Para cada actividade e recurso podemos establecer as condicións que definen cando se consideran completadas polo estudante.
Cando cumpre cos criterios establecidos, esa actividade ou recurso aparece como “Feito”. Por exemplo, cando o alumno deixa unha mensaxe nun Foro, cando recibe unha cualificación nun cuestionario, cando visualiza un Libro ou cando responde a unha Consulta.
Como se configura?
O primeiro paso é activar o rastreo de finalizción nos axustes xerais do curso:
3. Premer en Gardar e presentar.
O seguinte paso será configurar nos axustes de cada actividade e recurso as condicións que debe cumprir o estudante para que se considere completado:
Dependendo do tipo de Actividade, existen diferentes requisitos de finalización. Por exemplo, os Recursos só dispoñen do requisito de ser visto, un Cuestionario pode ter o requisito de esixir unha cualificación ou esgotar os intentos dispoñibles, mentres que un Foro pode ter o requisito de esixir un número de mensaxes, discusións ou respostas.
Se, por exemplo, un cuestionario cun único intento contén preguntas que se autocualifican e outras que debe cualificar o profesorado e desexamos que o alumnado vexa completado ese cuestionario cando responde a todas as preguntas e finaliza a entrega, sen ter que agardar á cualificación do profesorado, debemos escoller a opción de completado "Require cualificación/Ou todos os intentos dispoñibles completados". Así, ao entregar ese único intento, Moodle mostrará ese cuestionario como completado.
O estudante pode revisar o estado de finalización das súas actividades de tres formas:
1. No menú de navegación do curso.
2. Dentro de cada Actividade ou Recurso.
3. Na páxina principal da aula, se o define o profesor.
4. A través do bloque Estado do completado do curso. (Ver instrucións de configuración).
O profesorado pode establecer manualmente o completado das actividades do alumnado, a través do menú Informes/Completado da actividade. Este informe mostra unha táboa onde as filas as conforma o alumnado, e as columnas as actividades deseñadas como obrigatorias para o completado do curso.
Para marcar unha actividade como completada para un estudante, abonda con localizar a esa persoa na listaxe empregando as letras iniciais do nome e primeiro apelido, e a actividade a completar. Picamos sobre ela e confirmamos que queremos pasar o seu estado a Completada, premendo en Gardar os cambios.
A nova versión de Moodle permite ao alumnado ver a porcentaxe na que ten completado o curso entrando no menú "Os meus cursos" do Campus Virtual, na páxina que mostra a relación das actividades formativas nas que está matriculado o alumnado.
Para que isto se mostre é requisito previo que cada aulas estea configurada para mostrar o Seguimento do completado do curso, tal como vimos no apartado Como sabe Moodle que unha actividade foi completada?
Pero para que o alumnado poida ver a relación de actividades que se lle requiren para completar o curso CI e cales delas ten entregadas e cales non, existe a posibilidade de agregar nas aulas o bloque denominado "Estado de completado do curso". Os pasos son:
1. Configurar o Completado do cursos. Desde a páxina principal da aula, prememos en Más / Completado de cursos.
2. Na relacion de Condicións, seleccionamos unha a unha as actividaes e recursos obrigatorios para dar o curso por finalizado.
3. Inserir o bloque Estado de completado do curso. Activada a edición, no menú lateral da dereita aparece a opción "Engadir bloque". Da relación que ofrece escollemos Estado de completado do curso. Arrastraremos este bloque ata que apareza situado no máis alto da columna, de forma que sexa facilmente localizable para o alumnado.
Desde a páxina principal da aula o alumnado poderá acceder a esta información picando en "Mäis detalles", tal como se lle informa a través do Foro de novas. (Ver mensaxe do Foro de novas)
O COMPLETADO NON CHEGA AO 100%, A QUE SE DEBE?
O alumnado que entrega todas as tarefas pode percibir que o seu completado do curso non chega ao 100%. Nestes casos adoitan inquietarse e preguntar se houbo problemas na entrega da tarefas.
Debemos tranquilizalos e explicarlles que pode deberse a distintas causas. (Ver mensaxe do Estado de completado dos cursos no Foro de novas).
Pode deberse a disitntas causas:
- Actividades configuradas para mostrarse completadas unha vez cualificadas. Nas aulas con moito alumnado pode haber retrasos nas cualificacións das tarefas e, entre tanto, o alumnado pode inquietarse e preguntar se houbo problemas na entrega da tarefa, xa que lle aparece como non completada, e a pesar de ter todo entregado aparecélle unha porcentaxe de completado do curso menor do 100%.
O COMPLETADO NON CHEGA AO 100%, A QUE SE DEBE?
O alumnado que entrega todas as tarefas pode percibir que o seu completado do curso non chega ao 100%, especialmente nesta nova versión de Moodle, que xa o mostra nada máis acceder ao Campus Virtual.
Nestes casos adoitan inquietarse e preguntar se houbo problemas na entrega das tarefas.
Debemos tranquilizalos e explicarlles que pode deberse a distintas causas. (Ver mensaxe do Estado de completado dos cursos no Foro de novas).
Estas causas son:
A información sobre o progreso e a finalización das actividades non se actualiza instantaneamente. |