Ir ao contido principal

Manual de Formación en Competencias en Información da BUSC

Manual FUBUSC

1. Onde estarán os datos

Cada biblioteca terá unha CARPETA en FUBUSC (identificada co código correspondente á mesma), dentro de Datos Globais > Estatísticas Globais 2022-2023 :

   

Dentro da carpeta Estatística globais haberá unha carpeta co código de cada biblioteca (01,02,03, ...) e dentro desta atoparedes dous ficheiros:

  1. Documento Excel: CÓD_DatosXerais.xlsx onde se cubrirán algúns datos.
  2. Carpeta: Ficheiros descargados, para gardar ficheiros exportados de Moodle.       

                                                       

A ENQUISA FINAL refírese ao documento que nos cursos chamamos AXÚDANOS A MELLORAR.

2. Que imos introducir na carpeta

Os datos a cubrir do ficheiro excel son mínimos e estarán en 2 LAPELAS:

LAPELA1: DatosXerais

  • No apartado 1, só cubriremos as celdas marcadas en GRIS, todas as demáis cubriranse automáticamente. 
  • No apartado 2. Cubrirase a táboa final desta folla cos datos que nos amosa Moodle.Son os resultados da consulta realizada no curso.
  • Nos apartados 3, 4 e 5. Só se exportarán os ficheiros de Moodle: TCP, TAF, Enquisas (inicial e final) e Cualificacións.

Nesta táboa engádense vídeotitoriais de axuda para realizar o proceso de exportación dos datos das enquisas, test e cualificacións e alumnado por grupos.

LAPELA 2. IND.APRENDIZAXE

Nesta pestana atoparemos unha táboa con pregunas/exercicios dos distintos módulos do curso dos que teremos que extraer dous indicadores, nalgúns casos a media do grupo e noutros o índice de facilidade. Na táboa podedes acceder ao videotitorial para axudarvos a obter estes datos, amósase un exemplo no caso de ter que extraer a media do grupo e tamén outro no que o dato que se precisa é o índice de facilidade. 

Visualiza o video para saber cómo extraer os datos que hai que cubrir nesta táboa.

Na carpeta "Ficheiros descargados" introduciremos as exportacións de Moodle dos seguintes exercicios:

- Como descargar?

  1. CUALIFICACIÓNS
  2. ENQUISA INICIAL 
  3. ENQUISA FINAL 
  4. TCP 
  5. TAF
  6. GRUPOS 

Estos exercicios exportaranse en EXCEL, haberá que escoller este formato no momento en que se vaia realizar a exportación. 

É importante que os ficheiros teñan os mesmos nomes en tódalas bibliotecas, só se diferenciarán polo código final, que será o código correspondente á biblioteca de cada un. 

  • CUALIFICACIONS_01
  • CUALIFICACIONS_02


COMO SE EXPORTAN OS DATOS?

No seguinte video pódese visualizar o proceso a seguir para realizar a exportación de CUALIFICACIÓNS, a modo de exemplo.

Para todos os demáis datos que se necesitan cubrir e tamén aqueles que hai que descargar tedes o proceso nos VIDEOTITORIAIS que atoparedes tanto nesta guía como na carpeta xeral de Estatísticas globais 2022-2023 > VIDEOTITORIAIS.