Ir ao contido principal

Manual CI : actualización curso 2024/2025

Táboa de contidos

  1. Criterios de corrección xerais
    • Mensaxería
    • Número de intentos dos cuestionarios e tarefas
  2. Criterios de corrección para o nivel básico: PROBA FINAL
    • Exercicio M1A. Utiliza o correo da USC
      • ALUMNADO ECTS
    • Exercicio M1B. Verifica o teu rexistro de persoa usuaria
    • Exercicio M4A: Buscar un artigo nunha revista electrónica
    • Exercicio M5A: Buscar en Dialnet
      • Pregunta 3 (Seleccionar referencias)
      • Pregunta 4 (Gardar busca)
    • Exercicio M8A. Glosario
    • Exercicio M8B. Traballar co OneDrive
  3. Criterios de corrección para o nivel avanzado
    • Exercicio M3B. Cuestionario
      • Pregunta 8 (acceso vía SIR)
    • Exercicio M4A. Cuestionario
      • Pregunta 7 (Google Scholar)
      • Pregunta 8 (reserva dun libro)
    • Exercicio M4B. Busca na base de datos
    • Exercicio M5B. Cuestionario
      • Pregunta 4 (Gardar busca Iacobus)
      •  Pregunta 5 (Importar Iacobus-Refworks)
      • Pregunta 6 (Crear alerta Dialnet)
      • Pregunta 7 (OneDrive)
    • Exercicio M6B. Práctica Citar e xerar bibliografía
    • Exercicio M7A. Foro sobre a protección da privacidade

1. Criterios de corrección xerais

MENSAXERÍA

Como norma xeral:

  • Para contactar co alumnado usaremos a caixa de correo biblioteca.xxx.servizos@usc.es
  • Ás consultas recibidas a través da mensaxería de Moodle responderemos co seguinte texto:
  • Debemos responder á mensaxería nun prazo máximo de 48 h, salvo períodos non lectivos.
  • NIVEL BÁSICO: non cualificaremos ata que finalicen a entrega da proba final. Se o alumnado solicita expresamente á biblioteca que lle revise a proba antes de entregala, farémolo a través do correo biblioteca.xxx.servizos@usc.es, dándolle realimentación para que subsane os posibles erros que lle impidan superar a proba.
  • NIVEL AVANZADO: Revisaremos as entregas das tarefas diariamente, por se hai erros subsanables poder advertir ao alumnado. Nestes casos enviaremos unha mensaxe para que se corrixa a entrega. Poñeremos a puntuación que lle corresponda segundo os criterios de corrección. Se cambia a tarefa darémoslle unha nova puntuación.

Tendo en conta que os comentarios que o persoal titor deixa nos exercicios de tipo tarefa non chegan ao correo do alumnado, debemos empregar a caixa de correo biblioteca.xxx.servizos@usc.es para enviar as mensaxes que requiran acción (correctiva) pola súa parte, sempre incluindo un prazo máximo para facer a nova entrega da tarefa.

Cando son varias as persoas que corrixen unha mesma actividade cómpre, ademais, copiar esa mensaxe no espazo habilitado en Moodle para esta finalidade (Comentarios, Comentarios de realimentación, etc.) sempre que sexa posible. Así, se unha persoa xa corrixiu un exercicio e deixou o comentario, a seguinte verá que xa lle foi requirida a corrección ao alumnado e que non ten que requirirlla de novo.

 

NÚMERO DE INTENTOS DOS CUESTIONARIOS E TAREFAS

NIVEL BÁSICO

  • Os tests dos módulos e o test de repaso son autoavaliables, e non teñen límite de tempo nin de nº de intentos. O alumnado poderá ver as respostas correctas.
  • A proba final non ten límite de tempo, pero o alumnado dispón dun único intento. Recomendaremos que pregunten as posibles dúbidas antes de darlle a "Entregar e finalizar" a proba.
  • A proba final consta de10 preguntas, e hai que respondelas todas. As preguntas sen responder equivalen a un cero, pero non suspenden a proba por iso, salvo que a cualificación total non alcance os 5 puntos.
  • Podemos engadir comentarios a cada pregunta, pero o alumnado non os recibe no correo, só poderán velos cando entreguen definitivamente a proba. Por esta razón, recoméndase non deixar comentarios (a puntuación é suficiente).
  • Se o alumnado solicita expresamente a revisión da proba final antes de facer a entrega, enviaremos os nosos comentarios sempre ao correo institucional do/a alumno/a, e desde o correo biblioteca.xxx.servizos@usc.gal.

NIVEL AVANZADO

En xeral, para os cuestionarios a biblioteca ofrece un único intento e un límite determinado de tempo para respondelos e superalos. O alumnado non pode ver as respostas correctas, para evitar que copien.

Mais hai cuestionarios que inclúen preguntas de tipo Ensaio nas que o alumnado debe entregar algún tipo de documento. Para estes cuestionarios tamén ofrecemos un único intento, pero sen límite de tempo para realizalos.

Ás veces, o alumnado non ten en conta que é obrigatorio entregar eses documentos (poden estar ben ou mal, pero hainos que entregar sempre) e entregan o cuestionario incompleto, normalmente suspendendo o exercicio, xa que estas preguntas adoitan estar ponderadas de tal forma que se non se entregan ou se suspenden, non se supera a proba.

É por iso que, a medida que imos comprobando e corrixindo estas entregas, avisaremos a este alumnado enviando unha mensaxe, que copiaremos no apartado de comentarios desa pregunta, para que todas as persoas titoras saiban que xa lles foi requirida a entrega. Esta mensaxe incluirá sempre unha data límite de entrega. Pasada a devandita data, cualificaremos esas preguntas de tipo ensaio cun cero.

A nova entrega destas preguntas debe realizarse a través do correo-e biblioteca.xxx.servizos@usc.es , xa que ao establecer un único intento da proba, non se pode facer outra entrega (poden ver as preguntas e as respostas entregadas, pero non poden facer a proba de novo). En comentarios á tarefa engadiremos a data e o medio polo que recibimos a entrega correcta.

Respecto das tarefas ofrecemos un máximo de 3 intentos, pero o seu deseño e nivel de dificultade diverxen, polo que cómpre ver os criterios de corrección de cada exercicio individualmente.

Data límite de entrega tras o peche do curso

Para o caso das entregas que foron realizadas durante a tarde e a noite do día do peche do curso, durante os tres días seguintes ao peche (sen contar festivos) faremos a corrección das tarefas e a solicitude de novas entregas ao correo-e biblioteca.xxx.servizos@usc.es. Para estas novas entregas o alumnado terá de prazo ata ás 23.59h do terceiro día. 

 

2. Criterios de corrección para o nivel básico: PROBA FINAL

Este exercicio puntúa sobre 1, coa seguinte distribución:

  • Sinatura automática do correo USC realizada desde un ordenador : 0,9 puntos
  • Pantalla onde non se aprecia o nome do alumno/a segundo o formato e o logo da USC: -0,6 puntos
  • Imaxes ben recortadas : 0,1 puntos
  • Formato distinto do PDF ou mal nomeado : -0,1 puntos

É importante comprobar que se distinga o nome do alumno/a e que está empregando o correo da USC, senon non hai forma de saber que o fixo a propia persoa e non copiou.


EXEMPLOS DE MENSAXES (SÓ EN CASO DE QUE O ALUMNADO SOLICITE A REVISIÓN ANTES DE ENTREGAR A TAREFA):

Patricia, este exercicio consiste en configurar o correo institucional de xeito que te identifique como membro dunha comunidade, algo que na túa carreira profesional terás que acreditar sen dúbida. No teu non queda claro nin a institución (empresa) á que pertences, nin a túa ocupación. Se tes dificultades pasa pola biblioteca e axudámoste.

Un saúdo


Ana, no PDF que entregaches non se aprecia que estás no correo institucional (o da USC). Fíxate no exemplo proposto e volve a subir a tarefa.

Un saúdo


Álvaro, apréciase a sinatura de correo pero non a do correo institucional da USC como se pedía no exemplo. Tes que entrar coas túas credenciais no correo da USC na opción configuración-sinatura do correo electrónico; non vale con outra conta e para confirmalo na parte superior da pantalla deben aparecer as siglas da USC coma no exemplo. Revisa as instrucións e volve a entregalo.

Un saúdo


Ola Elisa,

por favor, revisa o teu exercicio, xa que:

1. Non seleccionaches a opción de incluír a sinatura nas mensaxes, tal como se pide no apartado 4 do enunciado (mira a imaxe de exemplo). Por esta razón descontariamos a metade da puntuación.

2. Tampouco recortaches a imaxe (podemos ver as pestanas do navegador, a barra de tarefas...) polo que che descontariamos 0,1 puntos máis.

Un saúdo

ALUMNADO ECTS

O alumnado que xa realizou o curso en anos anteriores pero non puido imputar o crédito ECTS non ten que realizar de novo o curso, senón que nesta pregunta da Proba Final entregará, preferentemente, o diploma obtido no curso que xa superou.

Se non ten o diploma deberá acceder ao seu espazo na Secretaría Virtual do Alumnado, apartado As miñas actividades, e capturar a pantalla que mostre que foi Apto no curso CI. Como resposta a esta pregunta deberá entregar un documento que conteña a captura de pantalla.

 

Secretaría Virtual do Alumnado USC

 

INSTRUCIÓNS PARA CUALIFICAR A ESTE ALUMNADO

En lugar de cualificar a pregunta desde a Proba final, para este alumnado modificaremos a cualificación Total do curso, desde o menú xeral do curso Cualificacións. Deberemos ter o modo de edición activado.

Unha vez localizado/a o/a alumno/a, moverémonos á dereita do informe, ata a casiña Total do curso, poremos a cualificación 10 e damos intro. A continuación prememos en Gardar os cambios, na marxe inferior da pantalla, xunto ao nº de páxinas.

 

Cualificacions

 

 

Este alumnado aparecerá na listaxe de cualificacións extraída de Moodle cunha cualificación de 10 na nota final, pero o resto de actividades estarán sen realizar e aparecerán con guións. Os centros levarán o control do alumnado que pertence a este grupo, para cualificalo como Apto na listaxe de cualificacións final.

Unha vez remate o curso, os centros deberán cambiar a este alumnado de grupo, desde o da titulación á que pertencen ao Grupo Alumnado ECTS, para que non interfiran na recollida de datos estatísticos.

**Se queremos evitar que este alumnado reciba as mensaxes dos Foros durante o curso, podemos engadilos ao Grupo "Restrición foros", pero cómpre retiralos deste grupo antes de publicar as listaxes de aptitude, xa que se non o facemos non recibirán o aviso no correo cando se publiquen nin terán acceso ao Foro).

Este exercicio puntúa sobre 3, coa seguinte distribución:

  • A captura de pantalla mostra o documento en préstamo e o nome da persoa usuaria: 3 puntos
  • Na pantalla non se aprecia o nome da persoa usuaria : -2 puntos
  • Imaxes mal recortadas : -0,5 puntos
  • Formato distinto do PDF ou mal nomeado : -0,3 puntos

Se hai persoas que notifican que non poden facelo porque non están en Alma hai que indicarlles que contacten co CAU e unha vez o resolvan, fagan o exercicio con normalidade.

EXEMPLOS DE MENSAXES (SÓ EN CASO DE QUE O ALUMNADO SOLICITE A REVISIÓN ANTES DE ENTREGAR A TAREFA):

Bo día/Ola,

no avance da túa tarefa vemos xa que está mal nomeado o pdf que subiches. Tal como se especifica nas instrucións ten que ser da seguinte forma:

Apelido1_Apelido2_Nome_1B

Un saúdo


 

Bo día/Ola

para ter acceso ao catálogo debes ter a Tarxeta Universitaria de Identificación. Acude á conserxaría do teu centro ou ao Work Café do Santander, no Campus Sur, para facer a foto, e descárgate a TUI na app da USC no móbil. Pasada media hora intenta acceder ao catálogo e, en caso de problemas, contacta co CAU (cau@usc.es)

Un saúdo

Nome do/a titor/a

Este exercicio puntúa sobre 1, coa seguinte distribución:

  • A captura mostra a referencia, o abstract e o DOI : 0,9 puntos
  • Imaxe ben recortadas : 0,1 puntos
  • Falta o DOI ou este non ten o formato correcto: -0,5 puntos
  • Falta o abstract ou non é correcto: -0,3 puntos
  • Falta a referencia bibliográfica ou non é correcta: -0,2 puntos
  • Falta o nome do/a alumno/a: -0,5 puntos

EXEMPLOS DE MENSAXES (SÓ EN CASO DE QUE O ALUMNADO SOLICITE A REVISIÓN ANTES DE ENTREGAR A TAREFA):

Iria, o DOI que enviaches non é o correcto pois non debe incluir ezbusc.usc..gal.

Saúdos.


Julia, o texto que enviaches non se corresponde co abstract.

Saúdos.


Aroa, o abstract que enviaches non está no idioma orixinal (inglés). Lembra que se un artigo está escrito en inglés tes que citalo e referencialo co título nese idioma, ainda que utilices algún tradutor automático para lelo.

Saúdos.

Este exercicio puntúa sobre 1, coa seguinte distribución:

  • A captura mostra o texto da disposición solicitada : 0,9 puntos
  • Imaxe ben recortada: 0,1 puntos
  • A disposición non é a que se pide: -1 punto
  • Falta o nome do/a alumno/a: -0,5 puntos

Deben entregar a captura de pantalla do decreto que se pide (non das modificacións, etc.). Se todo está ben cualificamos con 1. Se a disposición lexislativa non é a que se pide cualificamos cun cero.


EXEMPLOS DE MENSAXES (SÓ EN CASO DE QUE O ALUMNADO SOLICITE A REVISIÓN ANTES DE ENTREGAR A TAREFA):

Diego, o resultado que entregas no exercicio da busca en Aranzadi non é o que se pide no enunciado.

A túa entrega é unha modificación do Decreto que se pide (e tivo varias...)

Corríxeo antes de entregar e finalizar a proba.

Saúdos!


Ola, Marta, 

no exercicio da busca en Aranzadi, o documento que envías non é o solicitado, tes que facer a captura do texto do decreto, accedendo a través do enlace.

Corríxeo antes de entregar e finalizar a proba.

Saúdos!

DIALNET

Este exercicio puntúa sobre 1, coa seguinte distribución:

  • Captura de pantalla na que se visualicen os rexistros seleccionados en Dialnet e que a persoa está conectada: 0,4 puntos
  • Captura de pantalla na que se visualice a busca gardada : 0,4 puntos
  • Imaxes ben recortadas : 0,2 puntos
  • A selección dos documentos non se corresponde co tema proposto: -1 punto
  • A busca aparece gardada varias veces: -0,2

JOVE

Este exercicio puntúa sobre 1, coa seguinte distribución:

  • Captura de pantalla na que se visualice a carpeta dentro de Mis Listas de Reproducción (co nome de usuario) : 0,4 puntos
  • Captura de pantalla na que se visualice o vídeo gardado en Vídeos Favoritos (con nome de usuario) : 0,4 puntos
  • Imaxes ben recortadas : 0,2 puntos
  • A selección dos documentos non se corresponde co tema proposto: -1 punto

EXEMPLOS DE MENSAXE (SÓ EN CASO DE QUE O ALUMNADO SOLICITE A REVISIÓN ANTES DE ENTREGAR A TAREFA):

Bo día Estela,

na túa entrega do exercicio de buscar en Dialnet a imaxe está cortada e non podo ver se a fixeches dende o teu rexistro de Dialnet.

Corríxeo e súbeo de novo antes de entregar a proba.

Saúdos, 

A biblioteca.

Cómpre revisar a descrición da tarefa para saber o que se lle require ao alumnado

Se non se cita no estilo da titulación correspondente, a puntuación será 0

Este exercicio puntúa sobre 3:

  • Libro: 1 punto
  • Artigo electrónico: 1 punto
  • Capítulo de libro: 1 punto
  • A referencia ten erros na orde dos elementos ou omisións: -0,75 puntos
  • A referencia ten erros tipográficos (cursivas, parénteses, puntos, comas, etc.): -0,25 puntos

EXEMPLO DE MENSAXE (SÓ EN CASO DE QUE O ALUMNADO SOLICITE A REVISIÓN ANTES DE ENTREGAR A TAREFA):

Bo día,

a referencia que elaboraches para o capítulo do libro non identifica correctamente a fonte (os elementos non están na orde correcta segundo o teu estilo de citación). Por favor, corrixe os erros e súbeo de novo antes de entregar definitivamente a proba.

Saúdos!

Este exercicio puntúa sobre 1, coa seguinte distribución:

  • Captura correcta na que se vexa, polo menos, un documento co nome proposto: 0,4 puntos
  • Captura correcta na que se vexa, polo menos, un cartafol co nome proposto: 0,4 puntos
  • Imaxe recortada correctamente: 0,2 puntos
  • Na imaxe non se aprecia o nome do alumno/a: -0,6 puntos

Debemos comprobar que se ven as iniciais da persoa (senon pode ser unha copia de calquera).

Se crean o documento dentro da carpeta non restamos puntos pero advertímoslles que deben seguir as instrucións do enunciado. Se crean a carpeta e o documento pero non lles asignan os nomes propostos descontamos 0,1 puntos.

EXEMPLOS DE MENSAXES (SÓ EN CASO DE QUE O ALUMNADO SOLICITE A REVISIÓN ANTES DE ENTREGAR A TAREFA):

Karina, o exercicio de OneDrive non é correcto, xa que tiñas que ter utilizado o OneDrive da USC, tal como se pide no enunciado.

Se queres optar a unha mellor cualificación podes volver subir a túa tarefa antes de premer en "Entregar todo e finalizar" na proba final.

Saúdos,

Biblioteca.

___

Bo traballo Salomé, pero a carpeta Attachments ven creada por defecto, polo que non sumariamos os puntos que suporía ter creado ti unha carpeta.

Se queres optar a unha mellor cualificación podes volver subir a túa tarefa antes de premer en "Entregar todo e finalizar" na proba final.

Saúdos,

Biblioteca.

3. Criterios de corrección para o nivel avanzado

Pregunta 8 (acceso vía SIR): NomeTitor

Este exercicio puntúa sobre 3, coa seguinte distribución:

  • Imaxes correctas do acceso vía SIR: 2,9 punto
  • Imaxes ben recortadas: 0,1 puntos. Se a imaxe está en vertical descontamos tamén 0,1.
  • Falta a pantalla onde se vexan as credenciais da persoa: -3 puntos
  • A derradeira imaxe non mostra a interface de SABI: -2 puntos
  • A persoa accedeu a SABI, pero non polo SIR: -3 puntos
  • Se non mandan o arquivo nomeado segundo as instrucións ou non está en Word: restamos 0,1 puntos. 

Pregunta 7 (Google Scholar): NomeTitor

Esta pregunta vale 6 puntos:

  • Pantalla que amosa o uso de Refworks como xestor da bibliografía: 6 puntos
  • Non se ve que o nome do alumno: -5 puntos
  • As imaxes non están ben recortadas: -0,1 puntos
  • Documento que non é pdf ou mal nomeado: -3

 

EXEMPLOS DE MENSAXES

 

Prezado/a usuario/a,

 

Falta a captura onde seleccionas Refworks como xestor da bibliografía. Restamos a puntuación correspondente.  

Saúdos,

Nome do/a titor/a.


Pregunta 8 (reserva dun libro): NomeTitor

Esta pregunta puntúa 6, coa seguinte distribución:

  •     A reserva e foi realizada correctamente: 3 puntos
  •     A cancelación foi realizada correctamente: 3 puntos
  •     Non se ve que o/a alumno/a estea logueado:  -4 puntos
  •     A reserva non está ben feita ou falta a pantalla onde se ve que está feita: -3 puntos
  •     A cancelación non está ben feita ou falta esta pantalla: -3 puntos
  •     Se as imaxes están mal recortadas ou en vertical descontamos -0,1 puntos
  •     O documento está mal nomeado ou non é un pdf: -3

 

Se non poden facer o exercicio porque non teñen acceso a Primo, enviamos unha mensaxe co seguinte texto:

Prezado/a usuario/a,

Para poder iniciar sesión en Iacobus, debes dirixirte ao Centro de Atención a Usuarios (CAU), no correo electrónico: cau@usc.es, ou no teléfono: 981 563 100 - Ext. 55555. O horario de atención é de 8:00 a 22:00. Unha vez realizada a tarefa, fai unha nova entrega antes do 27 de marzo.

Saúdos,

Nome da persoa titora.

Este exercicio corríxese en termos de APTO/NON APTO.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

  •     A frase resumo describe o tema de forma completa pero concisa.
  •     Os termos chave elixidos representan ben o tema (están ben formados, non se inclúen palabras baldeiras ...).
  •     Os termos alternativos (equivalentes) son adecuados.
  •     Correcta construción da ecuación de busca (uso de operadores e límites).
  •     Os resultados son adecuados en número e relevancia.

Requisitos imprescindibles para o APTO:

-Mapa de conceptos

-Estratexia de busca (comprende uso de booleanos)

-Resultados (demostra que evita o silencia/ruído documental)

-Nome de estudante / logueado 

Unha busca na que se produza un evidente silencio ou ruído documental, suporá o NON APTO.

 

MENSAXERÍA

  • Pasados 2 ou 3 días do prazo recomendado para realizar o módulo que contén esta tarefa publicaremos unha 1ª mensaxe no Foro de dúbidas cos erros máis frecuentes e os consellos para mellorar os resultados da busca (ollo! sen facerlles o exercicio). Ver sección Proposta de 1ª mensaxe.
  • Nesta mensaxe recordarémoslles que superar esta tarefa é requirido para o APTO no curso e, polo tanto, as persoas cualificadas como non aptas deben volver entregalo antes do prazo que determinemos, e do que lles informaremos nesta mesma mensaxe.
  • Unha semana máis tarde lanzaremos unha 2ª mensaxe ao Foro, recordando ás persoas cualificadas con NON APTO que remata o prazo para o 2º intento desta tarefa. Agregaremos un parágrafo advertindo ás persoas que aínda non a entregaron que só disporán dun intento, posto que o curso remata en breve e non da tempo a corrixir.
  • Para o alumnado que entregue esta tarefa na última semana do curso darémoslle prazo para corrixir ata dous/tres días antes de que acabe o curso, pero cada centro deberá valorar se finalmente dispón de tempo para permitirlles intentalo de novo, tendo en conta que estarían advertidos desde 2 semanas atrás.

Daremos, por tanto, 3 oportunidades en total para superar esta tarefa (3 envíos), xa que non superala supón o NON APTO no curso.

PROPOSTA DE 1ª MENSAXE

Bo día,

Esta mensaxe vai dirixida a aquelas persoas que recibiron a cualificación de NON APTAS na tarefa M4B. BUSCA NA BASE DE DATOS XXX.

Como sabedes, superar esta tarefa é requisito para optar ao APTO no curso avanzado CI.

É por esta razón que facilitamos, por esta canle, unha serie de consellos para que refagades a tarefa e poidades superala. Tede en conta que debedes entregar este 2º intento antes do 25 de novembro (as persoas que entreguedes despois desta data só disporedes dun intento, dado que o curso remata o día 28, e non da tempo a corrixir). Debedes entregar a tarefa na plataforma.

En xeral, a razón pola que non podemos dar por superado o exercicio da busca en Dialnet débese a que non seguides os pasos que se vos piden no enunciado e/ou non entendedes o uso dos operadores.

Recomendacións para mellorar as vosas buscas:

1) Utilizar termos equivalentes (sinónimos), para cada un dos conceptos, combinados mediante o operador OR. Por exemplo, se o noso concepto é emprego, podemos buscar por (emprego OR traballo)

2) Empregar tamén operadores de truncamento, aínda que con mesura, para que non se produza ruído documental. Por exemplo, se buscas por empreg*, recuperarás aqueles documentos que conteñan os termos: emprego, empregado, empregar, etc.

3) Evitar termos tan xenéricos como "influencia". Se o fas constar como termo de busca, obrigas ao portal a devolver só aqueles resultados que conteñan este termo nalgún campo. Un libro que, por exemplo, leve por título "capitalismo e desigualdade" tratará este tema,  mais non emprega o termo "influencia" no título e, polo tanto, o buscador descartarao entre os resultados ou o colocará moi abaixo na lista, xa que é un termo que lle estás esixindo na ecuación de busca e o documento non o ten nun dos campos máis importantes na recuperación da información.

Lembra que os sistemas de recuperación de información buscan cadeas de caracteres coincidentes sintacticamente, non entenden a semántica.

Revisa os contidos do módulo 4 e proba distintas ecuacións antes de enviar a túa entrega. Se tes dúbidas, non deixes de acudir á Biblioteca.

Saúdos,

Nome da persoa titora.

 

CANDO SE ENVÍA?

2 ou 3 días despois de que abra o prazo recomendado para este módulo.

Neste exemplo, o prazo comeza o 9 de novembro, polo que a mensaxe se enviaría ao Foro de dúbidas o 11 de novembro.

 

PROPOSTA DE 2ª MENSAXE

Bo día, 

Esta mensaxe vai dirixida as persoas que recibiron a cualificación de NON APTAS ou que aínda NON ENTREGARON a tarefa M4B. BUSCA NA BASE DE DATOS XXX.

As persoas que recibíchedes a cualificación de non apto, lembrade que o prazo de entrega do 2º intento, remata o xoves 17 de novembro ás 23.59h.

Aquelas persoas que aínda non entregáchedes a tarefa só disporedes dun único intento, posto que o curso remata en 8 días. 

Como xa sabedes, superar esta tarefa é requisito para optar ao APTO no curso avanzado CI. 

Revisade os contidos do módulo 4 e as recomendacións do aviso do Foro de dúbidas do día 3.11.2023. Probade distintas ecuacións antes de enviar a vosa entrega. Se tendes dúbidas, non deixedes de acudir á Biblioteca. 

Saúdos, 

Nome da persoa titora.

 

CANDO SE ENVÍA?

1 semana despois da 1ª mensaxe.

Neste exemplo, a 1ª mensaxe enviouse o 9 de novembro, polo que esta outra enviaríase ao Foro de dúbidas o 19 de novembro.

Pregunta 4 (Gardar busca Iacobus): Titor1

Esta pregunta vale 3 puntos, dos que:

  • A pantalla da busca favorita vale: 1 punto
  • A pantalla da listaxe, co nome adecuado e seguindo as instrucións: 1 punto
  • Mínimo de 5 resultados na busca: 1 punto
  • Listaxe cun nome distinto do esixido: -0,5 puntos
  • Imaxes mal recortadas: -0,1 puntos
  • Non se aprecia o nome da/o alumna/o, arquvo mal nomeado ou non pdf: -3 puntos

 

Pregunta 5 (Importar Iacobus-Refworks): Titora2

Esta pregunta vale 5 puntos, dos cais:

  • Captura pantalla Iacobus: 2 puntos
  • Captura Refworks: 3 puntos
  • Imaxes mal recortadas: -0,1 puntos
  • Non se aprecia o nome da/o alumna/o nin se pode deducir das capturas (nome da lista de favoritos): -5 puntos
  • Na captura de Refworks hai menos de 5 referencias: descontamos segundo o nº referencias que falten (-0,6 cada referencia)
  • Mal nomeado, non é un pdf: -2

 

Pregunta 6 (Crear alerta Dialnet / Google Scholar): Titor3

O exercicio vale 2 puntos:

  •     Alerta non creada: -2
  •     Se non se ve o nome do/a alumno/a: -1,5 puntos
  •     Se non escolle a frecuencia adecuada -1 punto
  •     Se fai varias veces a mesma alerta: -1 punto
  •     Imaxe mal recortada: -0,1 punto
  •     Se non mandan o arquivo nomeado segundo as instrucións ou non está en PDF: -0,1 punto

 

Pregunta 7 (OneDrive): Titora4

Este exercicio puntúa sobre 2, coa seguinte distribución:

  • O enlace non permite ver o documento: -2 puntos
  • O enlace permite ver o documento pero non permite editalo: -1 punto
  • A captura mostra o documento e a carpeta, pero non se seguen as instrucións (mal nomeado, documento fora da carpeta: -0,5 puntos
  • Na imaxe non se aprecia o nome do alumno/a: -1,5 puntos
  • Imaxe da captura non recortada correctamente: -0,1 puntos

Se a entrega é correcta, poñeremos o comentario no apartado correspondente da tarefa e, sempre que o documento compartido premita a edición, tamén no documento.

Se hai que pedir que o entregue de novo, poñeremos a puntuación descontando o que corresponda, e enviaremos unha mensaxe ao correo, ademais de deixar o comentario de realimentación na tarefa.  

 

EXEMPLOS DE MENSAXES

Ola Karina, o exercicio 9 non é correcto, xa que tiñas que ter utilizado o OneDrive da USC, tal como se pide no enunciado do exercicio.

Se queres optar a unha mellor cualificación podes volver subir a túa tarefa antes do remate do curso. Non te esquezas avisar de que volviches subila para poder cualificarte (envíame un correo a mcarmen.barral@usc.es).

Saúdos,

Nome da titora.

___

Bo traballo Salomé, pero a carpeta Attachments ven creada por defecto, polo que non che podo sumar o 1 punto que suporía ter creado ti unha carpeta.

O teu nome vese sen problema.

Saúdos,

Nome da titora.

__

Ola Sandro, tes 0,1 puntos menos xa que non recortaches ben a imaxe para manter a salvo a túa privacidade.

Nome da titora.

Este exercicio corríxese en termos de APTO/NON APTO.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 A tarefa avalíase en termos de Apto/Non apto. Para acadar o apto cómpre que:

  • Tres das catro referencias sexan correctas (identifiquen sen ambigüidade a fonte consultada). Acéptanse erros menores na construción das referencias (tipografía, signos de puntuación...)
  • A captura da pantalla debe mostrar que as referencias foron creadas pola/o alumna/o co xestor bibliográfico.

Elementos requiridos para o APTO:

  • LIBRO: Autor, ano e título.
  • LIBRO ELECTRÓNICO: Autor, ano, título, DOI (se así o esixe o estilo empregado)
  • Capítulo de libro: Distinguir as autorías e os títulos do libro e do capítulo,
  • Artigo: Autoría, título do artigo e da revista, vol/num. DOI

 

NON APTO: Non se identifica a fonte.

MENSAXERÍA

  • Dous días despois do prazo recomendado para comezar este módulo na Guía de traballo para o estudante, publicaremos unha 1ª mensaxe no Foro de dúbidas cos erros máis frecuentes e os consellos para que as persoas non aptas refagan esta tarefa e a entreguen de novo, no prazo máximo dunha semana, posto que esta é das últimas tarefas do curso e non da tempo a corrixir. Ollo! sen facerlles o exercicio. Ver sección Proposta de 1ª mensaxe.
  • Nesta mensaxe recordarémoslles que superar esta tarefa é requirido para o APTO no curso. 
  • Tres días antes de que remate o curso lanzaremos unha 2ª mensaxe no Foro, recordando ás persoas cualificadas con NON APTO que remata o prazo para o 2º intento. Agregaremos un parágrafo advertindo ás persoas que aínda non entregaron que só disporán dun intento, posto que o curso remata en 3 días.

Daremos, por tanto, 2 oportunidades en total para superar esta tarefa (2 envíos), xa que non superala supón o NON APTO no curso.

 

PROPOSTA DE 1ª MENSAXE

Bo día,

esta mensaxe vai dirixida a aquelas persoas que recibiron a cualificación de NON APTAS na tarefa M6B. PRÁCTICA CITAR E XERAR BIBLIOGRAFÍA. Como sabedes, superar esta tarefa é requisito para optar ao APTO no curso avanzado CI.

É por esta razón que facilitamos, por esta canle, unha serie de consellos para que refagades a tarefa e poidades superala. Tede en conta que debedes entregar este 2º intento antes do 25 de novembro (as persoas que entreguedes despois desta data só disporedes dun intento, dado que o curso remata o día 28 e non da tempo a corrixir).

En xeral, a razón pola que non podemos dar por superado este exercicio é que as citas e/ou as referencias non permiten localizar a fonte utilizada (o apelido das persoas autoras non é o que corresponde, faltan os datos da revista ou do libro nos que se inclúe o artigo/capítulo ...).  

A clave para traballar con RefWorks é revisar ben as referencias e editalas no momento na que as integramos ao xestor.

Enumeramos os erros máis frecuentes para que poidades corrixilos e superar a tarefa:

1) Nos autores latinos APA recomenda empregar os dous apelidos cando os citamos, e empezar polo 1º apelido. O modelo de cita en APA é (Apelido 1 Apelido 2, ano, p. XX-YY)

2) Ao igual que nas citas, nas referencias cando hai 2 autores únense pola conxunción y/e/& segundo o idioma que empreguemos.

3) Non se inclúe aos prologuistas, tradutores, etc.

4) A entrada das autoras dun libro, cando referenciamos un capítulo, deben ser na orde: Inicial do nome Apelido1 Apellido2...

5) Faltan os datos da revista (volume, nº, url...) ou están mal identificados segundo o formato que pide APA (falta a cursiva no título, o número non vai entre parénteses...)

6) Faltan os datos do libro (editoras, título...) ou están mal identificados segundo o formato que pide APA (falta a partícula En, a cursiva no título, ...)

7)  ...

Lembra que o obxectivo das citas e das referencias é que as persoas que accedan ao noso traballo poidan consultar as fontes que estamos citando.

Revisa os contidos do módulo 6 e se tes dúbidas non deixes de acudir á Biblioteca.

Saúdos,

Nome da persoa titora.

 

CANDO SE ENVÍA?

2 ou 3 días despois de que abra o prazo recomendado para este módulo.

Neste exemplo, o prazo comeza o 19 de novembro, polo que a mensaxe se enviaría ao Foro de dúbidas o 21 de novembro.

 

PROPOSTA DE 2ª MENSAXE

Bo día,  

Esta mensaxe vai dirixida as persoas que recibiron a cualificación de NON APTAS ou que aínda NON ENTREGARON a tarefa M6B. Práctica de citar e xerar bibliografía.  Lembrade que o prazo de entrega do 2º intento, remata mañá, 25 de novembro ás 23.59h.

Aquelas persoas que aínda non entregáchedes a tarefa disporedes dun único intento, posto que o curso remata en 3 días.  

Como xa sabedes, superar esta tarefa é requisito para optar ao APTO no curso avanzado CI.  

Revisade os contidos do módulo 6 e as recomendacións do aviso do Foro de dúbidas do día 21.11.2023. Se tendes dúbidas, non deixedes de acudir á Biblioteca. 

Saúdos,  

Nome da persoa titora.

 

CANDO SE ENVÍA?

3/4 días antes de que remate o curso.

Neste exemplo, o curso remata o día 28, polo que a mensaxe se enviaría ao Foro de dúbidas o 21 de novembro.

Este exercicio é obrigatorio, pero non puntúa para o apto no curso.

Como os temas de debate non se importan desde as aulas repositorio, hainos que crear de novo (temos exemplos no repositorio). Hai que ocultar o foro para que o alumnado matriculado non reciba as preguntas como mensaxe de correo, e asegurarse que nos axustes, na opción "subscrición e seguimento" o "modo de subscrición" sexa Subscrición opcional. Unha vez creados os temas de debate hai que facer visible o foro.

A opción "Ler o seguimento deste foro / Acendido", que aparece baixo o "Modo de suscrición" serve para que as persoas participantes no curso poidan saber se hai mensxes novas nese Foro, pendentes de ler por elas.

Ao engadir os temas de debate como profesores do curso, por defecto actívase a "Suscrición ao debate". Se non queremos recibir copia no noso correo de cada mensaxe que achegue o alumnado debemos desmarcar a casiña da suscrición que aparce baixo cada liña de debate (esta é a suscrición persoal a esa liña de debate, non é a suscrición xeral ao Foro -esta xa debería ser opcional, se seguimos os pasos do parágrafo anterior-).

Foro_suscricion_liña_debate

Recoméndase ás bibliotecas intervir de cando en vez para que o alumnado perciba que se titoriza o Foro.