Co fin de darlle uniformidade ao documento resultado das Enquisas de satisfacción, establécense as seguintes pautas:
1. Descargar os resultados da enquisa desde a pestana de Análise / Exportar a Excel.
2. Abrir o Excel descargado e darlle formato seguindo o documento "Modelo Enquisa Satisfaccion_Nivel básico" ou "Modelo Enquisa Satisfaccion_Nivel avanzado", segundo corresponda. Para iso pódese empregar a ferramenta de Excel "copiar formato".
3. O Excel xa descarga a data de recollida dos resultados e o nº respostas entregadas. Engadiremos o nome da actividade e eliminaremos a información e columnas que sobren.
4. As celas destacadas en fondo azul son as que conteñen o valor máis alto respecto da porcentaxe de respostas. En caso de empate, marcaremos tantas celas como corresponda.
5. Para a valoración da atención recibida por parte dos titores, agruparemos as respostas nunha única cela para os valores 1-2. Para a cualificación que o alumnado lle da ao curso agruparemos as respostas nunha única cela para os valores 0-4, 5-6 e 9-10, sumando o nº de respostas e as porcentaxes nas celas correspondentes.
Se temos 17 respostas para o valor 9, e 10 respostas para o valor 10, na cela 9-10 poremos a suma das respostas: 27. Coas porcentaxes faremos o mesmo (se o 18% respondeu 9, e o 11% respondeu 10, o valor da cela para a porcentaxe 9-10 será 29%).
Se tiñamos estes datos:
Debemos agrupalos para que quede así:
6. Por último, para cada aportación do alumnado (queixa, suxestión, agradecemento...) daremos unha resposta. Se hai varias aportacións nunha mesma liña ou sobre o mesmo asunto, agruparémolas para poder respondelas todas nunha única cela de resposta.
A linguaxe debe ser formal pero facilmente comprensible para o alumnado. Trataremos de reutilizar respostas de edicións anteriores ou mesmo doutras bibliotecas co fin de normalizar o estilo e o contido, ofrecendo respostas coherentes cunha mesma liña institucional, posto que falamos en nome da BUSC.
7. Finalizado o formatado do Excel pasarémolo a PDF empregando a ferramenta "Arquivo / Imprimir / Microsoft Print to PDF". Pódese consultar o documento "Resultado (PDF)_Nivel básico" ou "Resultado (PDF)_Nivel avanzado" como mostra da apariencia que debe ter o informe que se subirá a Minerva.