Ir ao contido principal

Manual CI : actualización curso 2024/2025

A acreditación

LISTAXES DE ALUMNADO APTO

Unha vez rematado o curso farase pública -a través da Aula virtual do curso-, a listaxe provisoria de alumnado apto. (Ver apartado Publicar as listaxes de alumnado apto).

O alumnado disporá dun prazo de 7 días naturais para formular as alegacións oportunas. Transcorrido ese prazo, a listaxe elevarase a definitiva, incorporando as modificacións que corresponda. (Ver apartado Foro de novas / Mensaxes tipo / Listaxes de aptitude).


MATERIAS CO CURSO CI VINCULADO

No caso de que o curso estea vinculado a unha materia de grao, a listaxe definitiva será remitida ao profesorado da devandita materia para ser tido en conta na súa avaliación. (Ver apartado Xestión das cualificacións / 4. Preparar a listaxe de cualificacións para o profesorado)


O CRÉDITO ECTS

Tanto a cualificación final do curso (Apto/Non apto) como o crédito ECTS serán integrados no expediente do alumnado de grao de forma automática no caso de que solicitaran a imputación no momento da matrícula (ver apartado de matrícula)

A imputación faina a área TIC unha vez pechado o periodo de actas dos cursos CI (en bloque).

Non se recoñecerá o crédito a aquelas persoas que realicen un curso de competencias en información que non sexa o propio da súa titulación ou que volvan a realizar o mesmo curso no que xa obtiveron o apto.

Se o alumnado non lembra que opción escolleu respecto á imputación do crédito, ten que entrar na súa Secretaría Virtual, apartado "As miñas actividades" e picar no curso correspondente para consultalo.


O DIPLOMA

A BUSC emitirá un diploma acreditativo da superación deste curso, que será remitido de oficio por correo electrónico ao alumnado apto, unha vez finalice a actividade. Isto tamén se aplica ao alumnado de Posgrao.

Unha vez asinadas as actas oficiais pola Dirección da BUSC as coordinacións de cada actividade formativa recibirán un documento en PDF que contén todos os diplomas do alumnado apto na actividade respectiva. Este documento debe ser desagregado para individualizar os diplomas de cada alumno ou alumna.

Pódese facer seleccionando como impresora Adobe PDF e premendo en imprimir de 2 e 2 páxinas. Cada ficheiro resultante será nomeado como Apelido1 Apelido2_Nome de cada estudante.

Extraer diplomas do PDF xenerico

Unha vez extraídos os ficheiros haberá que comprimilos nunha soa carpeta .zip e subilos ao Portasinaturas, para seren asinados pola Dirección da BUSC. Unha vez asinados, a persoa responsable recibirá o aviso no seu enderezo institucional para descargalos e envialos por correo ao alumnado (ou delegar esta tarefa no persoal auxiliar). (Ver apartado Foro de novas / Mensaxes tipo / Listaxes de aptitude).

MODELO DE CORREO PARA O ENVÍO DE DIPLOMAS PARA O CURSO BÁSICO

Asunto:   Certificado curso Competencias en Información para Alumnado de Grao. Nivel Básico. 2ª Ed.  [BUSC.2425.2]  [2024/2025]

Texto:  Bo día,  

remitimos o certificado de ter superado o curso Competencias en Información para Alumnado de Grao. Nivel Básico. 2ª Ed.  [BUSC.2425.2]  [2024/2025]. Se detectas algún erro ou incidencia podes comunicalo ás coordinadoras do curso: mluisa.iglesias@usc.es ou yolanda.dieguez@usc.es

Con respecto á imputación do crédito no expediente, queremos lembrarvos que:

- As persoas que seleccionastes a imputación automática no expediente no momento da matrícula non tedes que facer nada, aparecerá no voso expediente unha vez finalizado o prazo de actas (a partir do 30 de abril).

- As persoas que non seleccionastes a imputación automática, no caso de que o queirades imputar, debedes realizar a solicitude a través da sede electrónica da USC.

- As persoas solicitantes de bolsa do Ministerio ou con dereito á bonificación establecida no Decreto de Prezos Públicos da Xunta de Galicia, debedes ter en conta os efectos que este recoñecemento pode producir na concesión da bolsa ou da bonificación, antes de formalizar a solicitude.

Un cordial saúdo.  

MODELO DE CORREO PARA O ENVÍO DE DIPLOMAS DO CURSO AVANZADO

Asunto:  Certificado curso Competencias en Información, nivel avanzado. XXX

Texto:  Bo día, remitimos o certificado de ter superado o curso de Competencias en Información, nivel avanzado. XXX. Se detectas algún erro ou incidencia podes comunicalo á coordinadora do curso: XXXX@usc.es.  

Con respecto á imputación do crédito no expediente, queremos lembrarvos que:

  • As persoas que seleccionastes a imputación automática no expediente no momento da matrícula non tedes que facer nada, aparecerá no voso expediente unha vez finalizado o prazo de actas (a partir do 30 de abril)

  • As persoas que non seleccionastes a imputación automática, no caso de que o queirades imputar, debedes realizar a solicitude a través da sede electrónica da USC.

  • As persoas solicitantes de bolsa do Ministerio ou con dereito á bonificación establecida no Decreto de Prezos Públicos da Xunta de Galicia, debedes ter en conta os efectos que este recoñecemento pode producir na concesión da bolsa ou da bonificación, antes de formalizar a solicitude.

 Un cordial saúdo.