Ir ao contido principal

Manual de Formación en Competencias en Información da BUSC

Manual FUBUSC

GUIA DOS PASOS A SEGUIR

De forma moi esquemática indicamos os pasos a seguir para cubrir as estatísticas:

  1. Entra en FUBUSC - Datos Globais > Estatísticas 2022-2023 ou Estatísticas 2023-2024.
  2. Preme na carpeta da biblioteca que che corresponde identificada co código da túa biblioteca.
  3. Preme no documento excel Datos Xerais
    1. Na 1ª LAPELA, cubre os apartados 1 e 2. Para cubrir o apartado 1, lembra solicitar os datos ao Decanato da túa Facultade. Para cubrir o apartado 2 terás que coller os datos do gráfico que sae en Moodle.
    2. Na 1ª LAPELA tamén che indica (apartado 3,4,5) que terás que exportar de Moodle os seguintes exercicios: test de coñecementos previos, test de avaliación final, enquisa inicial, enquisa final e as cualificacións (podes atopar na carpeta Videotitoriais axuda para realizar estas exportacións). Deberás gardar os ficheiros exportados na carpeta "Ficheiros descargados" dentro da carpeta da túa biblioteca.
    3. Na 2ª LAPELA deberás cubrir os indicadores de aprendizaxe, para isto, recomendamos ver o videotitorial correspondente a este apartado.

Calquera dúbida, non deixes de escribirnos ou poñerte en contacto por teléfono co persoal do grupo de estatísticas.