Ir ao contido principal

Manual CI : actualización curso 2024/2025

Non aplica

Para o curso 2024-2025 non imos configurar o estado de completado do curso, dados os problemas detectados en edicións pasadas e a complexidade que suporía en aulas compartidas por todo o alumnado.

A nivel básico non supón ningunha dificultade para o alumnado facer o seguimento das actividades, xa que a única que deben realizar para superar o curso é a proba final. Os test dos módulos son autoavaliables pero non contan para a nota, ao igual que o TCP e o TAF.

A nivel avanzado non houbo cambios respecto das tarefas que son obrigatorias, mais a complexidade imposta polos itinerarios obriga a descartar o uso do estado de completado do curso. Doutra banda, tradicionalmente desde os centros faise un seguimento constante dos avances do alumnado no curso, polo que o recomendable é reforzar este seguimento, advertindo ao alumnado que teña algunha tarefa sen facer antes do remate do curso para que as entregue a tempo.