1. O persoal autorizado de cada biblioteca accederá á Secretaría Virtual para Docentes
2. Pinchar en Actas de Actividades
3. Escoller o Curso académico adecuado (por exemplo, 2018- 2019)
4. No caso de ter varios cursos, seleccionar unha das Actas e premer en "Editar a acta seleccionada"
5. Comprobar que o "Estado" da acta é Aberta, e que o número de alumnos/as sexa o correcto.
Marcar os Aptos da listaxe (facer un check no recadro), tendo en conta que pode haber máis dunha páxina (en cada páxina hai un máximo de 30 estudantes). Os alumnos que non teñan o check marcado quedan automaticamente cun Non apto cando se pecha a acta.
Ollo! Cada páxina que se cubra é necesario gardala (pinchando en Gardar) antes de pasar á seguinte (se non pinchamos en Gardar pérdese o traballo xa realizado).
Cubrir deste xeito todas as páxinas ata completar o alumnado desa Actividade.
6. Na páxina inferior de cada páxina dunha acta aparecen as seguintes opcións
Unha vez pinchado en “Pechar Acta” conclúe o noso traballo con respecto á Acta desa actividade.
Un erro na acta significa ter que xerar unha nova acta para corrixir ese erro. Debemos ser moi coidadosos ao seleccionar as persoas aptas. Recoméndase imprimir as listaxes antes de pechar a acta e comprobar que coinciden coa listaxe definitiva do noso curso. |
É necesario cubrir tantas Actas como actividades teñamos.
O "Estado" da acta mudará de "Aberta" a "Pechada" e, unha vez asinada pola responsble académica pasará a "Finalizada". A partir deste momento xeraránse os diplomas en Xescampus e xa poderán ser descargados pola Xefatura de Servizos para ser enviados aos centros.