Ir ao contido principal

Manual CI : actualización curso 2024/2025

Introdución

O Manual de Formación en Competencias en Información da BUSC comezou a elaborarse en xullo de 2023 pero se trata dun documento vivo, en permanentemente revisión e actualización pola coordinación do grupo FUBUSC. A versión actual corresponde á actualización para o curso académico 2024/2025 e omite a descrición dos elementos xa explicados na versión anterior polo que, se se desexa ampliar información recoméndase a consulta desta.

Ambas versións teñen atribuída unha licenza CC-BY-NC-SA que permite a súa copia, distribución, transformación e comunicación pública, sempre que se cite a fonte, sexa para uso non comercial e se empregue unha licenza idéntica.

Cite este manual:

Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela. (2024). Manual CI: actualización curso 2024/2025. https://rebusca.usc.gal/manual-CI-actualizacion-curso-2024-2025