Ir ao contido principal

Minerva - Guía xeral

Alertas

Os usuarios poden subscribirse para recibir, a través do correo electrónico, avisos sobre novos documentos engadidos nas coleccións do seu interese.
Para subscribirse deberá:

  • Identificarse coas súas credenciais entrando en “Acceder”
  • Premer no botón “Perfil” do menú “A miña conta”

Na opción “Subscricións” elixir a colección do seu interese e premer “Engadir”. Repetir esta acción para todas as coleccións que se desexe.

Minerva ofrece tamén outras posibilidades para estar ao día dos novos documentos depositados:

  • nas páxinas das comunidades e das coleccións aparecen sempre enlaces aos cinco últimos envíos
  • subscrición a comunidades e coleccións a través de RSS

RSS é un formato de distribución de contidos en Internet que permite estar ao tanto das novidades producidas en diferentes páxinas web sen ter que visitalas. As versións actuais dos principais navegadores inclúen a posibilidade de agregar fontes RSS sen necesidade de software adicional. Para subscribirse a unha comunidade ou colección determinada hai que premer na icona RSS que se atopa na parte inferior da páxina e, na pantalla seguinte, premer “Subscribirse a esta fonte”.

RSS en Firefox

Visitar a páxina da comunidade ou colección á que se desexa subscribir e premer no símbolo de “Marcadores” de Mozilla para ter a opción “Suscribirse a esta página”

Premer “Suscribirse ahora” para engadir o marcador.

Indicar un nome que permita identificar correctamente a fonte ou empregar o nome por defecto.

A icona quedará engadida na barra de marcadores e facendo clic nela poderá consultar os últimos documentos depositados.

O mesmo proceso pode realizarse premendo directamente na icona RSS que se atopa na parte inferior dereita das páxinas de Minerva.

RSS en Chrome

Google Chrome non inclúe por defecto un visor de fontes RSS polo que é necesario instalar unha aplicación ou extensión axeitada. O procedemento será o seguinte:
1. Acceder á páxina Google Web Store. Tecleando na caixa de busca o termo “RSS” comprobaremos que existen multitude de extensións e aplicacións que permiten ler fontes RSS. Polo feito de ser especialmente sinxela eliximos neste exemplo a aplicación “RSS feed reader”, pero o proceso de instalación é sempre moi similar e pódese escoller a aplicación que se considere máis oportuna. Unha vez seleccionada premer “Añadir a Chrome”.

2. Seguir as instrucións da instalación.
3. Unha vez finalizada a instalación a icona aparecerá na barra de ferramentas.

O seguinte paso será a selección das fontes ás que desexa subscribirse. Existen dúas opcións:
A) Utilizar o navegador para abrir a páxina da comunidade ou colección elixida. O enlace RSS atópase na parte inferior dereita das páxinas do repositorio.

Unha vez seleccionada a fonte hai que premer en “Suscribirse ahora”.

Poderá consultar sempre que o desexe os últimos documentos depositados premendo no nome da fonte.

Tamén se pode comprobar en cada momento o número de fontes sen ler xa que aparecerá indicado na icona da barra de ferramentas.

B) Navegar ata a páxina do seu interese. Premer na icona do lector para administrar as propiedades da aplicación.

 

Elixir as fontes presentes na páxina que se está visitando. Tamén se pode introducir directamente a URL de calquera outra páxina para buscar recursos RSS do seu interese.