Ir ao contido principal

reBUSCa - Manual de estilo

Recomendacións xerais

  • Utiliza textos breves, claros e concisos.
     
  • Procura utilizar unha linguaxe que sexa comprensible e próxima ao usuario.
     
  • Tenta non repetir o contido, reutiliza o previamente elaborado.
     
  • Se queres ampliar ou modificar información ou contido existente, é unha boa práctica contactar co autor ou responsable do devandito contido.
     
  • Lembra empregar Assets sempre que sexa posible reutilizar contido.
     
  • Informa de inconsistencias ou ligazóns rotas aos administradores de LibGuides.

Encabezamentos

Encabezamentos

  • Usaremos os encabezamentos de texto enriquecido como indicadores para as seccións e subseccións da guía e caixas. Isto non só proporciona organización e formato xerárquico, senón que tamén facilita aos lectores de pantalla escanear e ir a diferentes áreas de contido.
     
  • Nunca usaremos o Encabezamento 1 (<h1> en HTML) no contido da guía, xa que só se debe usar unha vez para toda a páxina no nome da guía.
     
  • Nunca usaremos o Encabezamento 2 (<h2> en HTML), reservado para os títulos das caixas.
     
  • O título 3 (<h3> en HTML) e os sucesivos utilizaranse nas caixas de texto enriquecido.
     
  • Os Encabezamentos de maior número deben colocarse sobre os de menor número, se non, a súa herdanza quedará confusa.

 

Encabezamento 3

Encabezamento 4

Encabezamento 5
Encabezamento 6

Texto

  • Non se poden mesturar diferentes tipos de fontes nin configurar os tipos de letra manualmente, xa queveñen dados pola folla de estilos CSS.
     
  • Debemos evitar o uso dos subliñados: poden confundirse cunha ligazón.
     
  • Usa texto real en lugar de texto dentro dos gráficos.
     
  • Evita cambiar o tamaño da fonte. De ter que facelo, utiliza os comandos Big ou Small, no menú Estilo.
     
  • Se necesitamos títulos dentro dunha caixa de texto, usaremos o Encabezado 3 (<h3>) e continuaremos co Encabezado 4 (<h4>) etc. no editor de texto enriquecido.
     
  • Usaremos grosa ou cursiva no editor de texto enriquecido (ou etiquetas <strong> ou <em> en HTML) para indicar a énfase. Debemos usar estas etiquetas con moderación.
     
  • Se usamos HTML, evitaremos as antigas etiquetas <b> (grosa) ou <i> (cursiva), xa que denotan estilo máis que importancia.
     
  • Debe escribirse directamente no editor de texto enriquecido utilizando as funcións do editor de texto para engadir estilo e formato.
     
  • Crear o texto noutro lugar e tentar copialo/pegalo no editor de texto traerá unha gran cantidade de HTML e formatos innecesarios, o que tamén introducirá contido inaccesible:

 

Ligazóns

  • Tenta evitar ligazóns en forma de texto html, é mellor crealas usando Add Link. Isto fai que sexa máis fácil actualizar, reordenar e reutilizar ligazóns e detectar ligazóns rotas.

 

Engadir Ligazón

 

  • Para as ligazóns a recursos electrónicos empregarase o tipo específico de ligazón Add Database.

 

Engader recurso electrónico

 

 

  • Asegúrate de que o texto ligado teña sentido fóra de contexto. Evita usar frases como "fai clic aquí", "máis", "fai clic para obter detalles" ou semellantes.
    • Consulta a bibliografía recomendada de Física.
    • Consulta a bibliografía facendo clic aquí

 

Táboas

  • Usaremos táboas para mostrar datos que encaixan ben en filas e columnas.
     
  • Non se usarán as táboas para dar formato á información ou estruturar o texto.

 

 

  • Engade cabeceiras da táboa para describir o contido das columnas e/ou filas da táboa.

    Táboa - Propiedades
       
  • As táboas xa teñen estilos específicos para funcionar correctamente no deseño responsivo. Non se precisa cambiar manualmente o ancho da táboa ou o recheo das celas en LibGuides.
       
  • A táboa debe estar aniñada nunha clase table-responsive mediante o editor HTML. Non debemos esquecer pechar a etiqueta despois do último código da táboa. Por exemplo:

<div class="table-responsive">
todos os elementos da táboa van aquí
</div>

Exemplos de táboas formatadas según o estilo da USC.

Todas levan a clase class="table" e van contidas en <div class="table-responsive">.....</div>

 

Cabeceiras na primeira fila

Cabeceira Cabeceira Cabeceira Cabeceira
Contido Contido Contido Contido
Contido Contido Contido Contido
Contido Contido Contido Contido

Cabeceiras na primeira columna

Cabeceira Contido Contido Contido
Cabeceira Contido Contido Contido
Cabeceira Contido Contido Contido
Cabeceira Contido Contido Contido

Cabeceiras na primeira fila e na primeira columna

Cabeceira Cabeceira Cabeceira Cabeceira
Cabeceira Contido Contido Contido
Cabeceira Contido Contido Contido
Cabeceira Contido Contido Contido

Imaxes e vídeos

  • Os creadores e editores das guías serán os responsables de que as imaxes, videos, e outros medios e documentos respecten os dereitos de propiedade intelectual.
     
  • Non se deben publicar imaxes promocionais como contido.
     
  • Todas as imaxes deben ter texto alternativo (etiqueta ALT) incluído.
     
  • As etiquetas ALT deben ser breves e descritivas.
     
  • Para inserir iconas, hai que empregar a librería de iconos Font Awesome