro día do curso, e prememos en Activar.

Asunto: Módulo 1 e actividades asociadas

Mensaxe:

Bo día,  

lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, rematou o prazo das actividades iniciais e módulo 0, e recomendamos comezar co módulo 1 e actividades asociadas. O seu obxectivo é que afondes no teu coñecemento dos recursos de información e dos servizos que a USC pon a túa disposición, a través da web da BUSC e das TIC, polo que te animamos a que, se aínda non o fixeches, comeces canto antes a realizar estas actividades para poñerte ao día e que non se che acumule o traballo.  

O prazo recomendado para rematalas é o 26 de febreiro.  

A Biblioteca 

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.

Asunto: Módulo 2 e actividades asociadas

Mensaxe:

Bo día,  

lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, onte rematou o prazo recomendado para o Módulo 1, e hoxe recomendamos comezar co módulo 2 e actividades asociadas.  

O seu obxectivo é que aprendas a realizar buscas eficaces e adquiras a competencia para avaliar tanto as propias fontes, como a información atopada, polo que animámoste a que, se aínda non o fixeches, comeces canto antes a realizar estas actividades para poñerte ao día e que non se che acumule o traballo. O prazo recomendado para rematalas é o 28 de febreiro.  

A Biblioteca

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.

Asunto: Descargar contidos en PDF

Mensaxe:

Bo día,

sabede que o acceso aos contidos teóricos da aula permanecerá aberto durante todo o ano pero que, ademais, podedes descargalos en PDF.

Para iso, hai que entrar no libro que se desexa descargar e premer -baixo o título- na pestana "Máis", escollendo no menú "Imprimir libro/capítulo" segundo se desexe:

Agardamos vos resultde de utilidade. Saúdos!

Período de presentación:

Esta mensaxe é opcional, pero recomendable. Estableceremos como data de "Comezo da presentación" un día entre os prazos recomendados dos módulos 2 e 3, e prememos en Activar.

Asunto: Módulo 3 e actividades asociadas

Mensaxe:

Bo día!  

lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, onte rematou o prazo recomendado para facer o módulo 2 e actividades asociadas.  

Recomendamos comezar hoxe co módulo 3, cuxo obxectivo é que aprendas a atopar a información pertinente no catálogo da BUSC, e a sacarlle partido aos servizos en liña que che ofrece.  

Animámoste a que, se aínda non o fixeches, comeces canto antes a revisar este módulo e a realizar as actividades que leva asociadas, para poñerte ao día e que non se che acumule o traballo. Ten en conta que superar a actividade deste módulo é requisito para o apto no curso.

O prazo recomendado para rematalas é o 2 de marzo.  

A Biblioteca.

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.

Asunto: Estatística de seguimento do curso

Mensaxe:

Bo día,
case na metade do curso básico de CI, estas son as estatísticas do voso seguimento do curso respecto das tarefas que recomendamos ter rematadas:
Fostes 87 persoas as que formalizastes a súa matrícula a través da secretaría virtual:

      >>> 3 pertencedes ao Doble Grao en Dereito_Relacións Laborais

      >>> 1 pertencedes Grao en Criminoloxía

      >>> 29 ao Grao en Dereito, aínda que só 41 escollestes grupo

      >>> 18 ao Grao en Relacións Laborais, dos que 18 escollestes grupo

      >>> 7  ao Grao en Ciencia Política e da Administración, dos que 18 escollestes grupo

      >>> 3 pertencedes a outros grupos

- Respecto das actividades obrigatorias que neste momento do curso recomendamos ter finalizadas, esta é a situación:

  >> Enquisa inicial: respondestes 59 estudantes  

  >> Test de coñecementos previos: 57

  >> Son as CI importantes para a túa empregabilidade?: 44

  >> EX. M1A : 36

  >> EX. M1B : 17

  >> EX. M2A : 12

  >> EX. M3A : 10

  >> EX. M4A : 6

 Animámovos a que esta semana vos poñades ao día coas tarefas; para non sentirvos abafados evitade deixar todo para o final.

Un saúdo e moito ánimo!

Período de presentación:

Esta mensaxe é opcional, pero moi recomendable. Estableceremos como data de "Comezo da presentación" máis ou menos á metade do curso, e prememos en Activar.

Asunto: Módulo 4 e actividades asociadas

Mensaxe:

Bo día,  

lembra que, segundo a  Guía de traballo para o estudante, onte rematou o prazo para facer o módulo 3 e actividades asociadas.  

Hoxe recomendamos comezar co módulo 4. O seu obxectivo é que coñezas os recursos básicos que che ofrece a BUSC a través da súa web, e sexas quen de facer buscas pertinentes nestes recursos.  

Animámoste a que, se aínda non o fixeches, comeces canto antes a revisar este módulo e a realizar as actividades que leva asociadas, para poñerte ao día e que non se che acumule o traballo. O prazo recomendado para rematalas é o 5 de marzo.  

A Biblioteca

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.

Asunto: Imprescindible para o Apto

Mensaxe:

Bo día,  

esta mensaxe é un recordatorio sobre o método de avaliación do curso. Lembrade que para acadar o apto é imprescindible facer todos os exercicios e superar, en todo caso, as actividades dos módulos 3, 5, e 7.  

Para o apto será necesario ademais acadar un mínimo de 5 na nota final do curso, tendo en conta que esta nota está ponderada segundo a seguinte táboa:

Curso AVANZADO TFG PONDERACIÓN
TEST COÑECEMENTOS PREVIOS (TCP): Obrigatorio 

Non puntúa

M.1. ACTIVIDADE A. Utiliza o correo da USC (obrigatoria)

0,5

M.1. ACTIVIDADE B. Verifica o teu rexistro de persoa usuaria (obrigatoria) 0,5
M.2. ACTIVIDADE. Avalía a información dunha web (obrigatoria) 1
M.3. ACTIVIDADE. Realiza buscas no catálogo Iacobus (obrigatoria) 1
M4  ACTIVIDADE. Buscar un artigo /libro electrónico 1
M.5. ACTIVIDADE. Buscar en Dialnet (obrigatoria) 1
M.6. ACTIVIDADE. O traballo académico (obrigatoria) 1
M.7. ACTIVIDADE. Citar (obrigatoria) 1
M7. Foro do plaxio (obrigatorio) Non puntúa
M.8. ACTIVIDADE A. Glosario (obrigatoria) 0,5
M.8. ACTIVIDADE B. Traballar co Onedrive (obrigatoria) 0,5
M.9. ACTIVIDADE. Manterse a salvo na rede (obrigatoria) 1

Total actividades módulos : media ponderada de cualificacións

9,0
TEST DE AVALIACIÓN FINAL (TAF) : Obrigatorio 1,0

Total do curso: media ponderada das Actividades dos Módulos e do TAF

10,00

As respostas correctas aos cuestionarios permanecerán ocultas para o alumnado, pero naqueles casos nos que non se superen os exercicios requiridos para o apto no curso, recibirase aviso do titor para que se fagan as correccións oportunas, polo que recomendamos ao alumnado que permaneza atento ao seu correo institucional.

Saúdos!!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" máis ou menos á metade do curso, evitando coincidir 2 mensaxes no mesmo día, e prememos en Activar.

Asunto: Módulo 5 e actividades asociadas

Mensaxe:

Bo día,  

lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, onte rematou o prazo recomendado para facer o módulo 4 e actividades asociadas.  

Recomendamos comezar co módulo 5, cuxo obxectivo é que aprendas a facer buscas eficaces na internet, e aproveitar ao máximo as funcionalidades que ofrecen os distintos recursos dispoñibles.  

Animámoste a que, se aínda non o fixeches, comeces canto antes a revisar este módulo e a realizar as actividades que leva asociadas, para poñerte ao día e que non se che acumule o traballo. Ten en conta que superar a actividade deste módulo é requisito para o apto no curso.

O prazo recomendado para rematalas é o 8 de marzo.  

A Biblioteca 

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.

MENSAXE 1

Asunto: Estado do completado do curso

Mensaxe:

Bo día,

Como sabedes, para considerar o curso como completado e poder optar á cualificación de apta ou apto, hai unha serie de actividades cuxa realización é obrigatoria.

Para facilitarvos o seguimento destas actividades e que poidades saber en todo momento cales fixestes e cales tedes pendentes, na marxe superior dereita da páxina principal do curso picade en "Estado do completado do curso / Máis detalles".

OLLO! No módulo 7 hai un cuestionario para realizar segundo as normas APA e outro segundo as ISO. Poderedes acceder só a un deles -ao de uso xeral para a vosa rama de coñecemento-; o outro estará oculto.

É por esta razón que vos aparecerá o completado o curso ao 94%, en lugar do 100%, pero isto é correcto, non tendes que facer nada máis.

Doutra banda, algunhas tarefas son corrixidas manualmente polo persoal da Biblioteca, e ata que sexan corrixidas aparecerán como NON COMPLETADAS.

Saúdos!

Período de presentación: Estableceremos como data de "Comezo da presentación" máis ou menos á metade do curso, evitando coincidir 2 mensaxes no mesmo día, e prememos en Activar.

MENSAXE 2

Asunto: Aclaración sobre o completado do curso

Mensaxe:

Bo día,

Estamos a recibir consultas sobre a porcentaxe de completado do curso. Esa información provén de distintos parámetros. No que tendes que fixarvos para a superación do curso  é :

- que teñades todas as tarefas entregadas, incluídas aquelas que non puntúan, pois é obrigatorio realizalas todas

- que aquelas tarefas que están entregadas e requiren corrección por parte dos titores, estén puntuadas. Tede en conta que ata que non se evalúen, non se mostrarán como completadas.

Se inda así  a plataforma non amosa que tendes o 100%, ignorade esa información, pois débese a unha configuración devirada das escollas de grupo, e non afecta á superación do curso. Repasade o apartado Descrición do curso, onde tendes os requisitos para obter o apto.

Un saúdo,

Os titores.

Período de presentación: Esta mensaxe só a enviaremos en caso de ter consultas ao respecto por parte do alumnado.

Asunto: Módulo 6 e actividades asociadas

Mensaxe:

Bo día,  

lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, onte rematou o prazo recomendado para facer o módulo 5 e actividades asociadas.  

A partir de hoxe recomendamos comezar co módulo 6 e actividades asociadas. O obxectivo deste módulo é que sexas quen de elaborar traballos académicos segundo a metodoloxía propia da Universidade, e que saibas elixir o tipo de traballo que máis che conveña segundo cada necesidade. O prazo recomendado para rematalas é  o 12 de marzo.  

Lembrámosvos que é obrigatorio facer todos os exercicios para poder obter o Apto.  

A Biblioteca

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.

Asunto: Módulo 7 e actividades asociadas

Mensaxe:

Bo día,  

segundo a Guía de traballo para o estudante, hoxe comeza o prazo recomendado para facer o módulo 7 e actividades asociadas. Ten en conta que superar a actividade deste módulo é requisito para o apto no curso.

O obxectivo deste módulo é que comprendas a importancia de facer un uso responsable, ético e legal da información que se utiliza, citando e redactando as referencias. Tamén que coñezas os dereitos de autor, para que coñezas os teus propios dereitos e saibas facer un bo uso deles, respectando os dos demais.  

Empregaremos o Foro temático sobre o plaxio para compartir ideas sobre este tema.  

O prazo recomendado para finalizar este módulo é o 16 de marzo.  

A Biblioteca.

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.

Asunto: O curso CI de nivel básico remata dentro de 5 días

Mensaxe:

Bo día,

esta mensaxe é para lembrarvos que o curso finaliza o vindeiro martes día 8, así que só quedan 5 días para entregar as tarefas e realizar os cuestionarios.

A día de hoxe sodes 105 estudantes os que comenzastes o curso, pero só 72 persoas rematastes coas actividades que se recomendaba ter feitas nestas datas.

Se vos falta algunha tarefa e tendes dúbidas sobre o seu desenvolvemento, podedes enviarnos un correo a calquera das persoas titoras:

  • nome.apelido@usc.es (indicar as tarefas que corrixe)
  • nome.apelido@usc.es (indicar as tarefas que corrixe)
  • etc.

Comprobade os comentarios ás tarefas na aula e no voso correo institucional (a algún de vós xa vos mandamos mensaxes individuais para que fagades algunha corrección nos exercicios).  

Saúdos!!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" a 5 días para o remate do curso, e prememos en Activar.

Asunto: Módulo 8 e actividades asociadas

Mensaxe:

Bo día,  

lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, hoxe recomendamos comezar co módulo 8 e actividades asociadas.  

O obxectivo deste módulo é que sexas quen de crear, editar e compartir contidos dixitais sinxelos. Tamén que coñezas ferramentas simples para manterte informado, e participes de forma segura nas redes sociais evitando, tamén, a desinformación e propagación de novas falsas.  

Animámoste a que comeces canto antes a revisar este módulo e a realizar as actividades que leva asociadas, para poñerte ao día e que non se che acumule o traballo. O prazo recomendado para rematalas é o 19 de marzo.  

A Biblioteca

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.

Asunto: Módulo 9 e actividades asociadas

Mensaxe:

Bo día,  

segundo a Guía de traballo para o estudante onte rematou o prazo para facer o módulo 8 e actividades asociadas, e hoxe comeza o do módulo 9.  O obxectivo deste último módulo é que saibas crear e protexer a túa identidade dixital, os teus dispositivos electrónicos e, en xeral, a túa saúde, facendo un bo uso da tecnoloxía.  

Terás que realizar tamén o Test Final, a modo de repaso do aprendido do curso, así como a Enquisa de satisfacción, cuxo obxectivo é coñecer o grao no que o curso se adaptou ás túas necesidades. É totalmente anónima polo que esperamos a túa sincera opinión, que nos axude a mellorar.  

O prazo final para rematar este módulo, e o resto das actividades é o 22 de marzo, momento en que daremos por finalizado o curso.  

Durante uns días, o persoal da Biblioteca corrixirá as tarefas e exercicios pendentes e, en caso de detectar erros, poderá requirirvos algunha nova entrega; permanecede atentos ao voso correo institucional.

A Biblioteca

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.

Asunto: Peche do curso CI Básico

Mensaxe:

 Bo día!  

A partir das 23:59 h de hoxe, 22 de marzo, damos por finalizado o curso e nun prazo aproximado de sete días publicaremos, -a través desta mesma canle-, a listaxe provisoria de alumnado apto.   

Unha vez publicada a listaxe provisoria, disporedes dun prazo de 7 días naturais para formular as alegacións oportunas. Transcorrido ese prazo, a listaxe elevarase a definitiva, incorporando as modificacións que corresponda.  

O acceso aos contidos teóricos permanecerá aberto durante todo o curso académico, pero lembrade que podedes descargalos.

Dito isto, despedímonos. Agardamos que a aprendizaxe vos resulte útil na vosa vida académica e laboral e que poidades sacarlle todo o rendemento posible a estas novas competencias.  

Lembrade que sempre podedes acudir á Biblioteca ante calquera necesidade de información que se vos presente! 

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día do peche do curso, e prememos en Activar.

Asunto: Resultado da Enquisa de satisfacción

Mensaxe:

Bo día,

finalizado o curso CI Básico, achegamos os resultados da Enquisa de satisfacción, aproveitando para agradecervos a vosa participación e incluíndo unha breve resposta ás vosas suxestións.

Lembrade que o acceso aos contidos teóricos da aula permanecerá aberto durante todo o curso académico e que tamén podedes descargalos en PDF, desde o cada libro (baixo o título veredes a pestana "Máis" e no menú escolledes "Imprimir libro/capítulo":

En breve publicaremos a listaxe de persoas aptas. Ata entón, non deixedes de por en práctica o aprendido. Saúdos!!

Período de presentación:

Esta mesaxe é opcional pero recomendable (aporta transparencia á actividade da BUSC). Non se pode programar porque hai que preparar o arquivo co resultado da Enquisa (aquí as instrucións) e achegalo xunto coa mensaxe.

Modelo Enquisa (Excel)

Modelo Enquisa (PDF)

NON ESQUECER ACHEGAR O FICHEIRO EN FORMATO PDF

Asunto: Listaxe provisoria de alumnado apto

Mensaxe:

Prezado alumnado,

Con data de hoxe, luns día 4 de abril de 2022, faise pública a listaxe provisoria de alumnado apto no curso CI BASICO Ciencias Xurídicas, Políticas e RRLL 21/22, 2ª edición.

Aquelas persoas que desexen formular alegacións poderán facelo ata o vindeiro luns día 11 de abril (incluido), debendo presentar un escrito a través do correo electrónico, que enviarán ao enderezo nome.apelido@usc.es, facendo constar nome e apelidos, titulación e o/s motivo/s da alegación.  

O martes día 12 de abril a listaxe provisoria pasará a ser definitiva, sendo retificada segundo as emendas aceptadas, de ser o caso, e xa non se aceptarán novas alegacións.

Saúdos,

Período de presentación:

Esta mensaxe non se pode programar xa que hai que preparar o ficheiro, pero non será superior a 7 días tras o peche do curso.

NON ESQUECER ACHEGAR A LISTAXE EN FORMATO PDF

Asunto: Listaxe definitiva de alumnado apto

Mensaxe:

Bo día,

tal como anunciamos na mensaxe anterior, hoxe 12 de abril de 2022, a listaxe de alumnado apto elévase a definitiva coas emendas correspondentes. Parabéns a todas/os as/os que superastes o curso!!  

Entre o 15 e o 30 de abril, a Dirección da Biblioteca Universitaria asinará as actas desta actividade. Unha vez asinadas, a USC imputará automaticamente 1 crédito ECTS no expediente daquelas persoas que superaron o curso CI dirixido á súa titulación.  

O alumnado apto recibirá un diploma electrónico acreditativo da superación do curso no correo institucional.

Desexamos que esta formación vos fora de utilidade.  

Xa sabedes que estamos á vosa disposición, tanto na biblioteca como nas redes sociais.

Saúdos!

Período de presentación:

Esta mensaxe non se pode programar xa que hai que preparar o ficheiro, pero non será superior a 7 días tras o envío da listaxe provisoria.

NON ESQUECER ACHEGAR A LISTAXE EN FORMATO PDF

Mensaxes tipo_Nivel avanzado

MENSAXE 1

Asunto: Benvida ao curso " Competencias en Información. Nivel Avanzado. 1ª Ed. Ciencias Xurídicas, Políticas e RR.LL [BUSC.2223.7]  [2022/2023]” 

Mensaxe:

Bo día!  

Hoxe arranca a edición do curso de formación en Competencias Informacionais (CI) de nivel avanzado para Ciencias Xurídicas, Políticas e RR.LL. [2022/2023], desenvolvido pola Biblioteca Universitaria e orientado á elaboración do Traballo de Fin de Grao (TFG).  

A miña compañeira Nome_titora1(engadir enlace mailto:correousc) e máis eu, Nome_titora2 (engadir enlace mailto:correousc), titorizaremos o curso e trataremos de resolver as vosas dúbidas e realimentar a vosa participación.  

Aqueles de vós que vos enfrontades por primeira vez ás CI, non vos preocupedes! Veredes que moitas delas xa as traballades desde hai tempo -aínda que non lles puxerades nome- e que aqueloutras que non coñeciades, vos resultarán tremendamente útis e xa non poderedes prescindir delas. Veremos tamén a importancia de ter adquiridas estas competencias de cara ao mercado laboral.  

Aínda que o acceso aos contidos do curso será aberto e flexible para que cada quen o siga ao seu ritmo, ofrecemos unha “Guía de traballo para o estudante” na que damos uns prazos recomendados a seguir para axudarche a xestionar o tempo.  

Entre hoxe e e mañá, recomendamos ler a descrición do curso e realizar as actividades iniciais. Na primeira delas, Escolle o teu grupo, deberás seleccionar a túa titulación e o último curso no que esteas matriculado (de 1º a 6º). Fíxate ben ao facer a escolla, xa que son excluíntes entre si.

Escolla de grupo Avanzado

Se precisas axuda para desenvolverte no Campus Virtual, consulta o documento “Como moverse polo curso”, que atoparás na sección “Recomendamos...”.  

Comeza a aprendizaxe!!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o primeiro día do curso, e prememos en Activar.

MENSAXE 2

Asunto: Recomendacións para o bo seguimento do curso

Mensaxe:

Bo día,

Apuntamos unha serie de recomendacións para o bo seguimento do curso:

  1. Conéctate con regularidade á aula virtual. (Podes gardar a URL nos favoritos do teu navegador: https://cv.usc.es)
  2. Consulta frecuentemente o teu correo institucional, xa que é alí onde recibirás as mensaxes relacionadas co curso (chequea tamén a carpeta Spam ou Junk mail, xa que poden ir parar alí). Tamén podes vincular a túa conta de correo habitual coa institucional para recibir alí os correos da USC (na seccion de "Recursos de interese" atoparás un titorial sobre como facelo).
  3. Emprega o navegador Mozilla Firefox ou o Google Chrome, xa que son os que mellor soportan a plataforma Moodle (sobre a que se realiza o curso), e mantén actualizado o reproductor de video (mellor o  VLC), o lector de pdf (Adobe Reader), o Java, e o Flash player.
  4. Segue os prazos recomendados na Guía de traballo para o estudante. Neste documento desglosamos a programación das distintas actividades, os materias e exercicios cos que traballar en cada unha delas, o nivel de dificultade, e o tempo estimado que che levará cada unha, así como os obxectivos que se perseguen coa súa realización.

Por último e moi importante, para realizar o curso con éxito os teus datos deben figurar no programa de xestión de persoas usuarias da Biblioteca. Para iso debes ter actualizada a túa Tarxeta Universitaria de Identificación e coñecer as túas credenciais institucionais (usuario rai e contrasinal), xa que as vas necesitar para acceder ao catálogo da biblioteca, entre outras cousas.

Un saúdo!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o primeiro día do curso, e prememos en Activar.

MENSAXE 1

Asunto: Sesión práctica de busca de información e uso do xestor bibliográfico Refworks

Mensaxe:

Bo día,

no marco do curso avanzado CI propoñemos a realización dunha sesión práctica presencial de 2 horas de duración, na que falaremos de:

  • Busca de información, cunha pequena introdución teórica e unha parte práctica de buscas en distintos recursos (1'15 horas)
  • Uso do xestor bibliográfico Refworks, onde veremos as posibilidades que nos ofrece a ferramenta para a xestión da información que atopamos, e a creación das citas e da bibliografía. (45 minutos)

A sesión terá lugar na Aula de informática 1i, da Facultade de CC Económicas e Empresariais o vindeiro mércores 15 de marzo, de 12:00 h a 14:00 h.

A asistencia a esta sesión é opcional mais altamente recomendable para superar con éxito as tarefas de busca de información e citar e crear bibliografía, cuxa superación é requisito para o apto no curso.

Recomendamos ao alumnado que, de ser posible, acuda co seu propio ordenador (na Aula hai 20 PCs, pero poden no ser suficientes). Para que a sesión teña lugar requírese un número mínimo de 10 asistentes, polo que cómpre anotarse enviando un correo a correodatitora@usc.es.antes do martes día 14 de marzo, ás 14 h.

Lembrade, tamén, crear a conta en Refworks antes da sesión.

Saúdos!

Período de presentación:

Realizar sesións presenciais é opcional, pero moi recomendable. En caso de realizalas, estableceremos como data de "Comezo da presentación" unha semana antes da data da sesión presencial, e prememos en Activar.

MENSAXE 2

Asunto: Recordatorio Sesión práctica de busca de información e uso do xestor bibliográfico Refworks

Mensaxe:

Bo día,

Lembrade que pasado mañá, 15 de marzo, realizaremos a sesión práctica de buscas bibliográficas e uso do xestor bibliográfico Refworks.  

A asistencia a esta sesión é opcional mais altamente recomendable para superar con éxito as tarefas de busca de información e citar e crear bibliografía, cuxa superación é requisito para o apto no curso.

A sesión terá lugar na Aula de informática 1i, da Facultade de CC Económicas e Empresariais o vindeiro mércores 15 de marzo de 12:00 h a 14:00 h.

Recomendamos ao alumnado que, de ser posible, acuda co seu propio ordenador (na Aula hai 20 PCs, pero poden no ser suficientes). Para que a sesión teña lugar requírese un número mínimo de 10 asistentes, polo que cómpre anotarse enviando un correo a correodatitora@usc.es.antes do martes día 14 de marzo, ás 14 h.

Lembrade, tamén, crear a conta en Refworks antes da sesión.

Saúdos!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" 2 días antes da data da sesión presencial, e prememos en Activar.

MENSAXE 3

Asunto: Cancelada a sesión práctica de busca de información e uso do xestor bibliográfico Refworks

Mensaxe:

Boa tarde,

Cancélase a sesión práctica presencial de mañá, mércores 15 de marzo, por non alcanzar o número mínimo requirido de asistentes.

Un saúdo.

Período de presentación:

Esta mensaxe non se pode programar. Só a lanzaremos en caso de que haxa que cancelar a sesión.

MENSAXE 4

Asunto: Instrucións para o seguimento do taller de buscas por Teams

Mensaxe:

Bo día,  

Lembrade que pasado mañá, 19 de outubro, realizaremos a sesión práctica de buscas bibliográficas.  

Desenvolverase de xeito presencial obrigatorio para os alumnos da materia Sistema Informativo Contable (na aula …), e por Teams para o resto do alumnado.

Deberedes acudir á aula acompañados do voso ordenador portátil e preferiblemente coa posibilidade de empregar o navegador Firefox.  

Para aqueles que vaiades seguir a sesión a través de Teams, tendes que unirvos ao equipo " Competencias en Información. Nivel Avanzado. ADECO 1ª Ed [BUSC.2223.11] [2022/2023]:

  1.     Abrir a aplicación Teams  
  2.     Premer na icona "Equipos"  
  3.     Na marxe superior dereita, premer en "Unirse a un equipo"  
  4.     Na opción "Unirse a un equipo con un código", introducir: bt48ogp

Intrucions unirse equipo TEAMS

O día da sesión aparecerá, na canle "General", unha reunión e deberedes premer en "Unirse". Non é necesario que habilitedes a cámara, pero sería bó que dispuxérades dun micro, por se queredes intervir ou facer preguntas durante o taller.  

Recomendamos deixar sen facer as tarefas de busca de información e de citas e bibliografía ata despois desta sesión, xa que adoita ser de moita axuda para realizalas con éxito. Lembrade que superalas é requisito para o apto no curso..  

A Biblioteca.

Período de presentación:

Esta mensaxe non se pode programar. Só a lanzaremos en caso de que haxa que cancelar a sesión.

Asunto: Módulo 1 e actividades asociadas

Mensaxe:

Bo día,

Lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, hoxe comeza o prazo recomendado para realizar o Módulo 1 e as actividades que ten asociadas.

O seu obxectivo é que sexas capaz de recoñecer a importancia que ten a adquisición de competencias informacionais/dixitais.

O prazo recomendado para rematalo é o 21 de outubro.

Saúdos!!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.

Asunto: Módulo 2 e actividades asociadas

Mensaxe:

Bo día,

Lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, hoxe recomendamos comezar co módulo 2, cuxo obxectivo é que sexas capaz de elaborar o teu TFG segundo a metodoloxía propia da Universidade, e que sexas quen de elixir o tipo de traballo que máis conveña segundo a túa necesidade.

O prazo recomendado para rematalas é o 25 de outubro.

Saúdos!!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.

Asunto: Descargar contidos en PDF

Mensaxe:

Bo día,

sabede que o acceso aos contidos teóricos da aula permanecerá aberto durante todo o ano pero que, ademais, podedes descargalos en PDF.

Para iso, hai que entrar no libro que se desexa descargar e premer -baixo o título- na pestana "Máis", escollendo no menú "Imprimir libro/capítulo" segundo se desexe:

Agardamos vos resultde de utilidade. Saúdos!

Período de presentación:

Esta mensaxe é opcional, pero recomendable. Estableceremos como data de "Comezo da presentación" un día entre os prazos recomendados dos módulos 2 e 3, e prememos en Activar.

Asunto: Módulo 3 e actividades asociadas

Mensaxe:

Bo día,

Lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, hoxe recomendamos comezar co módulo 3 e actividades asociadas.

O seu obxectivo é que afondes no teu coñecemento dos recursos de información e dos servizos que a USC pon a túa disposición, a través da web da BUSC e das TIC, polo que te animamos a que, se aínda non o fixeches, comeces canto antes a realizar estas actividades para poñerte ao día e que non se che acumule o traballo. O prazo recomendado para rematalas é o 30 de outubro.

Saúdos!!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.

Asunto: Estatística de seguimento do curso

Mensaxe:

Bo día,
case na metade do curso avanzado de CI, estas son as estatísticas do voso seguimento do curso respecto das tarefas que recomendamos ter rematadas:
Fostes 87 persoas as que formalizastes a súa matrícula a través da secretaría virtual:

      >>> 3 pertencedes ao Doble Grao en Dereito_Relacións Laborais

      >>> 1 pertencedes Grao en Criminoloxía

      >>> 29 ao Grao en Dereito, aínda que só 41 escollestes grupo

      >>> 18 ao Grao en Relacións Laborais, dos que 18 escollestes grupo

      >>> 7  ao Grao en Ciencia Política e da Administración, dos que 18 escollestes grupo

      >>> 3 pertencedes a outros grupos

- Respecto das actividades obrigatorias que neste momento do curso recomendamos ter finalizadas, esta é a situación:

  >> Enquisa inicial: respondestes 59 estudantes  

  >> Test de coñecementos previos: 57

  >> Son as CI importantes para a túa empregabilidade?: 44

  >> EX. M3A : 36

  >> EX. M3B : 17

  >> EX. M4A : 12

  >> EX. M4B : 10

  >> EX. M4C : 6

 Animámovos a que esta semana vos poñades ao día coas tarefas; para non sentirvos abafados evitade deixar todo para o final.

Un saúdo e moito ánimo!

Período de presentación:

Esta mensaxe é opcional, pero moi recomendable. Estableceremos como data de "Comezo da presentación" máis ou menos á metade do curso, e prememos en Activar.

Asunto: Módulo 4 e actividades asociadas

Mensaxe:

Bo día,

Lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, hoxe comeza o prazo recomendado para realizar o módulo 4, cuxo obxectivo é que saibas identificar a túa necesidade de información e as mellores fontes onde satisfacela, sendo quen de elaborar unha estratexia de busca eficaz.

Tamén, que coñezas os recursos máis importantes da túa área de coñecemento, e sexas quen de chegar aos contidos dos documentos atopados nesas fontes.

Animámoste a que, se aínda non o fixeches, comeces canto antes a revisar este módulo e a realizar as actividades que leva asociadas. O prazo recomendado para rematalas é o 7 de novembro.     

Saúdos!!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.

Asunto: Imprescindible para o Apto

Mensaxe:

Bo día,

Esta mensaxe é un recordatorio sobre o método de avaliación do curso. Lembrade que a cualificación final será de APTO/A ou NON APTO/A. Para acadar o apto/a será preciso realizar todos os exercicios considerados obrigatorios (indícase ao lado do exercicio) e superar os EXERCICIOS M4A,M4B,M4C, M6A e M6B. As notas serán ponderadas segundo a seguinte táboa:

Curso AVANZADO TFG PONDERACIÓN
TEST COÑECEMENTOS PREVIOS (TCP): Obrigatorio 

Non puntúa

EXERCICIO M1. Escolla: Importancia das CI: Obrigatorio

Non puntúa

EXERCICIO M3A. Escolla: Recibe no movil o correo USC.Obrigatorio Non puntúa
EXERCICIO M3B. Test 7 preguntas: Obrigatorio 0,5
EXERCICIO M4A. Test 8 preguntas. Obrigatorio 1,0
EXERCICIO M4B. Tarefa: Busca en base de datos. Obrigatorio 2,0
EXERCICIO M4C. Tarefa: Práctica noutras base de datos. Obrigatorio 1,5
EXERCICIO M5A. Escolla: Fake news. Obrigatorio Non puntúa
EXERCICIO M5B. Test 7 preguntas. Obrigatorio 0,5
EXERCICIO M6A. Test 6 preguntas. Obrigatorio 1,0
EXERCICIO M6B. Tarefa: Xerar e citar bibliografía. Obrigatorio 2,0
EXERCICIO M7A. Foro: Privacidade en internet. Obrigatorio Non puntúa
EXERCICIO M7B. Test 8 preguntas. Obrigatorio. 0,5

Total actividades módulos : media ponderada de cualificacións

9,0
TEST DE AVALIACIÓN FINAL (TAF) : Obrigatorio 1,0

Total do curso: media ponderada das Actividades dos Módulos e do TAF

10,00

As respostas correctas aos cuestionarios permanecerán ocultas para o alumnado, pero naqueles casos nos que non se superen os exercicios requiridos para o apto no curso, recibirase aviso do titor para que se fagan as correccións oportunas, polo que recomendamos ao alumnado que permaneza atento ao seu correo institucional.

Saúdos!!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" máis ou menos á metade do curso, evitando coincidir 2 mensaxes no mesmo día, e prememos en Activar.

Asunto: Módulo 5 e actividades asociadas

Mensaxe:

Bo día,

Lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, hoxe recomendamos comezar co módulo 5, cuxo obxectivo é que adquiras a competencia para avaliar a información atopada e seleccionar a que mellor se adecúe as túas necesidades.  

Debes aprender a organizar a información e a xestionala coa axuda das ferramentas informáticas existentes.

Animámoste a que, se aínda non o fixeches, comeces canto antes a revisar este módulo e a realizar as actividades que leva asociadas, para poñerte ao día e que non se che acumule o traballo. O prazo recomendado para rematalas é o 13 de novembro.

Saúdos!!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.

MENSAXE 1

Asunto: Estado do completado do curso

Mensaxe:

Bo día,

Como sabedes, para considerar o curso como completado e poder optar á cualificación de apta ou apto, hai unha serie de actividades cuxa realización é obrigatoria.

Para facilitarvos o seguimento destas actividades e que poidades saber en todo momento cales fixestes e cales tedes pendentes, na marxe superior dereita da páxina principal do curso picade en "Estado do completado do curso / Máis detalles".

OLLO! No módulo 7 hai un cuestionario para realizar segundo as normas APA e outro segundo as ISO. Poderedes acceder só a un deles -ao de uso xeral para a vosa rama de coñecemento-; o outro estará oculto.

É por esta razón que vos aparecerá o completado o curso ao 94%, en lugar do 100%, pero isto é correcto, non tendes que facer nada máis.

Doutra banda, algunhas tarefas son corrixidas manualmente polo persoal da Biblioteca, e ata que sexan corrixidas aparecerán como NON COMPLETADAS.

Saúdos!

Período de presentación: Estableceremos como data de "Comezo da presentación" máis ou menos á metade do curso, evitando coincidir 2 mensaxes no mesmo día, e prememos en Activar.

MENSAXE 2

Asunto: Aclaración sobre o completado do curso

Mensaxe:

Bo día,

Estamos a recibir consultas sobre a porcentaxe de completado do curso. Esa información provén de distintos parámetros. No que tendes que fixarvos para a superación do curso  é :

- que teñades todas as tarefas entregadas, incluídas aquelas que non puntúan, pois é obrigatorio realizalas todas

- que aquelas tarefas que están entregadas e requiren corrección por parte dos titores, estén puntuadas. Tede en conta que ata que non se evalúen, non se mostrarán como completadas.

Se inda así  a plataforma non amosa que tendes o 100%, ignorade esa información, pois débese a unha configuración devirada das escollas de grupo, e non afecta á superación do curso. Repasade o apartado Descrición do curso, onde tendes os requisitos para obter o apto.

Un saúdo,

Os titores.

Período de presentación: Esta mensaxe só a enviaremos en caso de ter consultas ao respecto por parte do alumnado.

Asunto: Módulo 6 e actividades asociadas

Mensaxe:

Bo día,

Lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, hoxe recomendamos comezar co módulo 6, cuxo obxectivo é que coñezas os teus dereitos de autor e os dos demais, para compartir a información de forma adecuada.

Tamén persegue que comprendas a importancia de facer un uso responsable, legal e ético da información, citando e redactando as referencias, e evitando así, o plaxio. Para iso, aprenderemos a utilizar a norma APA, coas que practicaremos nos exercicios co fin de familiarizarte co seu uso de cara ao TFG.

Recomendamos comezar canto antes a revisar este módulo e a realizar as actividades que leva asociadas, xa que o uso das normas bibliográficas van requirir unha maior inversión de tempo e esforzo. O prazo recomendado para rematalas é o 16 de novembro.

Saúdos!!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.

Asunto: Módulo 7 e actividades asociadas

Mensaxe:

Bo día,

Lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, hoxe recomendamos comezar co último módulo, o 7, cuxo obxectivo é que saibas manter a salvo a túa identidade e privacidade en Internet, ao mesmo tempo que aprendes a protexer a túa saúde, resolver problemas técnicos , protexer os teus dispositivos e facer un uso responsable da tecnoloxía en relación co medio..

Ademais compartiremos opinións sobre a protección da nosa privacidade en internet a través do Foro, no que agardamos un animado debate.

Animámoste a que comeces canto antes a revisar este módulo e a realizar as actividades que leva asociadas. O prazo recomendado para rematalas é o 18 de novembro.

Saúdos!!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.

Asunto: O curso CI de nivel avanzado remata dentro de 5 días

Mensaxe:

Bo día,

esta mensaxe é para lembrarvos que o curso finaliza o vindeiro martes día 8, así que só quedan 5 días para entregar as tarefas e realizar os cuestionarios.

A día de hoxe sodes 105 estudantes os que comenzastes o curso, pero só 72 persoas rematastes coas actividades que se recomendaba ter feitas nestas datas.

Se vos falta algunha tarefa e tendes dúbidas sobre o seu desenvolvemento, podedes enviarnos un correo a calquera das persoas titoras:

  • nome.apelido@usc.es (indicar as tarefas que corrixe)
  • nome.apelido@usc.es (indicar as tarefas que corrixe)
  • etc.

Comprobade os comentarios ás tarefas na aula e no voso correo institucional (a algún de vós xa vos mandamos mensaxes individuais para que fagades algunha corrección nos exercicios).  

Saúdos!!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" a 5 días para o remate do curso, e prememos en Activar.

Asunto: Actividades finais

Mensaxe:

Bo día!

Lembra que, segundo a  Guía de traballo para o estudante, hoxe recomendamos comezar coas actividades de peche do curso, o Test de Avaliación Final e a Enquisa de satisfacción, cuxo obxectivo é coñecer o grao no que o curso se adaptou ás túas necesidades. Esta é totalmente anónima polo que esperamos a túa sincera opinión para que nos axude a mellorar.  

O prazo recomendado para rematalas é o 20 de novembro, data na que daremos por finalizado o curso.

Un saúdo!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para estas actividades, e prememos en Activar.

Asunto: Peche do curso CI Avanzado

Mensaxe:

Bo día!

A partir das 23:59 h de hoxe, 20 de novembro, damos por finalizado o curso e nun breve prazo publicaremos, -a través desta mesma canle-, a listaxe provisoria de alumnado apto.  

Unha vez publicada disporedes dun prazo de 7 días naturais para formular as alegacións oportunas. Transcorrido ese prazo, a listaxe elevarase a definitiva, incorporando as modificacións que corresponda.

Durante uns días, o persoal da Biblioteca corrixirá as tarefas e exercicios pendentes e, en caso de detectar erros, poderá requirirvos algunha nova entrega, polo que debedes permanecer atentos ao voso correo institucional.

O acceso aos contidos teóricos permanecerá aberto durante todo o o curso académico, pero lembrade que podedes descargalos.

Dito isto, despedímonos. Agardamos que a aprendizaxe vos resulte útil na vosa vida académica e laboral e que poidades sacarlle todo o rendemento posible a estas novas competencias.

Lembrade que sempre podedes acudir á Biblioteca ante calquera necesidade de información que se presente!

Período de presentación:

Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día do peche do curso, e prememos en Activar.

Asunto: Resultado da Enquisa de satisfacción

Mensaxe:

Bo día,

finalizado o curso CI Avanzado, achegamos os resultados da Enquisa de satisfacción, aproveitando para agradecervos a vosa articipación e incluíndo unha breve resposta ás vosas suxestións.

Lembrade que o acceso aos contidos teóricos da aula permanecerá aberto durante todo o ano e que tamén podedes descargalos en PDF, desde o cada libro (baixo o título veredes a pestana "Máis" e no menú escolledes "Imprimir libro/capítulo":

En breve publicaremos a listaxe de persoas aptas. Ata entón, non deixedes de por en práctica o aprendido. Saúdos!!

Período de presentación:

Esta mesaxe é opcional pero recomendable (aporta transparencia á actividade da BUSC). Non se pode programar porque hai que preparar o arquivo co resultado da Enquisa (aquí as instrucións) e achegalo xunto coa mensaxe.

Modelo Enquisa (Excel)

Modelo Enquisa (PDF)

NON ESQUECER ACHEGAR O FICHEIRO EN FORMATO PDF

Asunto: Listaxe provisoria de alumnado apto

Mensaxe:

Prezado alumnado,

Con data de hoxe, luns día 4 de abril de 2022, faise pública a listaxe provisoria de alumnado apto no curso CI AVANZADO Ciencias Xurídicas, Políticas e RRLL 21/22, 2ª edición.