Ir ao contido principal

Manual CI : actualización curso 2024/2025

Nivel básico

  • Única aula CI​: [BUSC.2425.1]. Competencias en Información para Alumnado de Grao. Nivel Básico. 1ª Ed.

  • Proba final puntuable​. Aberta durante todo o curso (1 intento, sen límite de tempo). 4 modelos, un por área de coñecemento:

    • Artes e Humanidades

    • Ciencias e Enxeñarías

    • Ciencias da Saúde

    • Ciencias Sociais e Xurídicas

  • Test autoavaliables de 5 preguntas para practicar nos módulos 2, 3, 6, 7 e 9.

    • Non puntúan.

    • Intentos ilimitados.

    • Móstranse as respostas correctas.​

  • Eliminamos o "Estado de completado do curso" e non hai tarefas vinculadas unhas ás outras.
  • O alumnado non escolle grupo. O CeTA asignará os grupos por titulacións, mediante un Excel preparado pola coordinación de FUBUSC.
  • Non se atenderá á mensaxería privada que ofrece o CV (enviaremos mensaxe de aviso para o alumnado). Deberán usar o Foro de dúbidas ou o correo biblioteca.xxx.servizos@usc.es. Se algunha persoa titora recibe mensaxes por esta via, debe redirixir ao alumnado á canle correcta.
  • Datas únicas para todas as bibliotecas:
    • 1º SEMESTRE:
      • Matrícula: 1- 15 outubro​
      • Desenvolvemento: 14 de outubro-14 novembro​
      • Actas: 16 decembro – 17 xaneiro​
    • 2º SEMESTRE:
      • Matrícula: 28 xaneiro- 11 febreiro​
      • Desenvolvemento: 17 febreiro-17 marzo​
      • Actas: 1-30 abril

Nivel avanzado

  • Non se atenderá á mensaxería privada que ofrece o CV (enviaremos mensaxe de aviso para o alumnado). Deberán usar o Foro de dúbidas ou o correo biblioteca.xxx.servizos@usc.es. Se algunha persoa titora recibe mensaxes por esta via, debe redirixir ao alumnado á canle correcta.
  • Datas únicas para todas as bibliotecas:
    • 1º SEMESTRE:
      • Matrícula: 14 - 27 outubro​
      • Desenvolvemento: 28 outubro - 28 novembro​
      • Actas: 16 decembro – 17 xaneiro​
    • 2º SEMESTRE:
      • Matrícula: 19 febreiro - 5 marzo​
      • Desenvolvemento: 10 marzo - 11 abril​
      • Actas: 1 - 30 abril

Moodle

Cada ano (en agosto) o Campus Virtual incorpora a última versión de Moodle. En 2024 as principais novidades foron as seguintes:

  1. O "editor predeterminado" de texto que incorpora (é igual en funcionalidades ao TinyMCE editor) non permite elixir tipo de letra nin tamaño, nin asignar cor ao texto nin sombreados. Pódese facer empregando o código fonte html pero o CeTA recomenda "empregar os estilos predefinidos do Campus Virtual para harmonizar os contidos seguindo o estilo visual institucional". É por esta razón que este ano asumiremos que os textos poden ter distintas cores e tipografías. O próximo curso realizarase unha revisión para unificar o estilo dos textos nas aulas CI.
  2. O "banco de preguntas" vincula as preguntas empregadas nas aulas orixe e destino cando se reutilizan, de tal xeito que cando se importa un cuestionario dunha aula orixe a outra destino, se modificamos uha pregunta na aula orixe, modifícase tamén na aula destino (pero non á inversa). As categorías de preguntas do banco quedan, así, vinculadas entre aulas, polo que non se permite modificar as categorías das preguntas desde os cuestionarios das aulas destino.
    1. O CeTA recomenda modificar as preguntas na aula destino, o cal creará novas versions das preguntas, sen modificar ás preguntas na súa aula orixe. Isto non permite mover as preguntas a outra categoría e tal como están agora non sabemos a que cuestionario da aula actual pertencen, con que versión estamos traballando, nin se estamos "pisando" unha pregunta sobre outra que non deberiamos tocar.
    2. MOI IMPORTANTE!! Se o que facemos é duplicar un cuestionario dentro dunha aula, as preguntas non se duplican: non haberá 2 preguntas iguais, senón que se utilizará 2 veces esa mesma pregunta. Isto significa que se modificamos unha desas preguntas nun dos cuestionarios, automaticamente aparece modificada en ambos cuestionarios.

COMO REUTILIZAREMOS OS CUESTIONARIOS PARA OS ITINERARIOS?

Ver TAREFAS DE PREPARACIÓN / Banco de preguntas