Ir ao contido principal

Manual CI : actualización curso 2024/2025

As aulas repositorio e as réplicas

FINALIDADE

  • Para este curso 24/25 a BUSC dispón no Campus Virtual da USC de dúas aulas modelo, unha para o nivel básico e outra para o nivel avanzado.
RECORDATORIO: Non se trata dunha aula matriz ao uso, xa que a súa finalidade non é importar directamente (replicar) o seu contido completo nas aulas definitivas (réplicas), senón ofrecer un índice de contidos (estrutura) e un almacén de contidos do que importar os materiais, puidendo ser adaptados ás necesidades de cada centro en caso de ser necesario (itinerarios).

FASES DE TRABALLO (para ampliar a información, ver o Manual CI da BUSC)

  1. Reparto dos módulos e actividades a revisar entre os centros.
  2. Unha vez dispoñible o Campus Virtual (CV) do curso académico seguinte, a creación das Aulas (réplicas) é automática -prodúcese no momento en que haxa unha primeira persoa matriculada nesa actividade formativa.
  3. Solicitude ao CeTA de matrícula dos titores que van levar a formación en CI en cada centro.*Recoméndase solicitar tamén que se matricule alguén da biblioteca como estudante para que proben a aula, así como ao profesorado das materias que vinculan o curso CI na guía docente, se se da este caso.
    1. Persoal da BUSC co rol de alumno (aulas de probas) Só 1ª edición (na 2ª ed. replicaremos as aulas da 1ª ed.).
    2. Persoal da BUSC nas aulas definitivas.
  4. Unha vez contamos con estas aulas, debemos seguir os pasos que se indican no apartado Réplicas (aulas das accións formativas).

FASES DE TRABALLO

  1. Importar os contidos. Este ano hai importantes novidades:

  • Nivel básico: a coordinación deste nivel será quen faga a importación, xa que só contaremos cunha réplica, unha única aula definitiva na que se matriculará todo o alumnado.

  • Nivel avanzado: será a coordinación de cada área de coñecemento quen realice a importación á aula definitiva.

  • Nas aulas modelo haberá un documento no que se indiquen as modificacións a realizar nas aulas réplica, con indicación da/s persoa/s responsable/s segundo o documento Reparto de tarefas, que tamén se localiza  na propia aula.

2. Revisar os grupos que viñeron da importación e eliminar ou crear os que sexan necesarios para crear itinerarios formativos. Esta tarefa tamén será realizada polas coordinacións, e non desde os centros.

Os centros deberán comprobar que os itinerarios funcionan correctamente, para o que matricularán a unha parte do seu persoal como alumnado e deberán ir cambiándoo de grupo segundo as titulacións ás que dan servizo, para comprobar que todos os seus itinerarios están ben deseñados.

(Para saber máis, ver Creación de grupos e deseño de itinerarios).

3. Programar as mensaxes no Foro de novas segundo a Guía de traballo para o alumnado. De novo, esta tarefa é responsabilidade das coordinacións, e non dos centros.

4. As coordinacións deberán tamén revisar os parámetros de configuración nas aulas definitivas:

  • Os exercicios: nº de intentos, temporización, barallar preguntas e/ou respostas, visualización dos resultados, etc.
  • Foros: tipo (xeral, debate sinxelo, P e R), debates creados, ...
  • Estado de completado do curso (que estea desactivado).
  • Axustes das cualificacións: que aparezan ben ponderadas, ordenadas na secuencia correspondente, etc.

Resumo de tarefas a realizar

Durante as 3 semanas previas ao inicio do curso básico:

  1. O persoal co rol de alumnado deberá:
    1. Revisar que na páxina principal da aula só pode ver/acceder aos contidos propios da súa titulación.
    2. Realizar todos os tests autoavaliables, por se algunha pregunta non é correcta, está mal puntuada, non se entende, non ten relación coa súa titulación, non mostra as respostas correctas, non permite repetir o intento, etc.
    3. Comprobar que os Genially ofrecen a información correcta para a súa biblioteca e/ou titulación.
    4. Realizar a proba final que lle corresponda,e anotar calquera incidencia respecto desta.
    5. Introducir os erros/incidencias que atope na aula no documento Incidencias 2ª ed. BÁSICO.xlsx e avisar á coordinación no caso de que requira dun axuste inmediato.
  2. O persoal do centro co rol de profesorado deberá:
    1. Asignar un grupo a cada membro do persoal matriculado como alumnado. Escollerermos unha das titulacións ás que da servizo o noso centro. Os centros que conten con máis dunha titulación pero non teñan persoal suficiente deberán ir cambiando ao seu persoal de grupo, para comprobar que todos os itinerarios funcionan correctamente. (Ver Manual CI da BUSC/Creación de grupos)
    2. Revisar as entregas diarias da proba final do alumnado da/s súa/s titulación/s. Recomendamos ordenar a visualización das entregas por data descendente.
    3. Comprobar que ten acceso á caixa de correo biblioteca.xxx.servizos@usc.es e probar a enviar algún correo ao persoal matriculado co rol de alumno, requirindo a corrección dalgún exercicio da proba final. Na aula definitiva só revisaremos os exercicios baixo petición expresa do alumnado, e sempre antes da entrega definitiva (só teñen 1 intento).
    4. Enviar un correo a través do Foro de novas, dirixido só ao alumnado da/s súa/s titulacións, p.ex. avisando dun problema de acceso na base de datos XX, especializada para esa titulación.
    5. Introducir os erros/incidencias que atope na aula no documento Incidencias 2ª ed. BÁSICO.xlsx e avisar á coordinación no caso de que requira dun axuste inmediato.
  3. A dirección da biblioteca de centro deberá:
    1. Solicitar o antes posible ao CAU a alta na caixa de correo biblioteca.xxx.servizos@usc.es do seu centro para o persoal que titorice os cursos CI.
    2. Actualizar esta información na Intranet da BUSC/Caixas de correo.
    3. Cumplimentar o Excel 2024_25_Persoal BUSC_CeTA cos datos do persoal do centro que se quere matricular nas aulas definitivas, indicando o rol correspondente, antes do 31 de xaneiro. Para facilitar a tarefa este Excel contén os datos do persoal matriculado co rol de alumno nas aulas modelo, pero este persoal pódese manter ou substituir, ou substituírlle o rol. Na columna C hai que indicar o rol co que se desexa matricular a cada persoa.
    4. No mesmo Excel, na pestana Pofesorado de Grao, cumplimentar os datos para o profesorado dos Graos aos que se lle queira dar acceso ás aulas, tamén antes do 31 de xaneiro. O rol poderá ser como "alumnado" ou como "profesorado sen permisos de edición". Tende en conta que con este último rol recibirá os mesmos avisos/mensaxes no correo có persoal da biblioteca co rol de profesorado.
    5. Na 1ª ed do curso, no Excel Graos e áreas cto., revisar o estilo principal de citación dos Dobres Graos que se imparten no centro ao que da servizo. Se abonda con que este alumnado saiba empregar un estilo de citación deixarán cuberta a columna C. En caso de que deban coñecer 2 estilos, deberán cubrir tamén a columna D, e adaptar as preguntas 8, 9 e 10 do exercicio M7A para que sexan válidas para ambos estilos (pode usarse como modelo o exercicio M7A. Citar (Enfermaría). Neste último caso deberá avisar a Mª Luisa Iglesias para que xenere a categoria adecuada no banco de preguntas e a actividade M7A necesaria na aula modelo.
    6. Repartir o traballo de corrección da proba final entre o persoal do seu centro, tendo en conta os acordos adoptados polas bibliotecas que comparten área de coñecemento.
  4. As persoas coordinadoras de cada área de coñecemento deberán:
    1. Engadir á solución da proba final da súa área as respostas correctas das preguntas específicas.
    2. Coordinar o reparto de tarefas de corrección da proba final entre as bibliotecas da área de coñecemento, tendo en conta as necesidades de cada centro e as indicacións dos seus directores respecto da dispoñibilidade de persoal. O reparto pode ser por titulacións, por actividades, etc.) No caso de ter pouco alumnado matriculado recoméndase a coordinación deste reparto de tarefas con outras bibliotecas da mesma área de coñecemento.
    3. Elaborar o documento Reparto de tarefas da súa área, e trasladarllo á coordinación do nivel básico antes do 17 de febreiro.
    4. No Foro de dúbidas, responder á liña de debate da Proba Final da súa área de coñecemento.
  5. A persoa coordinadora de nivel básico deberá:
    1. Aplicar os cambios necesarios na aula modelo (1ª ed) ou na aula definitiva da 1ª ed. (para a 2ª ed.) para corrixir as deficiencias detectadas, entre o 10 e o 12 de febreiro, puidendo delegar as tarefas de corrección que considere nas persoas coordinadoras das áreas de coñecemento ou outro persoal de FUBUSC.
    2. Facer a importación á aula definitiva o 13 de febreiro. Entre o 14 e o 16 de febreiro deberá comprobar que a aula definitiva está ben configurada, solicitando a colaboración das coordinacións das áreas no que estime oportuno.
    3. Actualizar as datas de dispoñibilidade das actividades no que respecta a data na que se pecha a proba e/ou se permiten respostas, para que coincida coa data do peche do curso. OLLO! Xa non se pechan as actividades, poñemos estas datas "tope" de dispoñibilidade.
    4. Recompilar os documentos de Reparto de tarefas das 4 áreas nun só documento, e facelo  visible só para o profesorado, colocándoo na aula modelo e na definitiva, na parte superior da páxina principal.
    5. Preparar os grupos e agrupamentos na aula. (Ver instrucións)
    6. Xestionar as tarefas de desenvolvemento:
      • Actualizar as datas da Guía de traballo do alumno
      • Engadir temas de debate nos foros (programar mensaxes no Foro de novas e crear liñas de debate no de dúbidas)
      • Configurar os foros (modo de subscrición) e subscribirse ao de dúbidas, nos temas que lle correspondan
      • Deseñar os itinerarios formativos na aula
      • Apertura do curso
      • Responder as dúbidas de carácter xeral/técnico
      • Correccións de contidos ou de preguntas que se detecten na aula durante o desenvolvemento do curso.
      • Extraer as cualificacións do alumnado e preparalas para publicar as listaxes de alumnado apto. (Ver Xestión das cualificacions)
      • Colaborar coa sección Servizos para o reparto de tarefas para a cobertura as actas. (Ver apartado Actas oficiais)
    7. Comunicar á Sección Servizos os cambios necesarios no Manual CI respecto ao nivel básico.
    8. Colaborar coa Sección Servizos no deseño da canle máis apropiada para a recollida de incidencias de cada edición.

Durante as 3 semanas previas ao inicio do curso avanzado:

  1. A coordinación do nivel avanzado deberá:
    1. Recompilar as incidencias comúns a todas as áreas. Colaborar coa Sección Servizos no deseño da canle máis apropiada para a recollida de incidencias de cada edición.
    2. Aplicar os cambios necesarios na aula modelo que se deseñe dun ano para o outro e deseñar os itinerarios. En caso de empregar un aula modelo para cada área de coñecemento, esta tarefa pasará ás coordinacións das áreas.
    3. Actualizar, en cada edición, o documento Modificacións a realizar polas áreas de coñecemento.Manter informadas ás coordinacións das áreas de todas as decisións e cambios que deban executar.
    4. Facer a importación desde a aula de probas da área de coñecemento correspondente á aula definitiva desa área, o día 5 de marzo. Cando o persoal dos centros teña acceso ás aulas definitivas, recibirán aviso desde a coordinación das áreas ou desde a caixa de correo de FUBUSC
    5. Actualizar a Guía de traballo do alumnado.
    6. Actualizar as mensaxes do Foro de novas no Manual CI para cada edición do curso.
    7. Comunicar á Sección Servizos os cambios necesarios no Manual CI respecto ao nivel avanzado.
  2. A coordinación de cada área de coñecemento deberá:
    1. Revisar a listaxe procedente de Xescampus coa relación de persoas matriculadas na aula da súa área, mentres o prazo de matrícula está aberto, para advertir ao alumnado matriculado por erro nesta aula e que poida matricularse na que lle corresponde. (Ver "mensaxe tipo" no Manual / Matrícula / Anular a matrícula).
    2. Na aula de probas da área de coñecemento, realizar (ou delegar) as tarefas indicadas do documento Modificacións a realizar polas áreas de coñecemento.
    3. Coordinar o reparto de tarefas co resto de bibliotecas da mesma área de coñecemento, tendo en conta as necesidades de cada centro e as indicacións dos seus directores respecto da dispoñibilidade de persoal. Ofrécese a modo de orientación o documento Reparto de tarefas - Modelo CC SOCIAIS AVANZADO, localizable na páxina principal da aula modelo. A coordinación da área debe adaptar este documento segundo as decisións que se tomen dentro da área e cambiarlle o nome por Reparto de tarefas - Modelo ÁREA CORRESPONDENTE.
    4. Revisar os grupos e agrupamentos dentro da aula de probas, eliminar os que sexan innecesarios e agregar os que falten (un grupo por cada máster que se imparte no centro??). Para saber os Graos que se inclúen en cada área segundo a USC, pódese consultar o web da USC ou o documento Graos e áreas cto.xlsx
    5. Asignar un grupo a cada membro do persoal matriculado como alumnado, escollendo unha das titulacións ás que da servizo cada centro (consultar coas persoas responsables dos centros). Os centros que conten con máis dunha titulación pero non teñan persoal suficiente deberán ir cambiando ao seu persoal de grupo, para comprobar que todos os itinerarios funcionan correctamente.
    6. Na aula definitiva:
      1. Comprobar que os grupos e agrupamentos foron importados correctamente, e se manteñen as restricións de cada elemento (libros, tarefas...) para o/s grupo/s ou agrupamento/s correspondente/s.
      2. Programar as mensaxes da Guía de traballo do alumnado no Taboleiro de novas, ou delegar esta tarefa noutra biblioteca integrante da área. Copiaranse desde o manual CI 24-25, pero deberán adaptarse segundo sexa necesario (os enlaces deben revisarse sempre, garantindo que dirixen á aula correspondente).
      3. Crear as liñas de debate do Foro de dúbidas (unha por módulo) e designar ás persoas responsables de cada unha. Antes de crealas, comprobar que a subscrición é opcional.
      4. Crear as liñas de debate do Foro sobre a protección da privacidade, ou delegar esta tarefa noutra biblitoeca integrante da área. Antes de crealas, comprobar que a subscrición é opcional.
      5. Actualizar as datas de dispoñibilidade das actividades no que respecta a data na que se pecha a proba e/ou se permiten respostas, para que coincida coa data do peche do curso. OLLO! Xa non se pechan as actividades, poñemos estas datas "tope" de dispoñibilidade.
  3. O persoal co rol de alumnado deberá:
    1. Primeiro na aula de probas e despois na definitiva, revisar que na páxina principal da aula só pode ver/acceder aos contidos propios da súa titulación.
    2. Na aula de probas:
      1. Realizar todas as actividades, por se algunha non é correcta, está mal puntuada, non se entende, non ten relación coa súa titulación, non mostra as respostas correctas, da como correcta a que non é, etc.
      2. Comprobar que os Genially ofrecen a información correcta para a súa biblioteca e/ou titulación.
    3. Introducir os erros/incidencias que atope na aula no documento Incidencias 2ª ed. AVANZADO.xlsx e avisar á coordinación da aula en caso de que requira dun axuste inmediato.
  4. O persoal do centro co rol de profesorado deberá:
    1. Na aula de probas:
      1. Revisar as entregas das compañeiras e compañeiros co rol de alumnado, para detectar posibles erros de configuración das tarefas e cuestionarios: non se ven os comentarios do profesorado, puntúan mal, o enunciado ou a resposta non se entende, etc.
      2. Comprobar que ten acceso á caixa de correo biblioteca.xxx.servizos@usc.es e probar a enviar algún correo ao persoal matriculado co rol de alumno, requirindo a corrección dalgún exercicio.
      3. Enviar un correo a través do Foro de novas, dirixido só ao alumnado da/s súa/s titulacións, p.ex. avisando da sesión presencial sobre Refworks.
    2. Introducir os erros/incidencias que atope na aula no documento Incidencias 2ª ed. AVANZADO.xlsx e avisar á coordinación da aula en caso de que requira dun axuste inmediato.
    3. Na aula definitiva, revisar frecuentemente as entregas das tarefas do alumnado que teña asignado. Recomendamos ordenar a visualización das entregas por data descendente e/ou filtrar polas que están pendentes de corrixir nos casos nos que o tipo de tarefa o permita.
  5. A dirección da biblioteca de centro deberá:
    1. Comunicar ás coordinacións de área quen son as persoas responsables da titorización dos cursos CI no seu centro, e como desexa que participe a biblioteca no reparto de tarefas (se prefiren corrixir as entregas de todoo alumnado da/s súa/s titulación/, se aportan persoal para a corrección compartida por tareafs, etc.)
    2. Solicitar o antes posible ao CAU a alta na caixa de correo biblioteca.xxx.servizos@usc.es do seu centro para o persoal que titorice os cursos CI.
    3. Actualizar esta información na Intranet da BUSC/Caixas de correo.
    4. Cumplimentar o Excel 2024_25_Persoal BUSC_CeTA cos datos do persoal do centro que se quere matricular nas aulas definitivas, indicando o rol correspondente, antes do 21 de febreiro. Para facilitar a tarefa este Excel contén os datos do persoal matriculado co rol de alumno nas aulas modelo, pero este persoal pódese manter ou substituir, ou substituírlle o rol. Na columna C hai que indicar o rol co que se desexa matricular a cada persoa.
    5. No mesmo Excel, na pestana de Profesorado de Grao, cumplimentar os datos para o profesorado dos Graos aos que se lle queira dar acceso ás aulas, tamén antes do 21 de febreiro. O rol poderá ser como "alumnado" ou como "profesorado sen permisos de edición". Tende en conta que con este último rol recibirá os mesmos avisos/mensaxes no correo có persoal da biblioteca co rol de profesorado.