Ir ao contido principal

Manual CI : actualización curso 2024/2025

Primeiros pasos

Os primeiros pasos no desenvolvemento dos cursos en Competencias en Información mantense como en anos pasados, con algúns cambios na xestión:

                 Imaxe de Freepik

1. Preparación/actualización dos contidos e exercicios do curso.

Desde a Coordinación de FUBUSC Contidos faise un reparto das tarefas de revisión entre os centros, partindo das aulas repositorio (ou modelo) que a BUSC ten no Campus Virtual da USC (ao final de cada curso académico, entre maio e agosto).

É tamén o momento de crear novas guías e titoriais, de forma coordinada co grupo responsable destes contidos na BUSC.

 

Imaxe de macrovector en Freepik

2. Programación dos Cursos CI para a publicación da resolución reitoral anual para o recoñecemento do crédito ECTS:

O período de matricula e inicio/finalización dos cursos básico e avanzado é común para todos os centros desde este curso 24/25. Desde a Subdirección de Coordinación envíanse á xestión académica as datas e nomes das aulas que se van necesitar para o curso académico seguinte (xuño/xullo).

Téndese á creación do número mínimo de accións formativas posibles, unha soa a nivel básico e 4 a nivel avanzado.  Isto dará lugar á creación de aulas compartidas no Campus Virtual, que xerán xestionadas de forma colaborativa polas bibliotecas de centro e intercentros.

 

  Imaxe de storyset en Freepik

3. Presentación da Biblioteca, e promoción dos cursos CI entre o alumnado de 1º e TFG ou último curso do grao (ao inicio do curso académico -setembro-).

Cada biblioteca encárgase de coordinar co Decanato e profesorado do seu centro as actividades necesarias para dar a coñecer a biblioteca e os cursos entre o estudantado, e incentivar a matrícula a través das canles que considere oportunas (cartelería, mensaxería, novas na web do centro e da biblioteca, redes sociais, etc.)

Respecto do nivel avanzado, adóitase presentar o curso CI na sesión de presentación da materia TFG que organiza o profesorado de cada Facultade.

Como novidade, a partir deste curso 24/25 a cartelaría de promoción dos cursos será enviada desde a Subdirección de Coordinación ao servizo de comunicación da USC para que a coloquen nas pantallas das Escolas e Facultades (uns días antes do comezo de matrícula da 1ª actividade).

 As bibliotecas da BUSC comparten os materiais promocionais da biblioteca e dos cursos CI na carpeta FUBUSC Contidos / Material promocional dos cursos.