Ir ao contido principal

Minerva - Guía xeral

Como buscar?

Existen diferentes posibilidades de realizar buscas de documentos en Minerva, dende a simple navegación por medio de listaxes alfabéticas á composición de buscas complexas empregando filtros e ferramentas de descubrimento que axudan a refinar os resultados dunha busca inicial.

No menú lateral da esquerda atoparás o caixón de busca para realizar unha busca no repositorio institucional da USC. 

Listar

Permite visualizar listados alfabéticos dos documentos depositados en Minerva. Existen cinco índices:

  • Comunidades e coleccións: da acceso á lista das comunidades, subcomunidades e coleccións definidas para organizar os contidos de Minerva.
  • Data de publicación: amosa unha lista dos documentos en orde cronolóxica de publicación.
  • Autor: ofrece unha listaxe alfabética dos responsables dos traballos.
  • Título: ofrece o listado alfabético dos títulos dos documentos depositados en Minerva.
  • Materia: permite a busca na lista alfabética das materias/palabras chave empregadas en Minerva.

Unha vez elixido o índice polo que se quere buscar, pódese proceder de dúas formas:

  • escribir no cadro de texto a palabra ou primeiras letras que queremos atopar e premer “IR”
  • empregar os enlaces alfabéticos para saltar á sección que contén todos os termos que comezan pola letra que se pulsou

Tamén é posible acceder a listados por data, autor, título e materia dentro dunha comunidade ou colección determinada.

Busca xeral

Introducir os termos de busca na caixa que se atopa na parte superior dereita da portada e que permanece en todas as páxinas do repositorio.

Por defecto esta busca realízase sobre o contido completo do repositorio, en todas as comunidades, subcomunidades e coleccións. Na pantalla de resultados pódese limitar a busca dentro dunha comunidade ou colección específica premendo sobre o despregable e seleccionando o nome da comunidade ou da colección.

Tamén é posible escoller os criterios de presentación e as opcións de ordenación (ascendente ou descendente).

O funcionamento é similar á busca simple de Google, de xeito que tamén se poden empregar operadores booleanos, caracteres de truncamento, etc.

As opcións para aplicar os filtros son: Contén, Igual que, Non contén e Distinto que. Por defecto, o filtro aplicarase como “Contén”, é dicir, o termo buscado estará presente no campo elixido. Para engadir ou eliminar diferentes filtros empregar os botóns

A busca actualizarase e aparecerán os novos resultados.


CONSELLOS PARA A BUSCA

Para que a busca resulte máis eficaz teña en conta as seguintes indicacións sobre o comportamento do buscador do sistema:

  • Os termos introducidos na caixa de busca serán rastrexados nos campos de títuloautor, resumopalabras chave, serie identificadores de cada rexistro.
  • Palabras baleiras: o sistema ignora algunhas palabras que, como os artigos e as preposicións, non achegan valor a busca.
  • Truncamento: o emprego do asterisco (*) despois da raíz dunha palabra permite recuperar todos os documentos que conteñan palabras con ese elemento. Exemplo: cardio* recupera cardiopatíacardiovascularcardioloxía, etc.
  • Derivados: o buscador expande automaticamente as palabras con terminacións habituais para incluír plurais, diferentes terminacións de tempos verbais, etc.
  • Frases exactas: para buscar frases concretas hai que empregar comiñas ao principio e a o final da frase. Exemplo: “comunicación oral
  • Inclusión ou exclusión de palabras: empregar o signo (+) diante dun termo para indicar que debe aparecer obrigatoriamente nos resultados da busca. Exemplo: +acuicultura Galicia (o termo acuicultura debe aparecer no resultado). Empregar o signo (-) para indicar que o termo non debe aparecer nos resultados da busca. Exemplo: ADN -mitocondrial Alternativamente pódense empregar os operadores AND e NOT
  • Operadores booleanos: permiten combinar termos de busca. Hai que usalos sempre en maiúsculas. Empregar AND para sumar termos; OR para ampliar a busca e NOT para restrinxir a busca.
  • Parénteses: permiten agrupar distintos termos da busca. Exemplo: aire AND (contaminación OR polución).

Navegación por facetas

Como complemento á busca, a funcionalidade “Descubrir” permite a navegación por facetas ou criterios que axudan a seleccionar e refinar as procuras. 

A partir da busca inicial, na barra lateral dereita da pantalla o sistema suxire novas formas de analizar o conxunto de resultados.

A busca por facetas agrupa os resultados ​nas categorías “Autor”, “Materia” e “Data de publicación” e amosa entre parénteses o número de ítems que cumpren os criterios establecidos en cada unha delas. A medida que se van seleccionando as facetas o menú irá propoñendo outras novas en función dos resultados obtidos.