Ir ao contido principal

Manual de Formación en Competencias en Información da BUSC

Manual FUBUSC

Creación de grupos

A creación de Grupos e Agrupamentos (grupos de grupos) en Moodle pode ter distintas utilidades:

  • enviar mensaxes diferentes segundo o grupo de alumnado (pola titulación á que pertenzan, se organizamos sesións presenciais para grupos reducidos...)
  • permitir ou restrinxir o acceso a determinados contidos ou actividades segundo o grupo de pertenza (itinerarios formativos)
  • xestionar as cualificacións separadamente por titulacións, por curso dentro dunha titulación ...  (Ver Xestión das cualificacións)
  • extraer datos estatísticos
  • etc.

CREAR GRUPOS

Esta ferramenta serve para clasificar aos participantes dun mesmo curso en distintos grupos segundo as nosas necesidades á hora de, por exemplo, enviarlles mensaxes por separado, ou para crear itinerarios distintos e recoller as estatísticas en función da titulación á que pertencen.

Se creamos un grupo co alumnado que anulou a matrícula no noso curso podemos restrinxir os Foros da nosa aula para que este grupo non teña acceso e, así, evitar que reciban as mensaxes que lanzamos ao resto de participantes.

Tamén podemos deseñar unha actividade para que só o alumnado dunha titulación teña acceso a ela, e impedir que aos doutras titulacións  lles apareza entre as actividades a realizar.

  • PASOS PARA CREAR GRUPOS EN MOODLE
  1. Desde o menú superior de navegación debemos premer en Participantes e, na escolla da esquerda seleccionar a opción Grupos.
  2. Aparecerán dús caixas:
    1. A da esquerda contén a listaxe dos grupos existentes na aula, que se poden editar ou eliminar, premendo sobre eles e escollendo a opción correspondente, debaixo da caixa.
    2. Se prememos nun dos grupos existentes, na caixa da dereita aparecerá a listaxe de membros dese grupo, en caso de que foran introducidos previamente. Baixo esta caixa aparece a opción de Engadir/retirar usuarios, na que debemos premer para executar unha destas accións.
  3. Cando precisemos que sexa o propio alumnado quen se integre nun grupo, en lugar de engadir a cada membro desde a biblioteca, empregaremos unha actividade de tipo "Escolla de grupo".

 

PASO 1

Crear grupo-Paso1

 

PASO 2

Crear-grupo02 

 

PASO 3

Crear-grupo3

 

PASO 4

Crear-grupo4

CREAR AGRUPAMENTOS

Nalgúns casos pode ser interesante xuntar aos membros de dous ou máis grupos dentro dun máis grande, un agrupamento que os recolla a todos.

Isto ocorre, por exemplo, para os nosos exercicios relacionados coas normas de citación, aos que queremos dar acceso ao alumnado de distintas titulacións.

O alumnado de cada titulación está dentro do grupo correspondente a esa titulación. Por exemplo, ADE, Economía, Psicoloxía, Ciencia Política, etc. Pero nós queremos que ao exercicio que ten que ver con citar en etilo APA teña acceso o alumnado de todas estas titulacións.

Poderiamos dar acceso a esta actividade a cada un dos grupos, un por un. Ou ben, sendo máis eficientes, metelos todos nun Agrupamento, e dar acceso (unha soa vez) a este agrupamento.

  • PASOS PARA CREAR UN AGRUPAMENTO
  1. O primeiro paso será ter creados os grupos que queremos integrar no agrupamento.
  2. Na pestana Participantes, do menú superior de navegación, escollemos Agrupamentos, e picamos en Crear agrupamento.
  3. Asignaremos un nome ao agrupamento e, opcionalmente, unha descrición. Prememos en Gardar os cambios.
  4. Por último, prememos na icona de Grupos e seleccionamos na caixa da dereita os grupos que queremos engadir ao Agrupamento. Este procedemento é idéntico para retirar grupos dun agrupamento, seleccionándoo na caixa esquerda, e premendo en Retirar.
 
PASO 1

Crear-agrupamento1

 

PASO 2

Crear-agrupamento2

 

PASO 3

Crear-agrupamento3

 

PASO 4

Crear-agrupamento4

Crear-agrupamento5

Escolla de grupo

Moodle ofrece esta actividade para que sexa o alumnado quen escolla o seu grupo de pertenza, evitando así que sexa o profesorado o que teña que introducir un a un aos membros de cada grupo.

Os pasos para configurala son os seguintes:

1. Engadir a actividade Elección de grupo (como paso previo teñen que estar creados os grupos)

2. Escoller un título (Nome do grupo de escolla) para esta actividade (Escolle a túa titulación, etc...). Pódense dar instrucións ao alumnado no campo Descrición e facer que sexan visibles desde a páxina principal da aula, antes de que fagan clic na escolla.

3. Seleccionar da caixa da esquerda (grupos dispoñibles) os grupos que se desexan poñer á disposición do alumnado para facer a escolla, e engadilos á caixa da dereita (grupos seleccionados). Desde esta mesma opción pódense retirar grupos dunha actividade de escolla.

4. Cómpre configurar o completado da actividade se desexamos asegurarnos de que o alumnado faga esta escolla. Así aparecerá como pendente no Estado de completado do curso e, en caso de estar vinculada a unha actividade posterior (por exemplo, o test final), esta non poderá realizarse ata que se complete a escolla .

 

Crear-escolla-grupo1

Crear-escolla-grupo2

 

Pode ocorrer que algún/ha estudante erre ao escoller o seu grupo. Neste caso deberá avisar á biblioteca.​ A persoa titora eliminará esa elección e o/a alumno/a terá que facer de novo a escolla para que Moodle entenda a escolla como completada.

Itinerarios formativos

QUE SON E PARA QUE SE USAN?

- Distintas necesidades segundo os grupos (dar acceso a distintos contidos segundo o grupo ao que se pertenza)

- Modo de grupo en cada actividade

- Vincular actividades (completado das actividades para acceder a outras) Enlazar cos apartados correspondentes do manual.

EXEMPLOS DE ITINERARIOS FORMATIVOS

Para comprender mellor a utilidade da creación de grupos para o deseño de distintos itinerarios formativos dentro dunha mesma aula, imos poñer o exemplo da aula de Ciencias Sociais e Xurídicas.

Esta aula estará integrada polo alumnado dos graos de Dereito, CC Política, ADE e Xornalismo, entre outros.

A nivel básico, os cursos conteñen un cuestionario acerca do estilo de citas empregado segundo a titulación. En Dereito este estilo ven determinado pola norma ISO, pero para o resto de titulacións serán as normas APA as que prevalezan.

A nivel avanzado, no Módulo 4 Buscar información ofrecemos un libro titulado PARTE 2: Buscar na web da BUSC en cuxo apartado 1.2 a) Bases de datos presentamos distintos recursos segundo a titulación de que se trate, xa que en Dereito, por exemplo, necesitan consultar unhas bases de datos distintas das que se necesitan en Xornalismo, e á inversa. Para cada titulación falararemos das bases de datos propias desa área de coñecemento.

QUE NECESITAMOS?

  1. Crear un grupo para cada titulación

Crear grupos

 

2. Que sexa o propio alumnado quen escolla o seu grupo, especialmente se temos unha soa aula cun nº elevado de alumnado.

Para isto temos que engadir na aula unha actividade de Escolla de grupo.

EScolla de grupo

3. Agrupar aqueles grupos que compartan unha mesma necesidade (p. ex., graos que empregan un mesmo estilo de citas)

Agrupamentos en Moodle

 

4. No nivel básico, replicaremos a actividade cuestionario para que ambos teñan as mesmas características en canto á descrición, límite de tempo, nº de intentos...

Unha vez replicada, hai que editar a proba e cambiar as preguntas da ISO polas da APA, borrando as primeiras e engadindo as segundas desde o Banco de preguntas.

**Na aula repositorio actualmente se ofrecen ambas actividades, polo que en caso de importar os contidos desta aula, basta con configurar o acceso de cada grupo segundo corresponda.

Duplicar cuestionario

 

5. No nivel avanzado, replicaremos o libro que contén unha parte común e outra específica, tantas veces como contidos distintos necesitemos (se as 4 titulacións consultan bases de datos distintas, necesitaremos 4 copias deste libro). Nomearemos o libro de tal forma que nos permita distinguilo dos outros.

Duplicar libros en Moodle

 

5. Creados os libros, restrinxiremos o acceso a cada un deles para que só o alumnado do grupo ou agrupamento que corresponda poida velo e acceder a él, facendo que permaneza agochado para o resto do alumnado.

Restrinxir acceso libro Moodle

Restrinxir o acceso aos Foros

Se recibimos queixas do alumnado que anulou a matrícula e segue recibindo as mensaxes dos Foros das nosas aulas configurados co modo de subscrición forzosa, ou do profesorado de Grao que quixo ter acceso ao curso pero non desexa recibir estas mensaxes, podemos solucionalo restrinxindo o acceso aos Foros para este grupo de persoas:

  1. Crear un grupo e nomealo de forma que o identifique. Por exemplo, "Restricción Foros".

Grupo para restrinxir o acceso aos Foros

2. Engadir ás persoas membro dese grupo.

Para isto hai que seleccionar o grupo e premer en "Engadir/Retirar usuarios" (baixo a ventá da dereita). Aparecerán de novo dúas ventás. A da dereita contén aos membros potenciais (todos os participantes do curso), e baixo ela hai un botón para buscar ás persoas que nos interesan. Unha vez localizadas (polo apelido) as seleccionamos e prememos en "Engadir", para que pasen á ventá da esquerda, na que se visualizan os membros do grupo.

O profesorado de Grao terá correo @usc.es.

 

3. Ir aos axustes de cada Foro con suscrición forzosa e engadir unha restricción para este grupo, do tipo "O alumno non debe pertencer ao Grupo Restricción Foros".

**Recoméndase non aplicar esta restricción ao Foro de novas para o profesorado de Grao, xa que a maioría das veces é o único seguimento que fan do curso.

GRUPOS PARA O CURSO 2023_2024

Móstranse como exemplo os grupos empregados no curso 2023/2024, pero estes grupos poden variar dun ano académico para o outro, polo que cómpre revisar sempre o Manual CI do ano en curso.


GRUPOS 2023/2024

Os grupos mínimos a crear en todas as aulas CI, de cara á recollida de datos estatísticos serán:

Nivel básico Nivel avanzado
Titulación1_1º curso Titulación1_Ultimo curso ou TFG
Titulación1_Outros cursos Titulación1_Outros cursos
Titulación2_1º curso Titulación2_Ultimo curso ou TFG
Titulación2_Outros cursos Titulación2_Outros cursos
Titulación3_1º curso Titulación3_Ultimo curso ou TFG
Titulación3_Outros cursos Titulación3_Outros cursos
Titulación4_1º curso Titulación4_Ultimo curso ou TFG
Titulación4_Outros cursos Titulación4_Outros cursos
etc. etc.

ESCOLLA DE GRUPO NO CURSO 2023/2024

Nivel básico Nivel avanzado
Se estudas 1º curso de Grao, escolle aquí a túa titulación

Se estás matriculado en último curso do Grao

ou no TFG, escolle aquí a túa titulación

  • Titulación1_1º curso
  • Titulación1_Ultimo curso ou TFG
  • Titulación2_1º curso
  • Titulación2_Ultimo curso ou TFG
  • Titulación3_1º curso
  • Titulación3_Ultimo curso ou TFG
  • Titulación4_1º curso
  • Titulación4_Ultimo curso ou TFG
Se estudas 2º curso ou superiores, escolle aquí a túa titulación

Se non estás matriculado en último curso do Grao

ou nin no TFG, escolle aquí a túa titulación

  • Titulación1_Outros cursos
  • Titulación1_Outros cursos
  • Titulación2_Outros cursos
  • Titulación2_Outros cursos
  • Titulación3_Outros cursos
  • Titulación3_Outros cursos
  • Titulación4_Outros cursos
  • Titulación4_Outros cursos

Nas aulas dirixidas a unha ou dúas titulacións pode simplificarse a escolla cunha única actividade na que se ofrezan todas as opcións de escolla de grupo xuntas:

Nivel básico Nivel avanzado
  • Titulación1_1º curso
  • Titulación1_Ultimo curso ou TFG
  • Titulación1_Outros cursos
  • Titulación1_Outros cursos
  • Titulación2_1º curso
  • Titulación2_Ultimo curso ou TFG
  • Titulación2_Outros cursos
  • Titulación2_Outros cursos