Ir ao contido principal

reBUSCa - Guía de uso

Explicación de como crear guías, editalas e publicalas en reBUSCa

Tipos de contidos

Tipos de contido dunha caixa estándar

Para engadirmos contidos a unha caixa estándar, picamos en Add/Reorder ao pé da caixa. No o despregabre podemos elixir entre os seguintes tipos de contidos:

  • Rich Text / HTML : texto enriquecido / html, equivale a un procesador de texto.
  • Database : recurso electrónico do listado A-Z de reBUSCa
  • Link: ligazón
  • Media / Widget: imáxes, videos, widgets, etc.
  • Book from the Catalog: libro/s do catálogo da biblioteca
  • Document / File: documento ou arquivo
  • RSS Feed
  • Guide List: lista de guías de reBUSCa
  • Poll: enquisa
  • Google Search: caixa de búsqueda de Google

Assets

En LibGuides, os Assets, ou Activos, son obxectos de contido ou recursos que conteñen unha unidade de información e que se poden reutilizar en varias guías.

Os Assets almacénanse centralmente nun xestor de recursos e poden existir independentemente dunha caixa ou guía. Isto significa que podes crear un recurso antes de comezar a facer unha guía.

 

Assets

 

Os Assets pódense reutilizar noutras guías, ben vinculándoos (mapping) ou duplicándoos (copy). A reutilización de activos facilita o mantemento centralizado de recursos comúns e facer un seguimento dos mesmos.

A pantalla de Assets atópase no menú Content da barra principal de LibGuides.

Tamén se pode acceder desde o acceso directo no Dashboard que aparece ao entrar en LibGuides como editores.

Desde a pantalla de Assets é posible ver unha lista de todos os que se crearon nas guías. O nome, a descrición, o creador, a data de creación e o número de guías nas que se está a utilizar. Tamén, desde esta pantalla, poden eliminarse.

Dende a pantalla de Assets podes:

  • Engadir novos assets: ligazóns URL, libros de catálogo, documentos / ficheiros, medios / widgets ou fontes RSS.
  • Modificar assets: fai clic no botón Editar da columna Accións para editar ese activo. Esta acción tamén actualizará calquera versión mapeada deste recurso.
  • Eliminar assets: faremos clic no botón da columna Accións para eliminar un recurso. Isto tamén eliminará todas as versións asignadas deste recurso.
  • Filtrar a táboa: podemos filtrar por tipo de asset (ligazón, libro, etc.), nome, descrición e data de creación facendo clic na cabeceira da columna da táboa.
  • Exportar: utilizando as ligazóns situadas enriba da parte superior dereita da táboa, podemos exportar os recursos como folla de cálculo de Excel ou PDF. Esta acción só exportará os recursos que se amosan na pantalla, dependendo de cantos recursos se mostren por páxina.