Táboa de contidos
Obrigatorio.
Recomendado
Prohibido.
Non recomendado.
Coidado!
Admin users
Regular users
Editors
Os Links son o mellor xeito de engadir ligazóns web ás guías. Dado que os links se almacenan na biblioteca de Assets, unha vez que alguén crea un link, pódese reutilizar noutras guías sempre que se queira. Ademais, a diferenza de engadir ligazóns dentro dun elemento de contido Rich Text/HTML, os links proporcionan estatísticas sobre o número de clics que reciben.
Non se recomenda utilizar Links para facer ligazóns ás bases de datos ou recursos de investigación da biblioteca. En vez diso, debes reutilizar os recursos Database engadidos á Lista A-Z polo administrador.
1. Link Name: dálle un nome á ligazón neste campo. Isto é o que se mostra como texto da ligazón (é dicir, no que farán clic os usuarios). Tamén é como se identificará a ligazón na biblioteca de Assets e nas estatísticas.
2. Link URL: introduce o URL completo da páxina á que vai a ligazón (incluíndo o http:// ou https://).
3. Window Target: para seleccionar se abrir a ligazón nunha ventá nova ou na actual. Sempre elixiremos "New Window" se non o está xa como System Default.
4. Use proxy?: se é necesaria a autenticación de proxy para ver a ligazón (por exemplo, unha ligazón a un artigo de revista), configura a opción Usar proxy en Yes. Cando estea activado, LibGuides antepoñerá automaticamente o URL do proxy ao URL da ligazón.
5. Description: se queres engadir unha descrición sobre a ligazón, introdúcea neste campo
6. More Info: non é obrigatoria. Para introducir detalles adicionais. Os usuarios verán que aparece a ligazón máis... debaixo da descrición.
7. Description Display: para indicar onde queremos que se vexa a Description, se a hai.
8. Position: en que lugar da caixa queremos mostrar o link
9. Guide Mappings: en cantas guías está a utilizarse o link. Por suposto, se o estamos creando, o número será 0. Unha vez creado, se o editamos, veremos que está a utilizarse na guía na que o creamos indicando que é a ubicación orixinal.
10. Assign Resource Icons: podemos asignar iconas dos recursos (A-Z), creados polos administradores.
11. Assign Thumbnail Image: podemos asignar unha miniatura dunha imaxe.
12. Subject Associations: podemos asignar materias ao link
Ao facer clic na icona ( ) en calquera dos Links, unha vez engadidos, podes facer o seguinte:
Add to Group: engadir outro Link ao grupo
Edit: para personalizar a descrición. Non afectará á descrición orixinal do Link
Remove eliminar o recurso na guía actual. Non o eliminará da biblioteca de Assets e aínda se pode reutilizar.