O proceso de matrícula a través da Secretaría Virtual do Alumnado non sufre modificacións este curso, coa salvidade de que se simplificou moito o nº de actividades desenvolvidas pola BUSC.
A nivel básico o alumnado atopará unha única aula na que matricularse, e a nivel avanzado 4 aulas, unha por área de coñecemento. Ambos niveis ofrecen unha 2ª edición no 2º semestre.
Cómpre recordar que a USC só recoñece o ECTS ao alumnado que acade o apto no curso CI dirixido á súa titulación, segundo a Resolución Reitoral do ano académico en curso. (Ver apartado As CI na USC) |
ACTUALIZACIÓN FEBREIRO 2025:
Segundo o novo Regulamento en materia de recoñecemento e transferencia de créditos para os estudos oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela no momento da matrícula:
o alumnado vai ter que elixir nese momento se quere que se lle impute ou non o ECTS no expediente de forma automática saíndolle a seguinte mensaxe:
aínda seleccionando que desexa que se lle impute automaticamente, se cambia de parecer, poderá opoñerse no prazo que se indique na RR (non máis dun mes desde o fin da actividade CI).
unha vez imputado o crédito e pasado o prazo para opoñerse, o crédito non poderá ser retirado
se non imputan o crédito nun determinado ano académico, si poderá imputalo posteriormente (aplicación retroactiva)
Consultar o Manual CI da BUSC para ampliar a información sobre: