Ir ao contido principal

Manual de Formación en Competencias en Información da BUSC

Manual FUBUSC

1. Agochar as actividades

Unha vez finalizado o prazo para a entrega das actividades e tarefas por parte do alumnado, na data do peche do curso, procederemos a agochar todas e cada unha delas na nosa aula, incluíndo as etiquetas que as preceden.

Agochar_para_alumnado

Desta forma manteremos a aula aberta para que o alumnado poida acceder aos contidos teóricos e información complementaria sen ter a necesidade de descargalos e/ou imprimilos.

As aulas consérvanse no Campus Virtual por un período de 3 anos.