Este exercicio corríxese en termos de APTO/NON APTO.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
- Inserir correctamente as 3 citas
- Empregar correcto e coherente do formato APA 7ª ed. (aceptamos 6ª ed)
- Xenerar automaticamente a bibliografía final
MENSAXERÍA
- Dous días despois do prazo recomendado para comezar este módulo na Guía de traballo para o estudante, publicaremos unha 1ª mensaxe no Foro de dúbidas cos erros máis frecuentes e os consellos para que as persoas non aptas refagan esta tarefa e a entreguen de novo, no prazo máximo dunha semana, posto que esta é das últimas tarefas do curso e non da tempo a corrixir. Ollo! sen facerlles o exercicio. Ver sección Proposta de 1ª mensaxe.
- Nesta mensaxe recordarémoslles que superar esta tarefa é requirido para o APTO no curso.
- Incluiremos un parágrafo para recordar que só se admiten formatos de texto que se poidan editar como .doc, .docx ou .odt (o PDF non é válido).
- Tres días antes de que remate o curso lanzaremos unha 2ª mensaxe no Foro, recordando ás persoas cualificadas con NON APTO que remata o prazo para o 2º intento. Agregaremos un parágrafo advertindo ás persoas que aínda non entregaron que só disporán dun intento, posto que o curso remata en 3 días.
Daremos, por tanto, 2 oportunidades en total para superar esta tarefa (2 envíos), xa que non superala supón o NON APTO no curso.
PROPOSTA DE 1ª MENSAXE
Bo día,
esta mensaxe vai dirixida a aquelas persoas que recibiron a cualificación de NON APTAS na tarefa M6B. PRÁCTICA CITAR E XERAR BIBLIOGRAFÍA. Como sabedes, superar esta tarefa é requisito para optar ao APTO no curso avanzado CI.
É por esta razón que facilitamos, por esta canle, unha serie de consellos para que refagades a tarefa e poidades superala. Tede en conta que debedes entregar este 2º intento antes do 17 de novembro (as persoas que entreguedes despois desta data só disporedes dun intento, dado que o curso remata o día 20 e non da tempo a corrixir).
En xeral, a razón pola que non podemos dar por superado este exercicio é que as citas e/ou as referencias non permiten localizar a fonte utilizada (o apelido das persoas autoras non é o que corresponde, faltan os datos da revista ou do libro nos que se inclúe o artigo/capítulo ...).
A clave para traballar con RefWorks é revisar ben as referencias e editalas no momento na que as integramos ao xestor.
Lembrade que para esta tarefa só se admiten formatos de texto que se poidan editar como .doc, .docx ou .odt (o PDF non é válido).
Enumeramos os erros máis frecuentes para que poidades corrixilos e superar a tarefa:
1) Nos autores latinos APA recomenda empregar os dous apelidos cando os citamos, e empezar polo 1º apelido. O modelo de cita en APA é (Apelido 1 Apelido 2, ano, p. XX-YY)
2) Ao igual que nas citas, nas referencias cando hai 2 autores únense pola conxunción y/e/& segundo o idioma que empreguemos.
3) Non se inclúe aos prologuistas, tradutores, etc.
4) A entrada das autoras dun libro, cando referenciamos un capítulo, deben ser na orde: Inicial do nome Apelido1 Apellido2...
5) Faltan os datos da revista (volume, nº, url...) ou están mal identificados segundo o formato que pide APA (falta a cursiva no título, o número non vai entre parénteses...)
6) Faltan os datos do libro (editoras, título...) ou están mal identificados segundo o formato que pide APA (falta a partícula En, a cursiva no título, ...)
7) ...
Lembra que o obxectivo das citas e das referencias é que as persoas que accedan ao noso traballo poidan consultar as fontes que estamos citando.
Revisa os contidos do módulo 6 e se tes dúbidas non deixes de acudir á Biblioteca.
Saúdos,
Nome da persoa titora.
CANDO SE ENVÍA?
2 ou 3 días despois de que abra o prazo recomendado para este módulo.
Neste exemplo, o prazo comeza o 10 de novembro, polo que a mensaxe se enviaría ao Foro de dúbidas o 13 de novembro.
PROPOSTA DE 2ª MENSAXE
Bo día,
Esta mensaxe vai dirixida as persoas que recibiron a cualificación de NON APTAS ou que aínda NON ENTREGARON a tarefa M6B. Práctica de citar e xerar bibliografía. Lembrade que o prazo de entrega do 2º intento, remata mañá, 17 de novembro ás 23.59h.
Aquelas persoas que aínda non entregáchedes a tarefa disporedes dun único intento, posto que o curso remata en 3 días.
Como xa sabedes, superar esta tarefa é requisito para optar ao APTO no curso avanzado CI.
Revisade os contidos do módulo 6 e as recomendacións do aviso do Foro de dúbidas do día 13.11.2023. Se tendes dúbidas, non deixedes de acudir á Biblioteca.
Saúdos,
Nome da persoa titora.
CANDO SE ENVÍA?
3/4 días antes de que remate o curso.
Neste exemplo, o curso remata o día 20, polo que a mensaxe se enviaría ao Foro de dúbidas o 16 de novembro.