Co fin de uniformizar a estrutura dos contidos e o deseño de novas guías, este manual de estilo tenta facilitar as opcións de deseño dispoñibles e estandarizar criterios á hora de crear novos contidos e guías. Este manual de estilo será de aplicación xeral para todas as guías.
Na medida do posible, e dada a necesaria adaptación e personalización dun CMS diferente da Ferramenta de Xestión de Contidos da USC (a BUSC aínda está na modalidade antiga do web institucional), téntase seguir as pautas do estilo do novo web da USC.