Ir ao contido principal

Minerva - Guía xeral

Depositar

DEPOSITAR EN MINERVA

QUEN PODE DEPOSITAR?
O persoal docente e investigador (PDI) da USC.

QUE PODE DEPOSITAR?
Os traballos resultado das súas investigacións, por exemplo, artigos científicos, libros e capítulos de libros, comunicacións e pósters presentados a congresos, xornadas, etc.

EN QUE FORMATOS?
Minerva dá soporte á maioría dos formatos de arquivo pero recoméndase o uso de formatos abertos ou estándar que non dependan de software propietario para asegurar a súa accesiblidade no futuro e a preservación dixital. Por exemplo, .pdf para artigos, capítulos de libros, etc..

COMO DEPOSITAR?

Para depositar en Minerva debe dirixirse ao correo electrónico minerva@usc.gal e indicar: 

  • Nome completo.
  • Unidade ou departamento ao que pertence.
  • Colección na que desexa depositar. 
  • Correo electrónico da USC.

Recibirase como resposta unha mensaxe na que se confirmarán os permisos para poder comezar co depósito. 

No caso de dúbidas ou dificultades no proceso de envío de traballos, a Biblioteca Universitaria pode apoiar ao PDI a través do arquivo delegado. Para iso deberase contactar coa biblioteca do seu centro.

Na Guía de autoarquivo de Minerva vén detallado o proceso.
 


COPYRIGHT E AUTOARQUIVO DAS EDITORIAIS