FINALIDADE
A Guía de traballo para o alumnado é un documento que recolle a programación das distintas actividades, os materiais e exercicios cos que traballar en cada unha delas, o nivel de dificultade, e o tempo estimado que leva cada unha, así como os obxectivos que se perseguen coa súa realización.
Os prazos incluídos nesta guía son sempre recomendados. Os contidos e actividades están dispoñibles durante toda a duración da actividade, pero damos prazos recomendados para axudar ao alumnado a xestionar o tempo. (Ver Foro de novas / Mensaxes tipo) |
O Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA) recomenda dispoñer dun documento coma este nas ensinanzas en liña como ferramenta de contacto constante e frecuente co alumnado. É un modo de facernos presentes na contorna virtual.
COMO SE USA
Para cada curso CI contaremos cunha guía na que estableceremos os prazos recomendados para realizar os distintos módulo e actividades. A través do Foro de novas comunicaremos ao alumnado estes prazos recomendados, programando o envío das mensaxes segundo as instrucións deste manual. (Ver apartado Foro de novas).