Skip to Main Content
Parece que estás usando Internet Explorer 11 ou anterior. Este sitio web funciona mellor con navegadores modernos como as últimas versións de Chrome, Firefox, Safari e Edge. Se continúa con este navegador, pode ver resultados inesperados.

Guía de Minerva

Introducción

Minerva é o repositorio institucional da Universidade de Santiago de Compostela. Creado para albergardifundir en acceso aberto e preservar os documentos derivados da actividade institucional, científica e docente dos membros da comunidade universitaria, inclúe tamén a dixitalización do patrimonio documental da USC.

Minerva inscríbese no marco do movemento internacional coñecido como Acceso Aberto ou Open Access. Esta iniciativa promove o acceso libre e gratuíto á literatura científica e académica como medio para mellorar o sistema de comunicación científica e o acceso ao coñecemento.

Entre os seus obxectivos destacan:

  • Facilitar a difusión dos resultados da investigación realizada na USC
  • Incrementar o impacto e a visibilidade das publicacións e traballos de investigación da USC
  • Garantir a preservación e conservación a longo prazo da produción intelectual da universidade
  • Promover e fomentar as iniciativas de comunicación científica en acceso aberto
  • Incentivar o uso da produción científica propia 
  • Ofrecer á comunidade científica servizos de valor engadido a través do emprego de estándares internacionais, estatísticas de consulta e URL permanentes.