Ir ao contido principal

reBUSCa - Guía de uso

Explicación de como crear guías, editalas e publicalas en reBUSCa

Diapositivas de guías

Unha diapositiva de LibGuide permite destacar unha das guías nunha caixa de galería. Por exemplo, se queres crear unha galería de guías de temas populares, podes engadir unha diapositiva para cada guía. Cada diapositiva inclúe unha captura de pantalla da páxina de inicio da guía, xunto co seu título e descrición. Facendo clic na captura de pantalla ou no título, o usuario será levado a esa guía.

 

Fai clic no botón  Add New Slide e selecciona LibGuide.

 

Galería Guía - Engadir

Na xanela Add LibGuide, fai clic no menú despregable e usa a caixa de busca para atopar a guía que queres engadir desde o sistema LibGuides.
Selecciona a guía da lista de resultados.

Galería Guía - Escoller

 

Revisa a vista previa para ver o que se engadirá á túa diapositiva. Sempre podes seleccionar unha guía diferente se é necesario.
Fai clic no botón Add.

 

Galería Guía - Vista previa

Personalizar a diapositiva

Se queres editar ou eliminar o título, a descrición ou outra información da guía despois de engadir a diapositiva, fai clic na icona  Edit. (Os cambios que fagas só se reflectirán nesta diapositiva; non afectarán á guía orixinal).

 

Galería Guía - Editar

 

Para facer accesible a diapositiva, proporciona un texto alternativo descritivo para a imaxe no campo Image Alt Text. Isto engadirase ao atributo alt da etiqueta <img>.

 

Galería Guía - Editando

Galería de guías