Táboa de contidos
Obrigatorio.
Recomendado
Prohibido.
Non recomendado.
Coidado!
Admin users
Regular users
Editors
É obrigatorio crear copias de seguridade das guías.
Aínda que estas copias de seguridade HTML non se poden usar para restaurar o contido eliminado, poden axudarche a recrealo.
As copias de seguridade créanse automaticamente cando se elimina unha guía, pero é obrigatorio facelo nestes casos:
Nas opcións de gardado escolle do despregable "Tipo" a opción" Páxina web, completa".
titulo-da-guia-aaaa-mm-dd
O título desta guía é: reBUSCa - Guía de uso, polo que o nome do arquivo da copia de seguridade sería:
rebusca-guia-de-uso-2021-12-17
Non utilizamos eñes nin tildes e separamos cada palabra por guión medio (-), non baixo nin espazos
Seguindo estes pasos xerarase un ficheiro html e unha carpeta de ficheiros (dúas se usas un MAC) que comezan co mesmo nome. Selecciona o ficheiro html e a(s) carpeta(s). A continuación preme o ratón dereito para acceder ao menú contextual. Escolle a opción "Enviar a" e seguidamente "Carpeta comprimida". Isto creará unha carpeta comprimida que deberá manter a estrutura de nome indicada máis arriba e que será a que se subirá no seguinte paso.
Unha vez gardadas no ordenador as copias de seguridade temos que facelas accesibles ao resto dos editores de LibGuides.
Repite estes pasos sempre que fagas unha copia de seguridade.