Ir ao contido principal

Manual de Formación en Competencias en Información da BUSC

Manual FUBUSC

Gráficas para informes individuais das bibliotecas

A recollida destas estatísticas ten como finalidade realizar un informe final da formación impartida pola BUSC de Competencias en Información. O proceso que se detalla nesta guía permite a maiores que se poidan aportar gráficas específicas cos datos que cada biblioteca recolleu e así servir para posibles informes individuais a elaborar en cada centro. 

O documento excel que aporta máis gráficas, a maiores das que xa se dan no documento de Datos Xerais, estará só dispoñible unha vez que remate o periodo de recollida de datos, avisarase da súa consulta por correo electrónico a tódalas bibliotecas. 

No seguinte video podedes ver a estrutura deste documento excel que se xera automáticamente grazas aos datos almacenados na carpeta de Ficheiros descargados.