Ir ao contido principal

Manual CI : actualización curso 2024/2025

Grupos e agrupamentos 24/25

Empregaremos os Grupos e Agrupamentos (grupos de grupos) en Moodle con distinta finalidade:

  • enviar mensaxes diferentes segundo o grupo de alumnado (pola titulación á que pertenzan, se organizamos sesións presenciais para grupos reducidos...)
  • permitir ou restrinxir o acceso a determinados contidos ou actividades segundo o grupo de pertenza (itinerarios formativos)
  • xestionar as cualificacións separadamente por titulacións, por curso dentro dunha titulación ... 
  • extraer datos estatísticos
  • etc.

Para repasar como se crean os grupos e agrupamentos en Moodle, consultar o Manual de formación en CI da BUSC.

Os grupos e agrupamentos para as aulas 24/25 serán creados desde as coordinacións. Se algún centro precisa algún grupo ou agrupamento non contemplados inicialmente, deben solicitalo á persoa coordinadora do nivel básico ou avanzado, segundo as súas necesidades.

NIVEL BÁSICO

GRUPOS

  • Na aula de nivel básico contaremos con tantos grupos como titulacións de Grao existen na USC. Desde a coordinación de FUBUSC solicitarase ao CeTA que engandan -automaticamente- ao alumnado no grupo que lle correponda.
  • Segundo as necesidadades que se vaian detectando valorarase a creación de grupos por Bibliotecas.
  • Alumnado ECTS: neste grupo cada biblioteca incluirá ao alumnado que realizou o curso en edicións anteriores, pero non obtivo o crédito (non estaba matriculado, pero si tiña acceso ao CV). Agardaremos a que remate o curso para cambiar ao alumnado a este grupo, para que non interfira nas estatísticas. Mentres dure o curso este almnado deberá permanecer no grupo da súa titulación, para que apareza nas listaxes de aptitude no Grao que lle corresponda.
  • Outros grupos: alumnado de doutoramento, e aquel outro que non encaixen nos anteriores (ptxas...).
  • Máster-Área de XXX: Contaremos cun grupo de alumnado de Máster por área de coñecemento. As bibliotecas integrantes de cada área deberán decidir quen se fai cargo deste alumnado, e a coordinación da área o anotará no documento Reparto de tarefas.
  • Restricións foros: incluiremos neste grupo a aquelas persoas que non deban recibir as mensaxes dos Foros e así o soliciten (profesorado de Grao, alumnado que anulou a matrícula, etc.) Para saber como restrinxir o acceso ao foros ver Manual CI da BUSC.

AGRUPAMENTOS

  • Para o deseño dos itinerarios necesarios para a actividade M7A_Citar en estilo... crearase un agrupamento para cada estilo de citación.
  • Para o deseño do itinerario da Proba final, crearánse agrupamentos por áreas de coñecemento.

NIVEL AVANZADO

GRUPOS

  • Nas aulas de nivel avanzado contaremos con tantos grupos como titulacións de Grao existen na USC para cada área de coñecemento. Desde a coordinación de FUBUSC solicitarase ao CeTA que engandan -automaticamente- ao alumnado no grupo que lle correponda.
  • No caso dos Másteres que recomendan ao seu alumnado realizar o curso CI e, polo tanto, teñamos un nº considerable de etudantes matriculados, poderase facer un grupo propio, que deberá ser solicitado á coordinación.
  • Segundo as necesidadades que se vaian detectando valorarase a creación de grupos por Bibliotecas.
  • Alumnado ECTS: neste grupo cada biblioteca incluirá ao alumnado que realizou o curso en edicións anteriores, pero non obtivo o crédito (non estaba matriculado, pero si tiña acceso ao CV). Agardaremos a que remate o curso para cambiar ao alumnado a este grupo, para que non interfira nas estatísticas. Mentres dure o curso este almnado deberá permanecer no grupo da súa titulación, para que apareza nas listaxes de aptitude no Grao que lle corresponda.
  • Outros grupos: alumnado de doutoramento e aquel outro que non encaixen nos anteriores.
  • Restricións foros: incluiremos neste grupo a aquelas persoas que non deban recibir as mensaxes dos Foros e así o soliciten (profesorado de Grao, alumnado que anulou a matrícula, etc.) Para saber como restrinxir o acceso ao foros ver Manual CI da BUSC.

AGRUPAMENTOS

  • Para o deseño dos itinerarios crearase un agrupamento:
    • para o exercicio M4C de buscas en 3 bases de datos.
    • por estilos de citas, se dentro dunha mesma área de coñecemento se empregan distintos estilos.

Xestión dos grupos polo CeTA

Finalizada a matrícula de cada actividade, as coordinacións prepararán un ficheiro Excel para enviar ao CeTA coa finalidade de que agreguen ao alumnado ao grupo que lle corresponda segundo a súa titulación.

A preparación do ficheiro requirirá dos seguintes pasos:

1. Descarga da listaxe de alumnado matriculado de Xescampus en cada actividade. Activar o filtro para todas as columnas.

2. Eliminar:

  • o alumnado co Estado da matrícula "Anulada"
  • todas as columnas salvo as que conteñen o Nome e Apelidos, Correo institucional e Estudo (trátase de enviar só os datos imprescindibles).
  • alumnado duplicado: ás veces o alumnado está matriculado nun grao e nun posgrao ou nunha titulación propia (cursos propios da USC, etc.) Nestes casos, ao matricularse nos cursos CI aparecen dúas veces no noso ficheiro. Eliminaremos a fila para o rexistro no que consta o "estudo de posgrao ou o propio", para quedar só coa fila do rexistro no que consta a titulación de grao. Para identificalos, aplicaremos un formato condicional (resaltar celas/valores duplicados) na columna do correo institucional.

3. Corrección de posibles lagoas nos datos respecto de:

  • Nome da columna que contén o correo institucional: Correo USC (habitualmente non leva nome).
  • Estudo: debemos coñecer sempre a titulación que cursa cada estudante. Se en Xescampus non temos o dato, podemos extraelo -preferentemente nesta orde- de Moodle / Alma / a propia persoa, escribíndolle un correo. Para o alumnado que realice "Estudos ao abeiro doutros convenios" (Erasmus, etc.) deberemos coñecer tamén a titulación, para poder asignarlles un grupo.
  • Enderezo de correo institucional. Podemos extraelo de Moodle / Alma ou do directorio do correo-e, tendo especial coidado cos nomes de persoas idénticos.

Para localizar facilmente os datos que faltan empregaremos os filtros por cada columna, seleccionando as baleiras. Para introducir o "Estudo" nas celas que non o tiñan, deberemos respectar o nome exacto deste, copiando e pegando desde outro valor idéntico que xa exista no Excel.

4. Para o CeTA, o correo institucional do alumnado debe rematar sempre co dominio ".es". Por esta razón, o seguinte paso será empregar a ferramenta de Excel "Buscar y remplazar" para, unha vez seleccionada a columna que contén este dato, substituír o dominio "rai.usc.gal" por "rai.usc.es".

5. O seguinte paso consiste en correlacionar os estudos que aparecen no Excel cos grupos que necesitemos na nosa aula de Moodle. Ao CeTA, o dato que lle temos que dar é o grupo da aula de Moodle que corresponde a cada estudante.

  • Identificaremos as titulacións que temos no Excel da seguinte maneira:
    • Abriremos unha nova lapela para introducir a fórmula UNICOS na cela A1, que actúe sobre a columna "Estudo" da lapela principal. A fórmula terá unha estrutura coma esta: =UNICOS(Hoja1!F:F), na que "Hoja1!" identifica a lapela principal, e "F:F" a columna que contén as titulacións que cursa o alumnado.
    • Como resultado obtemos, na columna A, un índice das titulacións para as que temos que crear un grupo en Moodle. Mais algunhas destas titulacións son idénticas, coa salvedade de realizarse en edicións distintas (Grao en Historia, Grao en Historia 2ª ed, etc.) Debemos unificar esta información:
      • Seleccionamos a columna, copiamos e pegamos sobre si mesma coa opción "Pegar valores".
      • Eliminamos o valor da cela A1 que aparece como "Estudo", e o valor da última cela que aparece como "0".
      • Ordenamos alfabeticamente A-Z.
    • Empregamos a columna B para asignar a cada titulación o nome do grupo de Moodle que lle corresponde, tendo en conta que:
      • As titulacións de Máster asignarémoslles o grupo de Moodle Máster-Área de coñecemento (buscaremos a área na web da USC). Por exemplo.
        • Ao Máster Universitario en Xerontoloxía asignarémoslle o grupo Máster--Área de Ciencias da Saúde.
      • Os cursos propios trataranse como Máster, asignadolles o grupo que corresponda á area de coñecemento.
        • Por exemplo, o Curso de Introdución á psicanálise lacaniá encadrase no grupo Máster-Área de Artes e Humanidades.
      • As distintas edicións dunha mesma titulación irán no mesmo grupo de Moodle.
        • Por exemplo, Grao de Enfermaría (2ª ed) [L] (ADSCRITA) e Grao en Enfermaría (3ªed) [L], encádranse no grupo Grao en Enfermaría [L]
        • o Grao en Empresa e Tecnoloxía (2ªed) virtual e o Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial), encádranse no Grao en Empresa e Tecnoloxía.
      • Mantemos en grupos separados as titulacións de Lugo e Santiago.
        • o Grao en Enfermaría [L] irá no grupo de Moodle Grao en Enfermaría [L], mentres que o grupo Grao en Enfermaría [S] irá no grupo Grao en Enfermaría [S].
      • Nesta fase mantemos os "Estudos ao Abeiro de outros Convenios" na columna B.
      • As titulacións de doutoramento irán no grupo "Outro alumnado (doutoramento, ptxas...)".

6. O seguinte paso é substituír o dato da lapela principal "Estudo" polo nome do grupo de Moodle no que queremos agregar a cada estudante.

  • Para evitar posibles incidencias, duplicaremos a Folla1. Na nova folla (xeralmente será a Folla3), na primeira columna libre de datos introduciremos unha fórmula BUSCARX para que asigne a cada estudante o grupo de Moodle que lle corresponde en función da súa titulación.
    • A fórmula terá esta estrutura =BUSCARX(F2;Hoja2!A:A;Hoja2!B:B;;0;1); onde F2 corresponde ao nome da titulación (valor buscado), Hoja2!A:A é a columna na que debe buscar o nome da titulación (matriz buscada), e a Hoja2!B:B é a columna da que obtén o grupo de Moodle que corresponde.
  • Feito isto, copiaremos a columna resultante -a dos grupos de Moodle- e pegarémola como "valores" sobre si mesma.
  • Eliminaremos a columna "Estudo" para que nesta Folla3 nos queden só os datos que enviaremos ao CeTA.

7. A continuación crearemos en Moodle os grupos que necesitemos (pode facilitar a tarefa crear unha listaxe coa fórmula ÚNICOS que tome o dato dos grupos da Folla3). Outra opción é importar os grupos da aula da anterior edición do curso:

Instrucions para importar gruops entre aulas de Moodle

8. A continuación enviaremos ao CeTA un ficheiro Excel que conteña só os datos imprescindibles (Folla3, sen a columna de ÚNICOS). O CeTA avisará cando teña incorporado o alumnado aos grupos na aula.

9. Toca, agora, comprobar na aula que o número de alumnado de cada grupo coincide co número de alumnado de cada titulación, segundo o ficheiro enviado ao CeTA do paso anterior. Para isto é útil aplicar a fórmula CONTAR.SI:

a. Abrimos o ficheiro Excel enviado ao CeTA e, nunha nova pestana, na cela A1, introducimos a fórmula UNICOS (se xa o fixemos no paso anterior, podemos reutilizala), para que nos devolva as titulacións da columna "Estudo" da pestana principal.

b. Copiamos a columna e pegamos "como valores" sobre si mesma. Eliminamos as filas que sobras ("Estudo" e "0"), e ordenamos do A ao Z. Agora temos a listaxe de titulacións na columna A.

c. Na columna B introducimos a fórmula CONTAR.SI, na que o "rango" será a columna "Estudo" da lapela principal, e o "criterio" será o valor de cada cela da columna A (a titulación). Por exemplo: CONTAR.SI (Hoja1!F:F;A1), na que "Hoja1!" identifica a lapela principal, "F:F" a columna que contén as titulacións que cursa o alumnado, e A1 a cela na que se atopa o nome da titulación.


RESOLUCIÓN DE POSIBLES INCIDENCIAS

1. O número de alumnado no grupo na aula non é o que debería

Pode deberse a erros nos datos (correo-e, titulación, etc.) Debemos identificar que alumnado é o que falta, e agregalo ao grupo manualmente. Se o número é maior do que debería pode ser porque hai profesorado do Grao ou persoal da BUSC agregado a ese grupo.

2. Duplicouse un grupo na aula

Isto sucede cando no noso Excel denominamos algún grupo de forma distinta ao nome que ten ese grupo na aula de Moodle (pode deberse incluso a un espazo de máis ao final do nome da titulación). Nestes casos debemos trasnferir ao alumnado dun grupo ao outro, e  eliminar o grupo baleiro. OLLO! Moodle non permite transferir alumnado enter grupos directamente. Hainos que agregar ao grupo válido, e despois eliminar o grupo non válido.

3. Hai alumnado que non ten grupo asignado.

Para comprobar se se da este caso, podemos filtrar na aula por participantes co rol de estudante e engadir a condición "sen grupo".

Aplicado o filtro veremos o alumnado nestas circunstancias, e desde a mesma pantalla poderemos editar o grupo e engadilo, premendo en no "disquete" para Gardar os cambios.